Linguas de Colombia

Máis do 99,2% dos colombianos falan a lingua castelá; tamén se falan no país 65 linguas indíxenas, dúas linguas crioulas e o romaní. O inglés ten status oficial no Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina.[1][2][3]

Incluíndo o castelán, a base de datos Ethnologue nomea 101 linguas en Colombia. O número específico de linguas faladas varía lixeiramente xa que algúns autores consideran linguas diferentes o que outros consideran variedades ou dialectos da mesma lingua. As mellores estimacións numeran en 71 linguas as faladas no país, a maioría delas pertencentes ás familias lingüísticas chibcha, tucana, bora–witoto, guahibana, arauaca, caribe, barbacoana e salibana. Estímase que o número de falantes de linguas indíxenas rolda os 850 000.[4][5]

As 65 linguas indíxenas que existen no presente poden ser agrupadas en 12 familias lingüísticas e 10 linguas illadas, aínda non clasificadas.[1] As doce familias lingüísticas son a chibcha, de probable orixe centroamericana, as grandes familias suramericanas arauaca, caribe, quechua e tupí, sete familias só presentes a nivel rexional (chocó, guahibana, salibana, makú, witoto, bora, tucana). As linguas illadas máis importantes son o andoque, o cofán, o camsá, o páez, o ticuna, o tinigua, o yagua e o yurí.[1]

Clasificación editar

Nesta táboa aparecen clasificadas as linguas de Colombia, agrupadas en 11 familias indíxenas (as linguas bora e witoto aparecen xuntas) e as de orixe indoeuropeo. Tamén aparecen as linguas illadas e sen clasificar. As linguas mortas están sinaladas con símbolo (†).

Clasificación das linguas indíxenas de Colombia
Familia lingüística Grupo Lingua Territorio
Arauacas
Arauacas do norte Achagua Meta
Baniwa Río Içana
Cabiyari Mirití-Paraná
Kurripako Río Içana
Maipure (†) Vichada
Piapoco Guainía, Vichada, Meta
Yucuna Mirití-Paraná
Wayuu La Guajira
Barbacoanas
Awa Awá pit Nariño
Pasto (†) Nariño
Muellama (†) Nariño
Coconucos Coconuco (†) Cauca
Guambiano Cauca
Totoró Cauca
Bora-witoto
Bora Bora Amazonas
Miraña Amazonas
Muinane Amazonas
Witoto Meneca-murui Amazonas
Nonuya Amazonas
Ocaina Amazonas
Caribes Norte Costeiro Yukpa Cesar
Opón-carare (†) Santander
Sur Sueste de Colombia Carijona Amazonas, Guaviare
Chibchas Magdalénico Arhuaco Arhuaco Cesar, Magdalena
Atanque Cesar
Kogui Magdalena
Tairona Magdalena, La Guajira, Cesar
Wiwa Cesar
Cundicocúyico Duit (†) Boyacá
Muisca (†) Cundinamarca, Boyacá
Guane (†) Santander
U'wa ARA, BOY, NSA, SAN
Barí Barí Cesar, Norte de Santander
Chimila Chimila Magdalena
Ístmico Guna Guna Golfo de Urabá, río Atrato
Chocó
Emberá Emberá Rexión do Pacífico de Colombia
Waunana Wounaan Chocó, Cauca, Valle del Cauca
Guahibana
Norte Macaguán Arauca
Churuya (†) Meta
Central Guahibo Meta, Vichada, Arauca, Guainía, Guaviare
Cuiba Casanare, Vichada, Arauca
Sur Guayabero Meta, Guaviare
Indoeuropeas Itálicas Castelán En todo o país
Xermánicas Inglés San Andrés e Providencia
Indoirania Romaní Principais cidades
Nadahup Norte Kakwa-nukak Kakwa Ríos Papuri e Vaupés
Nukak Guaviare
Puninave Puinave Guainía
Nadajup Jup Yujup Ríos Japurá e Tiquié
Jupda Ríos Papuri e Tiquié
Quechuas
Quechua II Chinchay (Q II-B) Kichwa Cauca, Nariño, Putumayo
Piaroa-salibanas Salibanas Saliba Arauca, Casanare
Piaroa Piaroa Vichada
Wirö Vichada
Tucanas Occidental Noroccidental Koreguaje Río Orteguaza
Macaguaje (†)
Yauna (†)
Siona Río Putumayo
Central Norte Cubeo Vaupés, Cuduyarí
Querarí, Pirabotón
Sur Tanimuca Guacayá, Mirití
Oikayá, Aporis
Leste Norte Piratapuya Papurí
Tucano (pisamira) Papurí, Caño Paca
Wanano Vaupés
Central Waimajã Colorado, Fríjol
Lobo, Tiquié
Desano Vaupés
Siriano Vaupés
Tatuyo Vaupés
Tuyuca Tiquié
Yurutí Vaupés
Sur Barasana Vaupés
Carapana Vaupés
Macuna Vaupés
Tupís
Tupí-guaraní Cocama–omagua Cocama Putumayo
Illadas
Andoque río Japurá
Ticuna Leticia, Puerto Nariño
Betoi (†) Casanare
Camsá Putumayo
Cofán Nariño, Putumayo
Tinigua Meta, Caquetá
Pamigua (†) Meta
Sen clasificar
Páez Cauca, Huila, Valle del Cauca
Andaquí (†) Caquetá
Colima (†) Cundinamarca
Malibú (†) Tamalameque, Tenerife
Mocana (†) Cartaxena de Indias
Muzo (†) Cundinamarca
Panche (†) Cundinamarca
Pijao (†) Tolima
Yarí Caquetá
Yurí (†) Amazonas

Linguas de sinais editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Languages of Colombia" (en castelán). banrepcultural.org. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2013. Consultado o 9 de outubro de 2013. 
  2. "Jon Landaburu, Especialista de las lenguas de Colombia" (en castelán). ambafrance-co.org. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2013. Consultado o 9 de outubro de 2013. 
  3. "Map of the languages of Colombia" (en castelán). lenguasdecolombia.gov.co. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2013. 
  4. "The Languages of Colombia". Ethnologue.com. Consultado o 16 de maio de 2010. 
  5. "Native languages of Colombia" (en castelán). lenguasdecolombia.gov.co. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2014. Consultado o 25 de marzo de 2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar