A antropometría: (do grego ἄνθρωπος, ánthropos, 'home', e μέτρον, métron 'medida', 'medir', o que vén significar 'as medidas do home') é a subrama da antropoloxía biolóxica ou física que estuda as medidas do home.

Exemplos de medidas antropométricas expostas na conferencia sobre a euxenesia de 1921.

Refírese ao estudo das dimensións e medidas humanas co propósito de comprender os cambios físicos do home e as diferenzas entre as súas razas e subrazas.

Características editar

Na actualidade a antropometría cumpre unha función importante no deseño industrial, na industria de deseños de vestiario, na ergonomía, na biomecánica e na arquitectura, onde se empregan datos estatísticos sobre a distribución de medidas corporais da poboación para optimizar os produtos.

Os cambios ocorridos nos estilos de vida, na nutrición e na composición racial e/ou étnica das poboacións, levan a cambios na distribución das dimensións corporais (por exemplo, na obesidade) e con iso xorde a necesidade de actualizar constantemente a base de datos antropométricos.

A antropometría comprende especialmente:

  • as dimensións:
  • as masas:
  • as circunferencias, comunmente denominadas perímetros:
    • cadeira, cintura, colo...;
    • circunferencia dos membros.

Historia editar

 
Adolphe Quetelet.

Considérase a antropometría como a ciencia que estuda as medidas do corpo humano co fin de establecer diferenzas entre individuos, grupos, razas etc.

Esta ciencia ten a súa orixe no século XVIII co desenvolvemento de estudos de antropometría racial comparativa por parte de antropólogos físicos.

Pero non foi até 1870, coa publicación de Anthropometrie ou Mesure des différentes facultés de l'homme, do matemático, astrónomo, naturalista e estatístico belga Adolphe Quetelet, precursor dos estudos demográficos, cando se considera que a antropometría queda establecida e estruturada cientificamente.

Porén, a partir de 1940, coa necesidade de datos antropométricos na industria, especificamente a bélica e a aeronáutica, cando a antropometría se consolida e desenvolve definitivamente, dentro do contexto da Segunda guerra mundial.

 
Ilustración de The Speaking Portrait (Pearson's Magazine, Vol. XI, xaneiro a xuño de 1901) mostrando os principios da antropometría de Bertillon.

Por outro lado, en Francia, o criminólogo Alphonse Bertillon (18531914), fundou, en 1870, o primeiro laboratorio de identificaron de criminais na policía. Máis tarde, en 1883, inventou un sistema de identificación corporal, a chamada antropometría xudicial (máis coñecida como o sistema Bertillon), baseada en varias medidas e características físicos, como as dimensións dalgunhas estruturas óseas que permanecen constantes ao longo da vida adulta.

Concluíu que con 14 medidas (talle, pés, man, nariz, orellas etc.), hai só unha probabilidade entre 286 millóns para encontrar as mesmas noutra persoa.

Este sistema foi rapidamente adoptado en toda Europa, e despois nos Estados Unidos, e utilizado até 1970.

Dimensións do corpo humano: estruturais e funcionais editar

As dimensións do corpo humano varían de acordo ao sexo, idade, raza, nivel socioeconómico etc., polo que esta ciencia dedicada a investigar, recompilar e analizar estes datos, resulta unha directriz no deseño dos obxectos (pezas de roupa, móbeis etc.) e os espazos arquitectónicos, ao seren estes contedores ou prolongacións do corpo e que, polo tanto, deben estar determinados polas súas dimensións.

Estas dimensións son de dous tipos esenciais: estruturais e funcionais. As estruturais son as da cabeza, tronco e extremidades en posicións estándar. Mentres que as funcionais ou dinámicas inclúen medidas tomadas durante o movemento realizado polo corpo en actividades específicas.

Ao coñecer estes datos coñécense os espazos mínimos que o home necesita para desenvolverse diariamente, os cales deben considerarse no deseño do seu contorno. Aínda que os estudos antropométricos resultan ser un importante apoio para saber a relación das dimensións do home e o espazo que este necesita para realizar as súas actividades, na práctica deberán terse en conta as características específicas de cada situación, debido á diversidade antes mencionada, logrando así a optimización no proxecto a desenvolver.

A primeira táboa antropométrica para unha poboación industrial hispana realizouse en 1996 en Porto Rico por Zulma R. Toro e Marco A. Henrich.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar