Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936
golpe militar contra a Segunda República Española
(Redirección desde «Alzamento Nacional»)
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
Este artigo ou sección precisa contidos, imaxes ou perspectivas globais. Por favor, universalíceo. |
O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, denominado "Alzamento Nacional" polo bando sublevado, foi unha insurrección de carácter militar perpetrado contra o goberno da Segunda República Española entre o 17 e o 18 de xullo de 1936 e cuxo fracaso parcial conduciu a unha guerra civil. A historiografía moderna desfixo esta última denominación por ser partidista e inexacta.[Cómpre referencia]

Desenvolvemento en Vigo Editar
O capitán Antonio Carreró Vergés foi o militar que leu na Porta do Sol de Vigo un bando que declaraba o estado de guerra o 18 de xullo de 1936[1][2].
Outros cargos daquela época foron:[Cómpre referencia]:
- O alcalde (aínda que aparece como Comisario de Guerra), José Giménez García, quen tivo tamén o cargo de Presidente da Comisión Gestora Municipal. O 31 de xaneiro de 1938, coa guerra sen rematar, foi nomeado alcalde Luis Suárez-Llanos Menacho, que se converteu no primeiro alcalde franquista de Vigo. A cidade contaba daquela con 73.566 habitantes e xunto co que era daquela o concello de Lavadores xuntaban case 110.000. En setembro de 1939 sucedeuno na alcaldía Estanislao Durán Gómez[3]. Recuperou o bastón de mando o 24 de xuño de 1940 e mantívoo até 1949. Nesta nova xeira, gobernaría a 85.272 vigueses e 38.462 de Lavadores, e 135.327 cidadáns xa dende 1941, coa anexión do concello de Lavadores por parte do de Vigo.
- O gobernador civil da provincia de Pontevedra: Francisco García Alted.
- O comandante militar Felipe Sánchez, alcumado O Capillitas, porque consideraba as diverxencias políticas entre a dereita coma capeliñas e que o que había que facer era dejarse de capillitas y construir una gran catedral, ademais de ridiculizar a súa curta estatura. Co seu nome bautizouse a avenida do Areal. O seu cargo no remate da Guerra Civil foi levado por Miguel Cuervo, coronel xefe da 82ª División.
- O xefe provincial do Movemento e conselleiro nacional da FET y de las JONS, Jesús Suevos.
Notas Editar
- ↑ "Diario Atlántico". Consultado o 17-04-2017.
- ↑ Carballa (2012), pp.97-98
- ↑ "Faro de Vigo". Consultado o 15-04-2017.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Carballa, Xan (2012). Biografía de Valentín Paz-Andrade. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9865-411-0.
Outros artigos Editar
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |