Tempada 2020/21 do HC Liceo

tempada deportiva

A tempada 2020/21 foi a 42ª tempada do HC Liceo na OK Liga de xeito consecutivo e dende a súa fundación en 1972.

Deportivo Liceo
Tempada 2020–21
PresidenteGalicia Daniel Echevarría
AdestradorGalicia Juan Copa
EstadioRiazor
OK Liga
Copa do ReiCampión
GoleadorCataluña Jordi Adroher (40)

O equipo proclamouse subcampión de liga por 18ª vez na súa historia, e conquistou a súa 10ª Copa do Rei, despois de derrotar na final ao FC Barcelona.

Resumo da tempada editar

Maio editar

En maio de 2020, tras darse por rematadas as competicións que foran paralizadas por mor da pandemia por coronavirus, o Liceo comezou a traballar na planificación da nova tempada. O 5 de maio Bruno Di Benedetto anunciou a súa marcha do club, regresando ao Lleida.[1] Poucos días despois fíxose oficial a chegada do seu substituto, o coruñés César Carballeira, que volvía ao Liceo dous anos despois da súa marcha ao Reus.[2]

Xullo editar

A mediados de xullo anunciouse a renovación do adestrador Juan Copa por unha tempada máis.[3]

Agosto editar

O 17 de agosto o club anunciou a través de Twitter a fichaxe do dianteiro catalán Jordi Adroher, procedente do Benfica.[4] O día 23 o club informou na súa web da ampliación de contrato a Fabri Ciocale e a súa cesión por unha tempada ao HC Braga portugués.[5] A finais de agosto o Liceo comezou a súa pretempada cunha pequena xira por Portugal, onde se enfrontou a Barcelos, Valongo e Porto, cun balance dunha vitoria, un empate e unha derrota respectivamente.[6][7]

Setembro editar

O 4 de setembro, repetindo a fórmula usada con Ciocale, o club anunciou a renovación e cesión ao Riba d'Ave HC do tamén arxentino Facu Bridge.[8] A finais de mes deu comezo a OK Liga, xogándose os partidos ou ben a porta pechada ou con limitacións de capacidade. O Liceo disputou o seu primeiro partido o 26 de setembro no campo do Igualada.

Decembro editar

O 7 de decembro o equipo fixo historia, ao lograr coa súa vitoria por 5-1 fronte ao Palafrugell en Riazor, o mellor arrinque da súa historia, con 11 vitorias nos 11 primeiros partidos de liga, xeira que se aumentou na xornada seguinte ata as 12 vitorias.[9] O día 10 o club anunciou que reforzaba o cadro de xogadores coa reincorporación de Fabri Ciocale, que marchara cedido tres meses antes a Portugal.[10]

Febreiro editar

O 12 de febreiro o club anunciou a renovación do contrato de Jordi Adroher ata o final da tempada 2021/22,[11] e catro días despois fixo o mesmo con Roberto Di Benedetto.[12]

Marzo editar

O 5 de marzo anunciouse a renovación do capitán, Dava Torres, ata 2022.[13]

Abril editar

O 19 de abril o club anunciou a renovación do gardameta Carles Grau por unha tempada máis, ata 2022.[14]

Xuño editar

O 17 de xuño, catro días despois do remate das competicións oficiais, o club anunciou a saída dos xogadores arxentinos Franco Platero e Fabri Ciocale, que ficharon polo Oliveirense portugués e o Valdagno italiano respectivamente.[15]

Corpo técnico editar

Cargo Nome
Adestrador   Juan Copa
2º adestrador   Antón Boedo
Preparador físico   Mon Fernández

Xogadores editar

Pos Nome OK Liga Copa do Rei Liga Europea Supercopa Total Disciplina
Aps Goles Aps Goles Aps Goles Aps Goles Aps Goles    
1 POR   Carles Grau 29 0 3 0 2 0 1 0 35 0
5 DEF/MED   César Carballeira 30 14 3 2 2 1 1 0 36 17 2
7 DIA   Maxi Oruste 30 15 3 0 2 0 1 0 36 15 2
8 DIA   Dava Torres 28 17 3 1 2 1 1 1 34 20 3
9 DIA   Marc Grau 30 13 3 1 2 1 1 1 36 15 2
21 DIA   Fabri Ciocale 18 6 3 0 1 0 1 0 23 6 1
57 DEF/MED   Franco Platero 28 14 3 0 2 0 1 0 34 14 4
68 DIA   Roberto di Benedetto 26 17 3 1 2 1 1 0 32 19 4
77 DIA   Jordi Adroher 29 33 3 4 2 0 1 3 35 40 4
88 POR   Martín Rodríguez 1 0 0 0 0 0 0 0 1 0
Xogadores do filial
4 DEF/MED   Daniel López 3 1 0 0 0 0 0 0 3 1
11 DEF/MED   Rubén Martín 1 0 0 0 0 0 0 0 1 0
18 DEF/MED   Pablo Parga 3 1 0 0 0 0 0 0 3 1
22 DEF/MED   Nanu Castro 6 0 0 0 0 0 0 0 6 0

Clasificación editar

Artigo principal: Tempada 2020-2021 da OK Liga.
Pos Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
1 FC Barcelona 83 30 27 2 1 208 54 154 Clasificados para a Liga Europea
2 Deportivo Liceo 76 30 25 1 4 131 51 80
3 CH Caldes Recam Làser 62 30 19 5 6 115 86 29
4 Reus Deportiu Miró 61 30 19 4 7 157 87 70
5 CE Lleida Llista Blava 54 30 16 6 8 96 75 21 Clasificados para a Copa WSE
6 CE Noia Freixenet 45 30 14 3 13 117 106 11
7 CP Voltregà Stern Motor 41 30 12 5 13 94 92 2
8 CP Calafell Tot L'Any 39 30 12 3 15 83 96 -13
9 Igualada Rigat HC 39 30 12 3 15 90 102 -12
10 Garatge Plana Girona CH 38 30 10 8 12 79 89 -10
11 CH Palafrugell 36 30 9 9 12 93 111 -18 Fase de permanencia
12 CE Vendrell 29 30 7 8 15 79 106 -27
13 CP Taradell 28 30 7 7 16 76 133 -57 Descenden á OK Liga Prata
14 CH Lloret Vila Esportiva 25 30 5 10 15 83 135 -52
15 CP Vic 15 30 4 3 23 59 140 -81
16 CH Mataró 8 30 1 5 24 54 151 -97

Partidos editar

Pretempada e amigables editar

OK Liga editar

Artigo principal: Tempada 2020-2021 da OK Liga.

Supercopa de España editar

Liga Europea editar

Copa do Rei editar

Notas editar

  1. "Bruno di Benedetto dice «hasta luego» al Liceo" (en castelán). 6 de maio de 2020. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2020. Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  2. Iglesias, Ana (11 de maio de 2020). "César Carballeira, nuevo jugador del Liceo: «La decisión de la federación no ha beneficiado a nadie»" (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  3. "Juan Copa seguirá al frente del Deportivo Liceo una temporada más". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xullo de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  4. "El Liceo incorpora a Jordi Adroher". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de agosto de 2020. Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  5. "Renovación e cesión para Fabri Ciocale". 23 de agosto de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  6. "Estrea de nivel en Barcelos (6-8)". 27 de agosto de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  7. "La primera parte condenó al Liceo en su partido contra el Oporto". DxT Campeón (en castelán). 31 de agosto de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  8. "Ampliación de contrato e cesión para Facu Bridge". 4 de setembro de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  9. "HISTÓRICO (5-1)". 7 de decembro de 2020. Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  10. "Fabri Ciocale regresa ó Deportivo Liceo". 10 de decembro de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  11. "Jordi Adroher amplía o seu vínculo co Deportivo Liceo". 12 de febreiro de 2021. Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  12. "Roberto Di Benedetto renova co Deportivo Liceo". 16 de febreiro de 2021. Consultado o 17 de marzo de 2021. 
  13. "Dava Torres renova o seu contrato". 5 de marzo de 2021. Consultado o 17 de marzo de 2021. 
  14. "Carles Grau continuará no Deportivo Liceo". 19 de abril de 2021. Consultado o 18 de xuño de 2021. 
  15. "Franco Platero, Fabri Ciocale e o Liceo separan os seus camiños". Hockey Club Liceo da Coruña. 17 de xuño de 2021. Consultado o 18 de xuño de 2021. 
  16. "Golpe de autoridad de Liceo en la cancha del Igualada" (en castelán). 27 de setembro de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2020. 
  17. "Aforo dun máximo de 300 persoas para o choque ante o Taradell". 29 de setembro de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2020. 
  18. "O Deportivo Liceo non se relaxa e logra a cuarta vitoria da tempada". La Voz de Galicia. 18 de outubro de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  19. "Nove de nove (1-4)". 28 de novembro de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  20. "Un equipo de 10 (4-1)". 4 de decembro de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  21. "HISTÓRICO (5-1)". 7 de decembro de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  22. "O primeiro empate (3-3)". 18 de decembro de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2020. 
  23. "Outra fazaña (2-1)". 19 de xaneiro de 2021. Consultado o 21 de xaneiro de 2021. 
  24. "Polo bo camiño (5-1)". 23 de xaneiro de 2021. Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 
  25. "Vitoria de pegada e ambición (9-1)". 6 de marzo de 2021. Consultado o 17 de marzo de 2021. 
  26. "Heroico (4-3)". 26 de marzo de 2021. Consultado o 10 de abril de 2021. 
  27. "Fabri rompe o muro de Edo (3-1)". 23 de abril de 2021. Consultado o 18 de xuño de 2021. 
  28. "Resiliencia (1-2)". 1 de maio de 2021. Consultado o 18 de xuño de 2021. 
  29. "Gran mérito (6-2)". 22 de maio de 2021. Consultado o 18 de xuño de 2021. 
  30. "Despedida con derrota (3-0)". 29 de maio de 2021. Consultado o 18 de xuño de 2021. 
  31. "La Copa del Rey de hockey sobre patines: el título que une al Liceo y a su afición". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xuño de 2021. Consultado o 18 de xuño de 2021. 
  32. Varela, María (12 de xuño de 2021). "El corazón empuja al Liceo a la final" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2020. Consultado o 18 de xuño de 2021. 
  33. Centeno, Alexandre (13 de xuño de 2021). "Un gran Deportivo Liceo conquista su décima Copa del Rey de hockey sobre patines". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2021.