Lingua kogui
O kogui[3] é unha lingua chibcha falada polo pobo kogui que habita na Serra Nevada de Santa Marta. Hai polo menos 7 739 falantes, o 84,37% dos kogui, a maioría deles monolingües.[1] A porcentaxe de alfabetismo é do 18,34%.[1]
Kogui Kággaba | ||
---|---|---|
Falado en: | Colombia | |
Rexións: | Serra Nevada de Santa Marta | |
Total de falantes: | 7 739 (2005)[1] | |
Familia: | Americana Chibcha Arhuaco-chimilla Arhuaco Kogui | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Colombia | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | kog | |
ISO 639-3: | kog
| |
Mapa | ||
Status | ||
Sintaxe
editarEn xeral, esta lingua emprega a estrutura lingüística suxeito-obxecto-verbo:[4]
- /saka a'tema hi'ungula stuĩ/
- {saka/a'-tema/hi'u+ngula/stuĩ}
- //lúa/grande/camiño/alumear//
- "A lúa chea alumea o camiño"[3]
Unha oración sen suxeito explícito adquire unha aparencia de obxecto-suxeito-verbo, polo prefixo e persoa do verbo:
- /bi'giʒa nak'luni/
- {bi'giʒa/nak'-luni}
- //piña/1PS-desexar//
- "Quero piña"
A composición das palabras realízase unindo os lexemas con afixos diferentes de clasificación, número, xénero, énfase, tempo, modo e caso. Preséntanse os casos nominativo, alativo, acusativo, dativo, locativo e xenitivo.[3]
Fonología
editarA lingua kogui presenta 31 fonemas, 12 vogais e 19 consoantes:[4][5]
- Vogais
Anteriores Centrais Posteriores oral nasal oral nasal oral nasal Pechadas i (ĩ) ɨ (ɨ̃) u (ũ) Medias e (ẽ) (ə) o Abertas a (ã)
Para a lingüista Carolina Ortiz a nasalización das vogais é un fenómeno suprasegmental, orixinado na presenza da consoante nasal alveolar /n/, xa que as vogais nasais preséntanse en contextos nasais. Encontra, en poucas palabras, o fonema /o/ e non rexistra /ə/ como fonema.[3]
- Consoantes
labiais alveolares palatais velares glotais Oclusivas xordas p t (c) k ʔ sonoras b d g Nasais m n ŋ Fricativas xordas s ʃ x h sonoras z ʒ lateral l aproximantes w j
Carolina Ortiz inclúe a oclusiva palatal xorda /c/ como fonema.[3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Ministerio de Cultura (2010) Os kaggabba, os guardiáns da harmonía do mundo. Bogotá.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Ortiz Ricaurte, Carolina (2000) La lengua kogui. Fonología y morfosintaxis nominal Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.; Lenguas Indígenas de Colombia, una visión descriptiva; Bogotá: Instituto Caro y Cuervo.
- ↑ 4,0 4,1 Huber, Randall Q. & Robert B. Reed (1992) Vocabulario comparativo. Palabras selectas de lenguas indígenas de Colombia: XVII. Bogotá: Instituto Lingüístico de Verano. ISBN 958-21-0037-0
- ↑ Gawthorne, Linda & Grace Hensarlin (1984) "Fonología del cogui"; Sistemas fonológicos de idiomas colombianos 5 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.: 5-56. Lomalinda: Editorial Townsend. ISBN 088312680X