Rogelio Martínez Díaz
músico cubano
Rogelio Martínez Díaz, alcumado "El Gallego", nado en Matanzas o 7 de setembro de 1905 e finado en Nova York o 13 de maio de 2001, foi un músico cubano.
Rogelio Martínez Díaz | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1905 |
Lugar de nacemento | Matanzas |
Falecemento | 13 de maio de 2001 |
Nacionalidade | Cuba |
Ocupación | músico |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rogelio Martínez.
TraxectoriaEditar
Foi director da Sonora Matancera dende 1948, na que xa ingresara en 1926. Como intérprete tocaba a guitarra e participaba no coro. Así mesmo foi o descubridor de figuras coma Celia Cruz, Nelson Pinedo, Carlos Argentino, Bienvenido Granda, Gloria Díaz ou Rodolfo Hoyos, entre outros. Formou parte do exilio cubano nos Estados Unidos dende o 15 de xullo de 1960, non volvendo nunca pisar o seu país.