Mary Daly, nada o 16 de outubro de 1928 e finada o 3 de xaneiro de 2010,[1] foi unha pensadora feminista.

Infotaula de personaMary Daly
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1928 Editar o valor em Wikidata
Schenectady, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xaneiro de 2010 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Gardner, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Católica de América
The College of Saint Rose (en) Traducir
Universidade de Friburgo, Suíza
Saint Mary's College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFeminismo, filosofía e teoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónteólogo , profesora universitaria , filósofa , escritora , activista polos dereitos das mulleres Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Boston Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Daly-4614

Traxectoria editar

Formouse no College of Saint Rose, na Universidade Católica de América e doutorouse en relixión no Saint Mary´s College. Impartiu clases no Boston College dos xesuítas dende 1967 a 1999. Mary Daly rexeitaba admitir homes nas súas clases argüíndo que inhibían a liberdade das mulleres. Isto provocoulle problemas disciplinarios e fixo dela unha bandeira da loita feminista.

Pensamento editar

Seguindo a teoloxía de Paul Tillich Mary Daly tentou facer compatible o cristianismo co feminismo tentando superar o androcentrismo da relixión occidental. Nas súas críticas ás relixións indíxenas entrou en polémica co feminismo negro de Audre Lorde.

Tentou desmontar os estereotipos da sociedade patriarcal que manteñen a muller submisa e encerrada nun submundo de represión e dominación machista que drena a enerxía femenina no seu proveito.

Estudou como o home buscou oprimir a muller ao longo da historia e propón vías de liberación e emancipación. Preocupada polo ecoloxismo defendeu que para evitar a depredación do planeta era fundamental reducir drasticamente o número de homes. Entende que a muller debe dominar sobre o home avogando por unha reversión sociopolítica do poder.

Defendeu unha sexualidade liberada que faga o macho prescindible e criticou o transexualismo como produto dunha tecnoloxía falocrática. Sostén que ningún transexual pode ser unha muller auténtica porque non é quen de asumir os cromosomas femininos e a historia e a experiencia que han de apoderar un futuro de realización e liberación feminina.

Notas editar

  1. Fox, Margalit (2010-01-07). "Mary Daly, a Leader in Feminist Theology, Dies at 81". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-06-16. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar