Abrir o menú principal

Manuel Peña Rey

médico e político galego
(Redirixido desde "Manuel Peña Rei")

Manuel Peña Rey, nado en Cerdedo-Cotobade en 1899 e finado en Ourense o 30 de abril de 1957, foi un médico e político galego.

Manuel Peña Rey
Manuel Peña Rey 1935.jpg
Nacemento1899
 Cerdedo-Cotobade
Falecemento30 de abril de 1957
 Ourense
SoterradoCemiterio de S. Francisco de Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

 
1933, Ourense. Banquete galeguista homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña. Na foto, entre outros: Risco, Ramiro Isla, Leuter González, Cunqueiro, Otero Pedrayo, María Luz Morales, Blanco Amor, Xoán L. Ramos Colemán e Manuel Peña Rei.

Médico xinecólogo discípulo de Manuel Varela Radío. Estableceuse en Ourense en 1918. Na II República foi director do Hospital Provincial (1931-1934) e presidente do Colexio de Médicos. Militante galeguista, chegou a ser presidente do Partido Nacionalista Republicano de Ourense (PNRO), e fixo campaña pola Fronte Popular nas eleccións de 1936. Volveu ser director do Hospital Provincial en 1936.

Foi destituído en agosto de 1936 xunto con Vázquez de Parga. Estivo encarcerado no Carballiño durante unha tempada. Tardou máis de 8 anos en ser rehabilitado.

Foi pai do histórico dirixente do Partido Comunista de Galicia, Manuel Peña-Rey Bouzas.[1]

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar

NotasEditar