Augustin Bea, nado en Riedböhringen en 1881 e finado en Roma en 1968, foi un cardeal da Igrexa católica.

Infotaula de personaAugustin Bea

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de maio de 1881 Editar o valor em Wikidata
Blumberg, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte16 de novembro de 1968 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Arcebispo católico
19 de abril de 1962 –
Arcebispo titular
5 de abril de 1962 –
Presidente do Consello Pontificio para a Promoción da Unidade dos Cristiáns
6 de xuño de 1960 – 16 de novembro de 1968
← sen valor – J.G.M. Willebrands →
Cardeal
14 de decembro de 1959 –
Cardeal da curia romana
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Freiburg im Breisgau
Universidade de Innsbruck
Universidade Humboldt de Berlín
Pontificio Instituto Bíblico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico (1912–), profesor universitario , teólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorPontificia Universidade Gregoriana
Pontificio Instituto Bíblico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónXoán XXIII Editar o valor em Wikidata
Participou en
19 de xuño de 1963conclave de 1963
11 de outubro de 1962Concilio Vaticano Segundo Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou na súa localidade natal ata 1893 no que se traslada a Sasbach, posteriormente pasa a Constanza e Rastatt. En 1900 pasou a estudar teoloxía na Universidade de Friburgo e entrou como novizo na Compañía de Xesús. En 1906 estudou filosofía nos Países Baixos, e en 1912 foi ordenado sacerdote na Compañía de Xesús. Nomeado superior da residencia xesuíta de Aquisgrán.

En 1917 foi nomeado profesor de esexese bíblica do Colexio Ignaciano de Valkenburg (Países Baixos) e en 1921 provincial da provincia xesuíta de Alemaña setentrional con sede en Múnic. En 1924 accedeu ao posto de director do Instituto de Altos Estudos Eclesiásticos da Compañía de Xesús en Roma e profesor de teoloxía bíblica na Universidade Gregoriana.

Entre 1930 e 1949 foi reitor do Instituto Pontifical Bíblico. En 1959 Xoán XXIII fíxoo cardeal e dende 1960 foi presidente do Secretariado para a Unión dos Cristiáns que posteriormente daría orixe ao Consello Pontificio para a Promoción da Unidade dos Cristiáns.

Obra editar

  • Herder, ed. (1919). Die neue lateinische Psalmenübersetzung. 
  • De Exodo es Aegypto. 1922. 
  • Pontificium Institutum Biblicum, ed. (1928). De libris Veteris Testamenti. De Pentateuco. 

Premios e distincións editar

Foi nomeado doutor honoris causa en Teoloxía pola Universidade Católica de América en 1963.