Astronauta

Persoa que viaxa nunha nave espacial, fóra da atmosfera terrestre.
(Redirección desde «Cosmonauta»)

Un astronauta (Gl-astronauta.ogg pronunciación ) é unha persoa instruída e adestrada para comandar, pilotar ou tripular unha astronave.

Astronauta da NASA durante unha misión espacial cunha mochila de propulsión (Manned Maneuvering Unit).

Existen outras denominacións derivadas das diversas linguas: ós soviéticos ou rusos chámaselles cosmonautas e ós chineses, taiconautas: O termo cosmonauta vén do ruso kosmonavt (космонавт), derivado á súa vez do grego kosmos (κοσμος, universo) e nautes (ναύτης, navegante); taiconauta é un neoloxismo formado a partir do chinés 太空 (tàikōng, espazo) e o grego ναύτης (nautes, navegante), ambos de xeito semellante a astronauta (do latín e o grego). Como curiosidade, a verba oficial chinesa para nomear un astronauta é 宇航員 (yǔhángyuán) pero o termo taikonaut emprégase nos medios de comunicación para nomear ós astronautas chineses[1].

Os pioneiros

editar

Unión Soviética

editar

O primeiro cosmonauta da historia foi Iuri Gagarin, quen foi lanzado o 12 de abril de 1961 a bordo da nave Vostok 1, sendo dese xeito o primeiro ser humano en saír ó espazo. A primeira muller en ir ó espazo foi Valentina Tereshkova, en xuño de 1963 a bordo do Vostok 6.

Estados Unidos

editar

Alan B. Shepard foi o primeiro estadounidense en realizar un voo suborbital, e John Glenn o primeiro en entrar en órbita. A primeira persoa en camiñar por un mundo extraterrestre foi Neil Armstrong, o 21 de xullo de 1969 durante a misión lunar Apollo 11.

A vida de astronauta

editar

Unha persoa que pretenda ser astronauta necesita unha preparación previa acorde coa función que realizará no espazo. Unha vez no exterior terrestre, están entre as súas funcións dende a vixilancia do mantemento das propias necesidades vitais (por exemplo, ter unha atmosfera respirable) ó desenvolvemento de experimentos científicos ou o mantemento da aparataxe, incluídos os paseos espaciais (Extra-Vehicular Activity, ou EVA).[2]

O desenvolvemento vital no espazo implica o estar sometidos a condicións diferentes que na Terra, polo que sofren variacións diversas, como perda de masa muscular ou debilitamento óseo debido á aparente falta de gravidade, tendo que compensar ditos cambios coa realización de exercicio como preparación á súa volta á Terra. Tamén sofren variacións na percepción do tempo ó estar orbitando e poder observar moitas saídas e postas de Sol ó longo de 24 horas.[2]


 
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.