Pobo kogui
Os koguis (tamén chamados kágaba, que significa xaguar en lingua kogui) son un pobo indíxena que habita na Serra Nevada de Santa Marta. A súa civilización mantívose continua dende a era precolombiana. A lingua kogui pertence á familia de linguas chibchas.
Pobo kogui | |
---|---|
Xamáns kogui. | |
Poboación | |
Poboación total: 15 820 (censo de 2018)[1] | |
Rexións principais: | |
Colombia | Serra Nevada de Santa Marta |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua kogui |
Relixión | crenzas tradicionais |
Grupos relacionados | Pobo arhuaco, pobo kankuamo |
Historia
editarOs koguis son descendentes da cultura tairona, que floreceu antes dos tempos da conquista española das nacións chibchas. Os taironas foron unha civilización avanzada que construíu moitas estruturas e camiños de pedra na xungla. Fixeron moitos obxectos de ouro que colgaban das árbores e arredor dos seus pescozos. Vivían dun xeito non moi diferente a como o fan no presente os koguis. Antes de que chegaran os conquistadores españois, os taironas foron forzados a trasladarse ás terras altas cando os caribes invadiron o territorio arredor do ano 1000. A decisión de moverse ás montañas proporcionoulles moitos beneficios estratéxicos cando os españois entraron na actual Colombia no século XV. En 1498, os españois chegaron ó norte de Colombia, onde comezaron a escravizar ós pobos indíxenas. Amedrentados polos soldados e os cans, os taironas permaneceron illados. Porén, moitos dos seus sacerdotes foron aforcados, as súas mulleres foron raptadas e violadas e moitos nenos foron forzados a aceptar a educación española. Pouco despois, chegaron misioneiros que comezaron a influenciar o seu estilo de vida, construíndo capelas e igrexas nas súas vilas para convertelos. Dende entón, os koguis permaneceron no seu fogar das montañas, o que lles permitiu escapar dos peores efectos da colonización e os axudou na preservación do seu modo de vida tradicional.[2]
Notas
editar- ↑ DANE (ed.). "Población indígena de Colombia. Resultados del Censo Nacional de Población y Vivienda 2018" (PDF) (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021.
- ↑ Federal Research Division of the Library of Congress
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo kogui |
Bibliografía
editar- Gómez, FFG (2013). "Learning and adaptation as conservation practices in resilient traditional socio-ecological systems: The Elder Brothers of Sierra Nevada de Santa Marta" (PDF). Revista de Tecnología 12 (1): 99–109. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 07 de abril de 2017.
- Reichel-Dolmatoff, Gerardo (1978). "The Loom of Life: A Kogi Principle of Integration". Journal of Latin American Lore 4 (1): 5–27.
- Reichel-Dolmatoff, Gerardo (1976). "Cosmology as Ecological Analysis: A View from the Rainforest". The Huxley Memorial Lecture 11 (3): 307–318.
- Reichel-Dolmatoff, Gerardo (1971). Amazonian cosmos;: The sexual and religious symbolism of the Tukano Indians. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 0226707318.