Abrir o menú principal

Xohán Luís Ramos Colemán

político español
(Redirixido desde "Xoán Luís Ramos Colemán")

Juan Luís Ramos Pérez-Colemán, coñecido como Xohán Luís Ramos Colemán, nado en Ourense e finado o 4 de febreiro de 1999[1], foi un notario e político galeguista.

Xohán Luís Ramos Colemán
Nome completoJuan Luís Ramos Pérez-Colemán
Nacementoséculo XX
 Ourense
Falecemento4 de febreiro de 1999
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
IrmánsAnxelo Ramos Colemán
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Juan Ramos Cerviño e María Pérez Colemán, sobriño de Jaime Pérez Colemán e irmán de Anxelo Ramos Colemán. Codirixiu con Manuel Luís Acuña a páxina cultural "Viernes Literarios" de La Región. Militante do Partido Galeguista dende a súa Asemblea fundacional en decembro de 1931, foi membro fundador da Federación de Mocedades Galeguistas, da que foi secretario de Propaganda. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1934. Na Guerra Civil foi tenente de infantería. Foi notario en Ocaña (1950), Ponferrada (1963) e Xixón (1968-1976).

Vida persoalEditar

Casou con Laura Villanueva Guitián.

NotasEditar

Véxase taménEditar