Rogelio Bernárdez García

futbolista español

Rogelio Bernárdez García nado en Vigo o 6 de xuño de 1924 e finado o 22 de novembro de 2002, foi un futbolista galego máis coñecido como Gaitos. Xogaba na demarcación de defensa.

Rogelio Bernárdez García
Información persoal
Nacemento 6 de xuño de 1924
Lugar de nacemento Vigo
Falecemento 22 de novembro de 2002
Posición defensa
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar a fútbol no Berbés, equipo dende onde pasaría ao Celta de Vigo no ano 1946 con 21 anos de idade. Nas dez tempadas que militou no Celta, nas cales se converteu nun dos defensas que máis tempo vestiu o equipamento celeste, formou parte do gran equipo que chegou á final da Copa do Xeneralísimo e quedou cuarto clasificado no torneo de liga. Na final disputada en Madrid que o Celta perdeu por 1-4 ante o Sevilla FC rematou o encontro con nove xogadores trala expulsión de Pahiño e a lesión de Francisco Simón xa que o regulamento da época non permitía as substitucións.

Colgou as botas ao rematar a tempada 1955-1956.

A finais do anos 50 dirixiu ao Santiago en Terceira División pouco antes que a desaparición do equipo e a do Arenal para dar lugar ao nacemento do SD Compostela.

Anos despois rexentaría en Vigo a Taberna del Lisboa e con Cantero, ex-porteiro do Celta, a cafetería El pato cojo.