Moalde, Silleda
San Mamede de Moalde é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 192 habitantes (102 mulleres e 90 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 267 habitantes.
Moalde | |
---|---|
Igrexa de San Mamede de Moalde. | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°42′53″N 8°19′18″O / 42.71464249, -8.3217016 |
Poboación | 192 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e patrimonio
editarOs primeiros vestixios de poboamentos en Moalde atópanse no lugar de Eirexe, onde hai un castro con máis de dous mil anos. A igrexa de San Mamede de Moalde, edificada en 1829, ten fachada neoclásica e unha torre-campanario de máis de vinte metros de altura, das máis altas da comarca. Nas proximidades desta, atópanse un cruceiro do século XVII e a capela de San Xosé.
Destaca tamén o Monte San Sebastián, cunha ermida dedicada a este santo e desde onde se ten unha gran panorámica do val de Trasdeza, podendo verse o Pico Sacro e o monte Faro.Recibe tamén o nome de Miradoiro da Rocha.
Nesta parroquia naceu o sindicalista Adrián Troitiño.
Galería de imaxes
editar-
Teleclub de Moalde.
-
Cruceiro de Moalde.
-
Capela en Moalde.
Lugares e parroquias
editarLugares de Moalde
editarLugares da parroquia de Moalde no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
Cabana | Casamaría | Costela | Eirexe | Lis | A Meda | Outeiro | A Portela | Quinteiro | Rabo de Gato | Ribas | San Xosé | Xindiriz |