Abrir o menú principal

Francisco Simon Calvet, nado en Barcelona o 11 de outubro de 1917, foi un futbolísta que xogaba na demarcación de gardameta.

Francisco Simón
Información persoal
Nacemento 11 de outubro de 1917
  Barcelona
Nacionalidade España
Posición gardameta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Co gallo do servizo militar que o levou a Galiza, fichou polo Deportivo da Coruña no ano 1940. Na súa etapa en Coruña limitouse a ser o eterno suplente de Juan Acuña ao atoparse este na súa etapa dourada.

A mediados da tempada 1945-46 péchase a traspaso do gardameta ao Celta de Vigo por un prezo de 60.000 pesetas máis a cesión de Bermejo.

Simón xa debuta no seguinte encontro, deixando na suplencia a Marzá, dun Celta que goleou ao Hércules CF por 1-4.

A gran tempada do Celta e de Simón sería a 1947-48, na que o equipo remataría o campionato ligueiro en cuarta posición e acadaría o subcampionato da Copa de España. Perdería a final copeira ante o Sevilla FC tras unha agónica semifinal ante o RCD Espanyol que precisou de dous partidos de desempate a mesma semana da final.

Na final copeira, o porteiro teríase que retirar lesionado tras un golpe no segundo gol do Sevilla, quedando o Celta con dez xogadores ao non permitir as substitucións o regulamento da época e tendo que ocupar a posición de gardameta o central Gabriel Alonso. O encontro remataría 4-1, cun Celta que acabaría con 9 xogadores tras a expulsión de Pahiño.

Simón continuaría no Celta ata 1954, cando se retirou do fútbol con case corenta anos, para ir vivir a As Pontes.

Véxase taménEditar