Raíces gregas
As raíces gregas son hoxe omnipresentes nas linguas occidentais modernas. O galego utilízaas para construción de palabras cultas e de neoloxismos. Proveñen de raíces gregas asociadas entre elas. Ás veces a deformación da lingua é tal que é difícil recoñecelas.
Velaquí uns exemplos de raíces que se atopan con certa frecuencia:
Raiz | Orixe | Significado | Exemplo de utilización |
Acanto | Akantha | Espiña | Acantáceas, Acantocéfalo, Acantopterixios |
Acro | Akros | Na punta | Acrópole, Acropodio, Acrocéntrico, Acrobacia |
Actino | Aktis | Raio | Actiniario, Actinia, Actinometría |
Adelo | Adelphos | Irmán | Monadelfo, Adelfogamia |
Adeno | Adên, Adenos | Glande | Adenite, Adenoma, Adenopatía |
Aero | Aêr, Aeros | Aire | Aerofaxia, Aerobio, Aerógrafo |
Agogo | Agôgos | Que conduce | Pedagogo, Demagogo |
Agro | Agros | Campo | Agronomía, Agroxeoloxía |
Alxia | Algos | Dor | Neuralxia, Cefalalxia, Nostalxia |
Alo | Allos | Outro | Alerxia, Alogamia |
Anfi | Amphi | De dous lados | Anfiteatro, Anfibio |
Andro | Anêr, andros | Home, macho | Androide, Poliandria Androide |
Anti | Anti | Que está en contra, oposto | Antibiótico, Antídoto |
Antropo | Anthrópos | Home, ser humano | Misántropo, Antropomorfismo, Antropofaxia, Antropoloxía Antropometría |
Arqueo | Arkhaios | Antigo, Primitivo | Arcaísmo, Arqueoloxía, Arqueometría |
Arquía | Archos | Goberno | Anarquismo, Oligarquía, Monarquía |
Auto | Auto | Por si mesmo | automóbil, automedicación |
Bio | Bio | Vida | Bioloxía, Biótopo, Biometría |
Cali | Kalos | Bonito | Caligrafía |
Cefal | Kephalê | Cabeza | Encéfalo, Holocéfalo, Cefalea |
Quiro / Ciro | Kheir | Man | Quiropráctico, Cirurxía |
Cromo | Khroma | Cor | Cromático, Cromosoma, Cromosfera |
Crono | Khronos | Tempo | Crónica, Cronómetro, Sincronía |
Dactilo | Daktylos | Dedo | Dactilóptero, Dactilógrafo, Polidáctilo |
Demo | Dêmos | Pobo | Democracia, Demagoxia, Demografía |
Eco | Eikos | Casa, na casa | Economía, Ecoloxía |
Eudaimonia | Felicidade | Eudemonismo | |
Êthos | Maneira de ser | Ética | |
Xeo | Gé | A terra | Xeoloxía, Xeografía |
Glifo | Glyphein | Gravar | Xeróglifo |
Gono | Gónia | Ángulo | Polígono, Pentágono |
Grama | Gramma | Letra | Anagrama, Lipograma |
Grafo | Graphein | Escribir | Grafismo, Grafoloxía, Monografía |
Xero | Hieros | Sagrado | Xeróglifo,Xerarquía |
Homo | Homos | Mesmo, semellante | Homoxéneo, Homosexual, Homólogo |
Iatría | Iatros | Médico | Pediatría, Iatroxenia |
Lipi | Lipos | Graxa | Lípido |
Lipo | Leipein | Quitar, deixar | Lipograma |
Loxía, Log- | Logos | Estudo, Discurso, Razón, Fala, Ciencia | Zooloxía, Bioloxía, Lóxica, Logorrea, Logopedia |
Lico- | Lykos | Lobo | Licópole, Licantropía, Licaón, Liceo |
Lise | Lyô | Desatar, soltar | Análise, Pirólise |
Maquia | Makhê | Combate | Naumaquia, Logomaquia, Tauromaquia |
Melan- | melas | Negro | Melancolía, Melanoma, Melanesia |
Meta- | meta | Alén | Metafísica, Metempsicose, Metawiki |
Nauta | Nautês | Navegante | Astronauta, Cosmonauta,Internauta |
Neso, Nesia | Nisi | Illa | Polinesia, Dodecaneso, Melanesia |
Pedo | Pais | Neno | Pediatría, Pedofilia, Pedagogo |
Fil | Philo | Amor | Filosofía, Pedofilia, Filantropía |
Fobie | Phobos | Medo | Aracnofobia, Xenófobo |
Podo | Pous | Pé | Podólogo |
Poli- pole | Polis | Vila, cidade | Política, Licópole, Policía |
Poli | Poly | Moitos | Polígono, Polivalencia,Poligamia |
Rino | Rhis | Narís | Rinoceronte, Rinoplastia |
Sofía | Sophia | Sabedoría | Filosofía, Sofisma |
Xeno | Xenos | Estranxeiro | Xenófobo, Xenófilo, Xenelasia |
Zoo | Zóon | Animal | Zooloxía, Zoofilia |