Manuel Luís Acuña

xornalista e poeta galego
(Redirección desde «Manuel Luis Acuña»)

Manuel Luís Acuña Sarmiento, nado en Sobrado (A Pobra de Trives) o 3 de outubro de 1899 e finado en Ourense o 19 de agosto de 1975, foi un xornalista e poeta galego.

Modelo:BiografíaManuel Luís Acuña

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1899 Editar o valor en Wikidata
Sobrado, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de agosto de 1975 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
BNE: XX823441 BUSC: acuna-manuel-luis-1900-1975

Traxectoria

editar
 
1933, Ourense. Banquete galeguista homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña. Na foto, entre outros: Risco, Ramiro Isla, Leuter González, Cunqueiro, Otero Pedrayo, María Luz Morales, Blanco Amor, Xoán L. Ramos Colemán e Manuel Peña Rei.

Fillo e neto de mestres, en 1920 trasladouse a Allariz coa familia. Tras facer maxisterio por libre, ingresou en 1928 no Corpo Nacional de Maxisterio, e exerceu en Tibiás (O Pereiro de Aguiar), A Coruña e Madrid. Na Coruña foi profesor da Escola de Insiño Galego creada polas Irmandades da Fala.[1] Colaborou en Faro de Vigo, Vida Gallega e Nós e dirixiu o periódico El Momento da Coruña en 1930. Codirixiu con Xohán Luís Ramos Colemán a páxina cultural "Viernes Literarios" de La Región e foi membro do consello de redacción de Escuela del Trabajo.

Militante do Partido Galeguista, trala Guerra Civil española foi vítima da depuración franquista do maxisterio, polo que se viu obrigado a dedicarse ao ensino privado. Foi profesor da Academia Mercantil de Ourense.[2] Reintegrado ao Maxisterio, foi nomeado mestre do S. G. do Couto (Ourense) en 1967.[3]

Integrante da Xeración do 31, é autor dun único libro, Fírgoas, publicado pola editorial Nós en 1933.[4] A comezos do século XXI, entre 2002 e 2003, foi incluído na Biblioteca Galega 120. Colaborou en Vieiros.

Galería de imaxes

editar
  1. Ínsua, Emilio Xosé (venres, 6 de maio de 2016). "As “Escolas do Insiño Galego”: unha experiencia pedagóxica das Irmandades da Fala". A Ínsua do Ínsua. Consultado o 2022-07-19. 
  2. El Pueblo Gallego, 10-4-1943, p. 6.
  3. El Pueblo Gallego, 25-1-1967, p. 17.
  4. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar