Roger Martin du Gard

escritor francés

Roger Martin Du Gard, nado en Neuilly-sur-Seine o 23 de marzo de 1881, finado en Bellême, Orne o 22 de agosto de 1958, foi un novelista francés.

Roger Martin du Gard
Nobel prize medal.svg
Roger Martin du Gard 1937.jpg
Nacemento23 de marzo de 1881
 Neuilly-sur-Seine
Falecemento22 de agosto de 1958
 Bellême, Orne
SoterradoMonastère de Cimiez
NacionalidadeFrancia
Alma máterLycée Condorcet, École des Chartes, Escola do Louvre e Lycée Janson-de-Sailly
Ocupaciónescritor, arquiveiro e dramaturgo
CónxuxeHélène Foucault
XénerosNovela
Coñecido/a porsen etiquetar e The Thibaults
PremiosPremio Nobel de Literatura e Cabaleiro da Lexión de Honra
Na rede
Discogs: 826605 Find a Grave: 10381872 Editar o valor em Wikidata
Signature Roger Martin du Gard.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nacido nunha familia acomodada, de avogados e maxistrados, a súa situación permitiulle dedicarse á literatura. De vocación literaria precoz, foi consciente dela tras ler a novela de Lev Tolstoi, A guerra e a paz. Para intentar consolidar a súa vocación de novelista, iniciou estudos de Letras, aínda que non os rematou. Presentouse logo á unha oposición da École des chartes, obtendo a praza de arquiveiro-paleógrafo, cunha tese sobre a abadía de Jumièges.

En 1908 publicou a súa primeira novela Devenir. Tras a publicación en 1913 de Jean Barois, na que Martin du Gard abordou o caso Dreyfus, trabou amizade con André Gide e Jacques Copeau.

Participou como soldado na primeira guerra mundial. Cando esta rematou, empezou a redacción da que foi a súa obra magna: a saga de Les Thibault. Nela non trata de demostrar nada. Non xulga nin condena: mostra ás veces de modo demasiado fragmentario a evolución da relixión contemporánea, como o feito da separación entre a Igrexa e o Estado Francés en 1905.

Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1937. A partir dese momento a súa obra deixou de ser considerada relevante por parte da crítica, até que Albert Camus a volveu reivindicar.

Pode considerarse un herdeiro da novela realista tradicional do século XIX; mais a certeza das súas descricións, os seus detalles narrativos e a penetración psicolóxica que fai dos seus personaxes, fan que non se poida cualificar como un escritor falto de innovación e forza.

Pasou a maior parte da segunda guerra mundial en Niza. Alí empezou a elaborar unha novela que quedou inconclusa, Le Lieutenant-colonel de Maumort, que se publicou postumamente. Esta publicación, ao igual que outras que tamén foron póstumas (correspondencia, diario, relatos curtos) fai máis complexa a figura dun escritor que se reivindicou a si mesmo como novelista.

ObraEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar