Rogelio Arca Rivas

canteiro e político galego

Rogelio Arca Rivas, nado en Cerdedo-Cotobade en 1913 e finado no mesmo concello o 6 de novembro de 2010[1], foi un canteiro e miliciano anarquista galego.

Rogelio Arca Rivas
Nacemento1913
Lugar de nacementoCerdedo-Cotobade
Falecemento6 de novembro de 2010
Lugar de falecementoCerdedo-Cotobade
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncanteiro e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi fillo de Francisco Arca Valiñas, agricultor do lugar de Deán e militante da CNT. En marzo de 1936 marchou a Madrid cun grupo de canteiros, albaneis, mamposteirs e carpinteiros da Terra de Montes. Nas semanas previas ao Alzamento Nacional participou na folga da construción, como afiliado do Sindicato Único da Construción. Co estoupido da guerra civil, alistouse na Columna Confederal, comandado por Cipriano Mera. Xunto a outros 21 compañeiros, dez deles galegos, conformou a Grupo 33 da Columna. Comandados polo Tenente Coronel Francisco del Rosal, marcharon cara aos penedos de Somosierra logo de permanecer unhas semanas en Madrid. Despois dirixíronse cara á serra de Gredos. Posteriormente o Grupo 33 integrouse no batallón Ferrer. O 30 de setembro víronse obrigados a retirarse da vila de Casavieja ante o avance das tropas rifeñas que loitaban polo bando nacional.

O seu batallón regresou a Madrid o 10 de outubro, e a columna Del Rosal foi reconvertida na 39 Brigada Mixta. Pasaron novembro e decembro na fronte de Aragón formando garda, regresando en decembro a Madrid. Alí coñece a morte do seu pai, paseado o 13 de agosto. O 29 de decembro regresaron á fronte, na liña de combate entre as vilas de Aravaca, Umera e Pozuelo de Alarcón. Días despois retroceden cara a El Pardo. Pérdese e intégrase no 5º Rexemento de Aceiro, comandado por Enrique Líster, e alí é ascendido a cabo.

En abril de 1937, durante unhas xornadas de descanso, Rogelio Arca toma unhas fotografías cunha Kodak de acordeón, nun ambiente distendido. O 21 de marzo de 1938 a súa brigada é retirada da primeira liña, logo de sufrir múltiples baixas. Logo dun mes de descanso, foi destinado á serra de Mogorrón (provincia de Guadalaxara) e despois á provincia de Teruel. Estivo relacionado co Batallón Galicia, que combateu baixo o mando do compostelán José Penido Iglesias. No verán de 1938, nunhas xornadas de descanso no balneario de Camarena, aproveitou para facer unha colección de bolboretas e facer mel. Pero axiña se reincorporou no Batallón Divisionario de Metralladoras, da 5ª División. Loitaron até o momento da súa rendición, o 29 de marzo de 1939, na serra de Camarena. Foi enviado ao campo de concentración de Teruel.

Regresou a Cerdedo-Cotobade cun salvoconduto, debendo presentarse todos os días ás 8 da mañá no cuartel da Garda Civil. Mes e medio despois foi obrigado a incorporarse aos batallóns disciplinarios, sendo carcereiro dos seus propios compañeiros no cárcere de Lugo. Alí recortaron a tea metálica que os separaba, e Arca remitía ás súas familias a súa correspondencia. Por mor dunha desas cartas, escrita en arxina (o "verbo dos canteiros") para evitar a censura, o mozo que a redactara, Antonio Mariño, recibiu unha malleira.

Obra editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar