Rally Dakar

(Redirección desde «París-Dakar»)

O Rally Dakar (anteriormente Rally París-Dakar) é unha competición anual de rally raid disputada dende 1978. Celébrase habitualmente durante as dúas primeiras semanas de xaneiro e está considerado o rally máis duro do mundo. Nas primeiras edicións partía de París e remataba na cidade de Dakar (Senegal), pero dende 1995 foi cambiando o seu lugar de inicio por outras cidades europeas, fundamentalmente por motivos publicitarios e/ou políticos, xa que a verdadeira competición non comezaba ata que se entraba no continente africano, e máis tarde variou tamén o punto de chegada. En 2008 non se disputou por falta de seguridade,[1] pasando a disputarse entre 2009 e 2019 na América do Sur (a Arxentina, Chile e o Perú), cun percorrido de máis de 9.000 quilómetros, incluíndo o deserto de Atacama.[2] Dende 2020 dispútase en Arabia Saudita.

Volkswagen de Carlos Sainz no Dakar 2007.

A pesar do nome, o Dakar é máis unha carreira de resistencia ca un rally convencional. Os vehículos participantes son completamente todo terreo e o terreo varía considerablemente, atravesando zonas de area, rochas, barro ou vexetación.

Un quad no Dakar 2009.
Stéphane Peterhansel campión en doce ocasións.

A inscrición na proba é aberta, o cal a converte na carreira idónea para amantes da aventura. A participación de competidores afeccionados chega con frecuencia ao 80% dos inscritos.

Historia e trazado editar

 
Thierry Sabine, fundador do Dakar.

A proba foi fundada en 1979, despois de que o piloto Thierry Sabine se perdese no deserto e considerase a súa experiencia digna de ser reproducida nun rally. O que empezou como unha aventura en estado puro, sen apenas organización, evolucionou ata converterse nun gran despregue tecnolóxico, con máis de mil persoas implicadas entre organización, participantes e asistencia.

O trazado da carreira cambiou ao longo dos anos, tanto o inicio como o final, por mor de diversos motivos. Ata 1994, a carreira foi fiel á rota orixinal, sendo París o inicio e Dakar o final. Precisamente en 1994, a carreira variou e, unha vez en Dakar, regresaba de novo a París. Debido a problemas co alcalde de París, o final tivo que ser cambiado, dos Campos Elisios a Eurodisney. A partir de entón, o lugar de inicio da carreira foi cambiando entre distintas cidades europeas, como Granada, Marsella, Barcelona ou Lisboa e ultimamente a Buenos Aires[3] ou Lima.

A ruta no continente africano tamén se viu modificada en multitude de ocasións por problemas políticos, ás veces derivados de accións de guerrilla ou guerras civís.

 
2009, primeiro ano no que se disputou na Arxentina e Chile.

Lista dos trazados editar

 
Mapa do trazado do 2012.

Vehículos e clases editar

Existen tres categorías principais na competición: motocicletas, coches e camións. Á súa vez cada categoría divídese en subcategorías, segundo sexa o equipo profesional ou privado, e segundo o tipo de vehículo (de serie ou modificado).

Motocicletas editar

Trátase da categoría máis perigosa das tres, por ser a moto un vehículo que deixa desprotexido ao condutor. Tamén é a categoría máis popular, por ser a máis accesible respecto ao custo para competidores privados. Divídese nas seguintes subcategorías:

  1. Máis de 450 cm³.
  2. Maratón: motocicletas de serie.
  3. Quads.

Coches editar

 
Mitsubishi de Peterhansel no Lisboa-Dakar 2007.

Algunhas grandes marcas compiten nesta categoría con fins publicitarios (equipos oficiais) e para probar novas tecnoloxías que despois se aplican aos coches de rúa.

Divídese nas seguintes subcategorías:

  1. T1: vehículos de serie.
  2. T2: vehículos de serie modificados.
  3. T3: prototipos. Esta categoría eliminouse en 2002.

Camións editar

Considérase a categoría máis espectacular. Non tódolos camións compiten, xa que a maioría só realizan funcións de asistencia. Algúns equipos mesturan as funcións de asistencia coa competición, e uns poucos equipos céntranse exclusivamente na competición. Esta categoría existe como tal dende 1999; nas edicións anteriores, os camións estaban englobados na categoría de coches.

Durante os anos oitenta, competían tamén prototipos de camións, pero prohibiuse a súa participación debido aos graves accidentes que se producían, ao atinxir estes grandes velocidades.

Gañadores do Dakar editar

Ed. Ano C o c h e s M o t o s C a m i ó n s Ruta
Piloto
Copiloto
Vehículo Piloto Vehículo Piloto Vehículo
41ª 2020   Carlos Sainz
  Lucas Cruz
Racing MINI   Ricky Brabec CRF 450 Rally   Andrey Karginov Kamaz Lima - Lima
40ª 2019   Nasser Al-Attiyah
  Matthieu Baumel
Toyota Hilux   Toby Price KTM 450 Rally   Eduard Nikolaev Kamaz Jeddah - Al-Qiddiya
39ª 2018   Carlos Sainz
  Lucas Cruz
Peugeot 3008 DKR Maxi   Matthias Walkner KTM 450 Rally Replica   Eduard Nikolaev
  Evgeny Yakovlev
  Vladimir Rybakov
Kamaz 4326 Lima
A Paz
Córdoba
38ª 2017   Stéphane Peterhansel
  Jean-Paul Cottret
Peugeot 3008 DKR   Sam Sunderland KTM 450 Rally   Eduard Nikolaev
  Evgeny Yakovlev
  Vladimir Rybakov
Kamaz 4326 Asunción
A Paz
Buenos Aires
37ª 2016   Stéphane Peterhansel
  Jean-Paul Cottret
Peugeot 2008 DKR   Toby Price KTM 450 Rally   Gerard de Rooy
  Moises Torrallardona
  Darek Rodewald
Iveco PowerStar Buenos Aires
Salta-
Rosario
36ª 2015   Nasser Al-Attiyah
  Matthieu Baumel
MINI   Marc Coma KTM 450 Rally   Ayrat Mardeev Kamaz Buenos Aires - Iquique - Buenos Aires
35ª 2014   Nani Roma
  Michel Perin
MINI   Marc Coma KTM 450 Rally   Andrey Karginov Kamaz Rosario - Salta - Valparaíso
34ª 2013   Stéphane Peterhansel
  Jean-Paul Cottret
MINI   Cyril Despres KTM 450 Rally   Eduard Nikolaev Kamaz Lima - Santiago de Chile
33ª 2012   Stéphane Peterhansel
  Jean-Paul Cottret
MINI   Cyril Despres KTM 450 Rally   Gerard de Rooy Iveco Mar del Plata - Copiapó
- Lima
32ª 2011   Nasser Al-Attiyah
  Timo Gottschalk
Volkswagen Race Touareg   Marc Coma KTM 450 Rally   Vladimir Chagin Kamaz Buenos Aires - Arica
- Buenos Aires
31ª 2010   Carlos Sainz[6]
  Lucas Cruz
Volkswagen Race Touareg   Cyril Despres KTM 690 Rally   Vladimir Chagin Kamaz Buenos Aires - Antofagasta
- Buenos Aires
30ª 2009   Giniel de Villiers[7]
  Dirk Von Zitzewitz
Volkswagen Race Touareg   Marc Coma[8] KTM 690 Rally   Firdaus Kabirov Kamaz Buenos Aires - Valparaíso
- Buenos Aires
29ª 2007   Stéphane Peterhansel[9]
  Jean-Paul Cottret
Mitsubishi Pajero   Cyril Despres KTM 690 Rally   Hans Stacey MAN SE Lisboa - Dakar
28ª 2006   Luc Alphand
  Gilles Picard
Mitsubishi Pajero   Marc Coma KTM LC4 660R   Vladimir Chagin Kamaz Lisboa - Dakar
27ª 2005   Stéphane Peterhansel
  Jean-Paul Cottret
Mitsubishi Pajero   Cyril Despres[10] KTM LC4 660R   Firdaus Kabirov Kamaz Barcelona - Dakar
26ª 2004   Stéphane Peterhansel
  Jean-Paul Cottret
Mitsubishi Pajero   Nani Roma[11] KTM LC4 660R   Vladimir Chagin Kamaz Clermont-Ferrand - Dakar
25ª 2003   Hiroshi Masuoka
  Andrea Schulz
Mitsubishi Pajero   Richard Sainct KTM LC4 660R   Vladimir Chagin Kamaz Marsella - Sharm el Sheikh
24ª 2002   Hiroshi Masuoka
  Pascal Maimon
Mitsubishi Pajero   Fabrizio Meoni KTM LC8 950R   Vladimir Chagin Kamaz Arras - Madrid - Dakar
23ª 2001   Jutta Kleinschmidt[12]
  Andrea Schulz
Mitsubishi Pajero   Fabrizio Meoni KTM LC4 660R   Karel Loprais Tatra París - Dakar
22ª 2000   Jean-Louis Schlesser
  Henri Magne
Schlesser-Renault Buggy   Richard Sainct BMW F650RR   Vladimir Chagin Kamaz París - Dakar - O Cairo
21ª 1999   Jean-Louis Schlesser
  Philippe Monnet
Schlesser-Renault Buggy   Richard Sainct BMW F650RR   Karel Loprais Tatra Granada - Dakar
20ª 1998   Jean-Pierre Fontenay
  Gilles Picard
Mitsubishi Pajero   Stéphane Peterhansel Yamaha YZE850T   Karel Loprais Tatra París - Granada - Dakar
19ª 1997   Kenjiro Shinozuka
  Henri Magne
Mitsubishi Pajero   Stéphane Peterhansel Yamaha YZE850T   Peter Reif Hino Dakar - Agadez - Dakar
18ª 1996   Pierre Lartigue
  Michel Perin
Citroën ZX   Edi Orioli Yamaha YZE850T   Viktor Moskovskikh Kamaz Granada - Dakar
17ª 1995   Pierre Lartigue
  Michel Perin
Citroën ZX   Stéphane Peterhansel Yamaha YZE850T   Karel Loprais Tatra Granada - Dakar
16ª 1994   Pierre Lartigue
  Michel Perin
Citroën ZX   Edi Orioli Cagiva Elefant 900   Karel Loprais Tatra París - Dakar - París
15ª 1993   Bruno Saby
  Dominique Seriyes
Mitsubishi Pajero   Stéphane Peterhansel Yamaha YZE850T   Francesco Perlini Perlini París - Dakar
14ª 1992   Hubert Auriol
  Philippe Monnet
Mitsubishi Pajero   Stéphane Peterhansel Yamaha YZE850T   Francesco Perlini Perlini París - Sirte - Cidade do Cabo
13ª 1991   Ari Vatanen
  Bruno Berglund
Citroën ZX   Stéphane Peterhansel Yamaha YZE750T   Jacques Houssat Perlini París - Trípoli - Dakar
12ª 1990   Ari Vatanen
  Bruno Berglund
Peugeot 405 T16   Edi Orioli Cagiva Elefant 900   Villa Perlini París - Trípoli - Dakar
11ª 1989   Ari Vatanen
  Bruno Berglund
Peugeot 405 T16   Gilles Lalay Honda NXR800V París - Tunes - Dakar
10ª 1988   Juha Kankkunen
  Juha Piironen
Peugeot 205 T16   Edi Orioli Honda NXR800V   Karel Loprais Tatra París - Alxer - Dakar
1987   Ari Vatanen
  Bernard Giroux
Peugeot 205 T16   Cyril Neveu Honda NXR750V   Jan de Rooy DAF París - Alxer - Dakar
1986   René Metge
  Dominique Lemoyne
Porsche 959   Cyril Neveu Honda NXR750V   Giacomo Vismara Mercedes-Benz París - Alxer - Dakar
1985   Patrick Zaniroli
  Jean Da Silva
Mitsubishi Pajero   Gaston Rahier BMW GS980R   Karl-Friedrich Capito Mercedes-Benz París - Alxer - Dakar
1984   René Metge
  Dominique Lemoyne
Porsche 911   Gaston Rahier BMW GS980R   Pierre Lalleu Mercedes-Benz París - Alxer - Dakar
1983   Jacky Ickx
  Claude Brasseur
Mercedes 280 G   Hubert Auriol BMW GS980R   Georges Groine Mercedes-Benz París - Alxer - Dakar
1982   Claude Marreau
  Bernard Marreau
Renault 20   Cyril Neveu Honda XR550   Georges Groine Mercedes-Benz París - Alxer - Dakar
1981   René Metge
  Bernard Giroux
Range Rover   Hubert Auriol BMW GS800R   Adrien Villette ALM/ACMAT París - Alxer - Dakar
1980   Freddy Kottulinsky
  Gerd Löffelmann
Volkswagen Iltis   Cyril Neveu Yamaha XT500   Ataouat Sonacome París - Alxer - Dakar
1979   Alain Génestier
  Joseph Terbiaut
Range Rover   Cyril Neveu Yamaha XT500 París - Alxer - Dakar
 
Porsche 959 de René Metge, gañador en 1986.
 
KTM de Cyril Despres, gañadora do 2005.

Meirande número de vitorias editar

Os que obtiveron meirande número de vitorias. Resaltados os que gañaron en máis dunha categoría.

Actualizado a 1 de xaneiro de 2014.

C o c h e s M o t o s C a m i ó n s
piloto nº v. piloto nº v. piloto nº v.
  Stéphane Peterhansel 7   Stéphane Peterhansel 6   Vladimir Chagin 7
  Ari Vatanen 4   Cyril Despres 5   Karel Loprais: 6
  René Metge 3   Cyril Neveu 5   Eduard Nikolaev 4
  Pierre Lartigue 3   Marc Coma 5   Firdaus Kabirov 2
  Carlos Sainz 3   Edi Orioli 4   Francesco Perlini 2
  Nasser Al-Attiyah 3   Richard Sainct 3   Georges Groine 2
  Jean-Louis Schlesser 2   Citroën   Gerard de Rooy 2
construtor nº v. construtor nº v. construtor nº v.
  Mitsubishi 12   KTM 18   Kamaz 17
  Peugeot 7   Yamaha 9   Tatra 6
  Volkswagen 4   BMW 6   Mercedes-Benz 5
  Citroën 4   Honda 5   Perlini 4

Galegos no Dakar editar

 
Gañadores do 2009.

Galegos que participaron no Dakar.

Controversia editar

Científicos denunciaron os danos que o rally provoca ao patrimonio arqueolóxico.[25]

Mortes no Dakar editar

 
Restos do camión no que morreu Van Loevezijn.
 
Thierry Sabine en 1986, ano no que faleceu.

Varios participantes morreron durante a disputa dalgunha das edicións:

  • 1979: Patrick Dodin, motorista, por mor dunha caída.
  • 1982: Bert Oosterhuis, motorista, por mor dunha caída.
  • 1983: Jean Noël Pineau, motorista, por mor dun atropelo.
  • 1986: Yasuo Kaneko, motorista, nun accidente.
  • 1988:[26]
    • Kees Van Loevezijn, copiloto de camión, nun accidente.
    • Patrick Canado, copiloto, nun accidente.
  • 1991: Charles Cabanne, condutor de camión, por un disparo.
  • 1992:
    • Jean Marie Sounillac e Laurent Lle Bourgeois, piloto e copiloto de camión, nun accidente.
    • Gilles Lalay, motorista, por unha caída.
  • 1994: Michel Sansen, motorista, por unha caída.
  • 1996: Laurent Gueguen, condutor de camión, por unha explosión.
  • 1997: Jean Pierre Leduc, motorista, por unha caída.
  • 2003: Bruno Cauvy, copiloto de coche, nun accidente.
  • 2005:
    • José Manuel Pérez, motorista, por unha caída.
    • Fabrizio Meoni, motorista, por unha caída.
  • 2006: Andy Caldecott, motorista, por unha caída.[27]
  • 2007:
    • Elmer Symonds, motorista, por unha caída.[28]
    • Eric Aubijoux, motorista, por un paro cardiaco.[29]
  • 2009: Pascal Terry, motorista, por edema pulmoar.[30]
  • 2012: Jorge Martínez Boero, motorista.
  • 2013: Thomas Bourgin, motorista.
  • 2014: Eric Palante, motorista belga.[31]
  • 2015: Michal Hernik, motorista polaco.[32]
  • 2020:
  • 2021: Pierre Cherpin, motorista francés, por unha caída.[33]

O número de falecidos elévase por enriba da media centena se se engaden as mortes doutras persoas, dende nenos e mulleres de localidades africanas, a mecánicos ou xornalistas que cubrían o evento.

Thierry Sabine, fundador da proba, faleceu en 1986 durante a disputa do rally, ao estrelarse o helicóptero en que viaxaba, xunto a outros catro pasaxeiros.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Vieiros, "Suspenden o rali Lisboa-Dakar pola “ameaza de Al Qaida”", Vieiros, 4 de xaneiro de 2008.
  2. "La organización quiere convertir el Dakar en algo muy extremo" Arquivado 25 de febreiro de 2015 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 31 de decembro de 2009.
  3. Vieiros, "O Dakar 2010 volverá a Arxentina e Chile", Vieiros, 3 de marzo de 2009.
  4. "Dakar Retrospective 1979-2007, 176 páx." (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xullo de 2011. Consultado o 29 de decembro de 2009. 
  5. "Galiciaé, O Lisboa-Dakar suspéndese polas ameazas de Al-Qaeda aos intereses franceses, 04/01/2008". Arquivado dende o orixinal o 02/09/2011. Consultado o 29/12/2009. 
  6. "Carlos Sainz conquista el Dakar" Arquivado 19 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 16 de xaneiro de 2010 (en castelán).
  7. La Voz de Galicia, Coma confirma su triunfo en motos en el Dakar y el sudafricano De Villiers gana el de coches, 18/01/2009.
  8. "Galiciaé, O español Marc Coma conquista o seu segundo Dakar, 17/01/2009.". Arquivado dende o orixinal o 18/01/2009. Consultado o 29/12/2009. 
  9. "El Lago Rosa encumbra a Despres y Peterhansel" Arquivado 13 de marzo de 2016 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 21 de xaneiro de 2007.
  10. "Despres gana el Dakar en motos". Cadena SER (en castelán). 2012-01-15. Consultado o 2020-04-12. 
  11. "Roma entra en la leyenda del deporte español al lograr el triunfo en el Dakar"[Ligazón morta], Xornal de Galicia, 18 de xaneiro de 2004.
  12. "Unha muller gaña o rali París-Dakar", Vieiros, 22 de xaneiro de 2001.
  13. Vieiros, Comeza a aventura de Dakar para Fran Gómez Pallas, 31/12/2004.
  14. Vieiros, Adeus ao Dakar de Fran Gómez Pallas, 05/01/2005.
  15. Vieiros, Agra e Gómez Pallas rematan o Dakar, 16/01/2006.
  16. Vieiros, O carballés Fran Gómez comeza a súa quinta aventura no Dakar, 06/01/2007.
  17. "Finisterre.org Non puido ser, Fran abandona o dakar, 10/01/2007.". Arquivado dende o orixinal o 13/04/2010. Consultado o 29/12/2009. 
  18. Vieiros, Gómez Pallas afronta a parte máis dura do Dakar, 13/01/2009.
  19. Vieiros, O coche galego do Dakar retírase, 11/01/2009.
  20. Conseguindo, por primeira vez, rematar o rally (no posto 86 da clasificación)
  21. "Galicia-Hoxe, Único representante galego no Dakar, 27/12/2009.". Arquivado dende o orixinal o 15/09/2019. Consultado o 29/12/2009. 
  22. El Correo Gallego, Una avería en el Mitsubishi deja fuera al equipo gallego, 14/01/2010
  23.   A Solaina, programa da TVG, do 26/12/2011, a partir do minuto 55:52.
  24. Vieiros, Galiza queda sen representantes no Dakar, 12/01/2007.
  25. Colegio de Arqueólogos alerta por daños del Rally Dakar Arquivado 09 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., 10/12/2011 (en castelán).
  26. Las dos muertes ocurridas en esta edición ponen en peligro el futuro de la prueba africana, ABC, 12/01/1988.
  27. El desierto se cobra otra vida, Faro de Vigo, 10/01/2006.
  28. El Dakar se cobra la vida del sudafricano Elmer Symonds Arquivado 23/01/2015, en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 09/01/2007.
  29. Fallece el francés Aubijoux de un paro cardiaco en el Dakar, Faro de Vigo, 20/1/2007.
  30. Morre o motorista Pascal Terry no Dakar 2009 Arquivado 16 de marzo de 2012 en Wayback Machine., Galiciaé, 7/1/2009.
  31. "Muere el piloto de motos belga Eric Palante..." El Ideal Gallego (en castelán).
  32. "Muere en el Dakar el piloto polaco de motos Michal Hernik" Marca, 6/1/2015 (en castelán).
  33. "Muere el piloto Pierre Cherpin, que sufrió una caída en la séptima etapa del Dakar". Marca (en castelán). 15 de xaneiro de 2021. Consultado o 15 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar