Roxerio

nome masculino

Roxerio, Roxer[1] ou Roxelio, é un antropónimo masculino nas súas variantes en lingua galega, que provén da composición de verbas xermanas hrod (fama) e ger (lanza), co que o seu significado viría a ser «famoso coa lanza». A súa forma latina sería Rogerius e era moi habitual na Idade Media. O feminino é Roxeria ou Roxelia.

Roger Moore en Maverick, Roger é a variante inglesa do nome.

Santoral editar

  • 16 de setembro, San Roxerio (Íllora, Granada s. IX- † Córdoba) foi un freire mártir. Os atributos son un crucifixo levantado nunha man, libro de evanxeos na outra e sangue no pescozo polo seu martirio.

O nome en Galicia editar

Segundo o Instituto Nacional de Estadística, as variantes galegas Roxerio, Roxer ou Roxelio teñen actualmente unha frecuencia inferior a 20 para o total nacional (ou inferior a 5 por provincia), polo que, por segredo estatístico, non se proporcionan datos ao respecto. A variante en castelán Rogelio é un nome común, tendo en conta toda España, en Galicia, Asturias e León danse as maiores porcentaxes. En Galicia hai actualmente 1896 varóns co nome. Con todo, Roxerio e as súas variantes é un nome pouco usado hoxe en día. A variante feminina Roxeria ou Roxelia tampouco aparece representada, porén 223 mulleres levan a variante castelá Rogelia en Galicia, cunha media de idade de case 70 anos.[2]

Persoas celebres editar

Galegos editar

Outras personalidades editar

Ficción editar

Roxerio noutras linguas editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar