Miguel Anxo Araúxo Iglesias
Miguel Anxo Araúxo Iglesias, nado o 10 de xaneiro de 1920 en Sabadelle (O Pereiro de Aguiar) e finado o 22 de xullo de 2007 en Ourense, foi un bispo e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Miguel Ángel Araújo Iglesias xaneiro de 1920 España |
Morte | 22 de xullo de 2007 (87 anos) Ourense, España |
Bispo de Mondoñedo-Ferrol | |
2 de xullo de 1970 – 20 de maio de 1985 ← Jacinto Argaya Goicoechea – José Gea Escolano → Diocese: Diocese de Mondoñedo-Ferrol | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1970–), sacerdote católico (1945–) |
Membro de | |
Consagración | Fernando Quiroga Palacios |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarCarreira eclesiástica
editarIniciou os seus estudos de bacharelato no Instituto de Ourense e proseguiunos en 1932 na Universidade Pontificia de Comillas onde obtivo a licenciatura en Filosofía (1941) e Teoloxía (1945). Foi consagrado sacerdote en Comillas en xullo de 1945. Trasladado como crego a Ourense, foi profesor de Teoloxía no seminario desa cidade e reitor del entre 1956 a 1966.
O 6 de setembro de 1970 foi ordenado bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, nunha cerimonia presidida polo cardeal de Santiago, Fernando Quiroga Palacios. O acto da súa ordenación episcopal foi realizado na catedral de Ourense, e por primeira vez na historia[Cómpre referencia] da Igrexa en Galicia, en galego. O día 13 dese mes entrou oficialmente na catedral de Mondoñedo. Durante o seu período como bispo de Mondoñedo-Ferrol tocoulle vivir a transición e as cerimonias funerais dos obreiros Amador Niebla e Daniel Rey, mortos en enfrontamentos coa policía, que condenou nunha homilía. Foi coñecido polas súas ideas progresistas e a prol dunha maior presenza da lingua galega na Igrexa católica. En 1985 a Santa Sé concedeulle a xubilación anticipada.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Jacinto Argaya Goicoechea |
Bispo de Mondoñedo - Ferrol 1970-1987 |
Sucesor: José Gea Escolano |
Escritor e tradutor
editarFoi un grande impulsor dos textos relixiosos en galego, e presidiu a comisión técnica encargada da tradución do Misal romano ao galego. Traballou tamén na versión dos Rituais sacramentais e preparou un devocionario popular en lingua galega. Publicou diversas pastorais no boletín do bispado de Mondoñedo-Ferrol e outros textos de pensamento cristián, e colaborou en diversos xornais como La Voz de Galicia ou La Región e revistas como Irimia, Encrucillada, Raigame ou Estudios Mindonienses.
O 30 de maio de 1980 ingresou na Real Academia Galega para ocupar a cadeira que deixara vacante Ramón Otero Pedrayo, co discurso A igrexa de Mondoñedo nas súas Sinodais, que foi respondido por Ramón Piñeiro[1].
Entre as súas obras destacan:
- A fe cristiá ante a cuestión da lingua galega (1975, SEPT).
- Escritos cristiáns sobre problemas, personaxes e conflictos de Galicia (1987, Ediciós do Castro).
- Palabras para os amigos (1989).
- Escritos pastorais (1990).
- Oracional galego (1991, en colaboración con Ramiro González Cougil.
- Memoria de vida (1993).
- Os bispos de Galicia e o Concilio Vaticano II (1996)..
Sucesión apostólica
editar- Miguel Anxo Araúxo Iglesias (1968)
- Fernando Quiroga Palacios (1946)
- Antonio García García (1930)
- Federico Tedeschini (1921)
- Giacomo della Chiesa (1907)
- Giuseppe Melchiorre Sarto (1884)
- Constantino Patrizi Naro (1828)
- Carlo Odescalchi (1823)
- Giulio Maria della Somaglia (1788)
- Hyacinthe-Sigismond Gerdil (1777)
- Marcantonio Colonna (1762)
- Carlo della Torre Rezzonico (1743)
- Prospero Lorenzo Lambertini (1724)
- Pietro Francesco Orsini (1675)
- Paluzzo Paluzzi Altieri degli Albertoni (1666)
- Ulderico Carpegna (1630)
- Luigi Caetani (1622)
- Ludivico Ludovisi (1621)
- Galeazzo Sanvitale (1604)
- Girolamo Bernerio (1586)
- Giulio Antonio Santorio (1566)
- Scipione Rebiba (1541)
Premios e honras
editarNotas
editar- ↑ Araúxo Iglesias, M. A. (1980). A igrexa de Mondoñedo nas súas Sinodais. Real Academia Galega.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Araujo Iglesias, Miguel Ángel". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 38. ISBN 84-8064-113-4.
- F. Freixanes, Víctor (1976). Unha ducia de galegos. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-248-X.