Roxelio Rivero
Roxelio Rivero, nado nas Neves en 1884 e finado en 1940,[1] foi un escritor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1884 As Neves, España |
Morte | 1940 (55/56 anos) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Familia | |
Fillos | Carlos Rivero Troncoso |
Traxectoria
editarRedactor de El Tea de Ponteareas, onde ás veces empregaba o pseudónimo Xacinto d'as Cubelas, colaborou en Diario de Avisos e Heraldo de Zaragoza e foi correspondente nas Neves de Noticiero de Vigo. Nas Neves dirixiu El Azote, mantivo unha sección crítica titulada “Aturuxos” no semanario satírico vigués La Ráfaga e tamén foi colaborador de Vida Gallega, Don Quijote de Ponteareas, Tramancazos e El Soplete editados en Redondela, La Libertad de Pontevedra e correspondente de Galicia en Ponteareas. Na República colaborou en Tribuna. En setembro de 1924 marchou a Lisboa.[2] Foi un autor de notable éxito popular, publicou os seus contos en El Tea, que despois foron recopilados en forma de libro. Escribiu tamén algunhas pezas teatrais.
Obras
editarNarrativa
editar- Fungueirazos. Contos gallegos, 1916.
- Cóchegas. Contos gallegos, 1920.
- Galicia rindo, 1924.
- Larpeiro, coitado e mártir, 1929.
- Aventuras de Guan Piériz, 1934.
- Aturuxos. Contos gallegos, 1935.
- Desfile de bandoleros, 1939.
Teatro
editar- ¡Que pena tiña!.
- O meu Alfredo, con Telesforo Sestelo.
- Na casa do ciruxano, con Telesforo Sestelo (estreada o 25 de marzo de 1919).
- Un Home de Pau e Ferro, sainete.
Vida persoal
editarCasou con Julia Troncoso Juanatey en 1913 e foi pai do tamén escritor e xornalista Carlos Rivero Troncoso.
Notas
editar- ↑ "Homenaxe en As Neves" in La Voz de Galicia, 17-5-1996, p. 43.
- ↑ El Tea, 14-9-1924, p. 3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Cabo Villaverde, Miguel, "Da revolución á cooperativa. Visións literarias do agrarismo galego"', in Homenaje a José García Oro. Santiago de Compostela: Universidade, 2002.