Lingua duit

lingua morta falada polos muiscas de Colombia

A lingua duit é unha lingua morta da familia chibcha, que foi falada polos muiscas que habitaban na actual Boyacá, Colombia. A lingua aparece no nome moderno do asentamento precolombiano de Duitama e no seu último gobernante, Tundama.[1]

Duit
Falado en: Colombia
Rexións: Boyacá
Total de falantes:
Familia: Americana
 Chibcha
  Muisca
   Duit
Escrita: numeración muisca
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: qrx
Mapa
Status

Descrición editar

A lingua é coñecida só por un único fragmento analizado polo estudoso Ezequiel Uricoechea en 1871. O lingüista mencionou que o texto analizado era parte dunha obra máis grande que aínda non foi atopado. A partir do curto texto, queda claro que a lingua duit diferenciábase lixeiramente da lingua chibcha dominante na rexión, o muisca, falada polos muiscas no Altiplano Cundiboyacense.[2]

Xa que o muisca non tiña forma escrita, agás polos numerais, non existen textos escritos en lingua duit.[3]

Comparación co muisca e numerais editar

Galego Duit Muisca Numerais segundo Acosta, Humboldt e Zerda
un atia ata
 
dous bocha bosa
tres meia mica
Sol sa súa
Lúa tia chía
estrela cúrcha fagua[4]
Terra coga quica

Notas editar

  1. (en castelán) Biography Cacique Tundama - Pueblos Originarios
  2. Uricoechea, Ezequiel (1871). Gramática, vocabulario, catecismo y confesionario de la lengua chibcha, según antiguos manuscritos anónimos e inéditos. 
  3. Izquierdo Peña, 2009
  4. (en castelán) fagua - Muysccubun online dictionary

Véxase tamén editar

Bibliografía editar