Jacinto Argaya Goicoechea, nado en Bera o 28 de novembro de 1903 e finado en Valencia o 12 de marzo de 1993, foi un bispo católico navarro.

Jacinto Argaya Goicoechea
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1903 en Bera, Navarra
Pasamento12 de marzo de 1993 en Valencia
Ordes
Ordenación sacerdotal2 de xuño de 1928
Consagración episcopal26 de outubro de 1972, por Marcelino Olaechea
Bispo de Donostia
1968 - 1979
PredecesorLorenzo Bereciartua
SucesorJosé María Setién
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria Editar

Foi nomeado bispo auxiliar de Valencia o 15 de agosto de 1952, recibindo a ordenación episcopal o 26 de outubro de mans do arcebispo Marcelino Olaechea. O 27 de outubro de 1957 foi nomeado bispo de Mondoñedo. Participou en todas as sesións do Concilio Vaticano II sen ausentarse, xunto co cardeal Pericle Felici, ningún día dos que durou. Tomou posesión como bispo de Donostia o 10 de decembro de 1968.

Como bispo de Donostia publicou o 22 de novembro de 1970 unha carta pastoral co gallo do proceso de Burgos, asinada conxuntamente co administrador apostólico de Bilbao, José María Cirarda. Nela pedían que o xuízo non se celebrara baixo xustiza militar senón baixo tribunais ordinarios, e condenando toda violencia sen importar a súa orixe. Aínda que recibiron moitas críticas de sectores afíns ao réxime, a Conferencia Episcopal Española emitiu unha declaración de apoio aos prelados.[1]

Cesou, por renuncia no cargo, o 17 de febreiro de 1979.

Notas Editar

  1. MARÍN, José María; MOLINERO, Carme (2001). Ediciones AKAL, ed. Historia política de España, 1939-2000 2. p. 194. ISBN 9788470903199. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Mariano Vega Mestre
 
 
Bispo de Mondoñedo-Ferrol
 
1957 - 1968
Sucesor:
Miguel Anxo Araúxo Iglesias
Predecesor:
Lorenzo Bereciartúa
 
 
Bispo de San Sebastián
 
1968 - 1979
Sucesor:
José María Setién