Rogelio Diz Fuentes

político galego

Rogelio Diz Fuentes, nado en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) en 1912 e finado en México en 2003, foi un político galego.

Modelo:BiografíaRogelio Diz Fuentes
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor en Wikidata
Vilaxoán, España Editar o valor en Wikidata
Morte2003 Editar o valor en Wikidata (90/91 anos)
México Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, escritor Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsManuel Diz Fuentes Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 295

Traxectoria

editar

Foi labrego e canteiro. Militante da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 21 de xaneiro de 1937 con Luis Doeste Mariño, José Manuel García González, Eugenio Lamas Bugallo, Manuel Fernández Oubiña, Antonio Názara Pesado, José Vidal Bugallo, Manuel Ucera Barros, Manuel Rey Ucera, Salvador Vidal Fontán, José Caneda Blanco, Tomás Romero Vidal, Daniel Robado Castro, Manuel Abalo Lamas, Manuel Teira López, Luis Diz Reimúndez, Laureano Fernández Caamaño, Germán Quintela Novoa, Aurelio Parejo González, Dámaso Carrasco Duaso e Luís Bouza-Brey Trillo,[1] foi condenado a cadea perpetua.

Preso na illa de San Simón, foi trasladado ao Forte de San Cristovo de Pamplona. Participou na fuga do 22 de maio de 1938 e foi autor da letra do himno da fuga "Camarada, ya se abrieron las puertas...". O seu irmán Manuel Diz Fuentes foi asasinado polos franquistas o 29 de setembro de 1938. Foi posto en liberdade por conmutación en setembro de 1940. Exiliouse en México. O seu fillo Rogelio Diz Rubianes recompilou a súa biografía no libro Memorias, pensamientos y versos (2001).

  1. El Diario de Pontevedra, 22-1-1937, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar