Lingua de sinais de Providencia

A lingua de sinais da Illa de providencia (tamén coñecida como Provisle) é unha lingua de sinais utilizada na comunidade xorda da pequena illa de Providencia, no oeste do mar Caribe. A illa ten arredor de 5 000 habitantes, entre os cales existe unha infrecuente proporción de xordos (5 de cada 1 000).[2]

Lingua de sinais de Providencia
Provisle
Utilizado en: Colombia
Total de usuarios: 19 xordos (1986)
Coñecida pola maioría da poboación da illa.
Familia: Providencia–Cayman?[1]
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2:
ISO 639-3: prz
Mapa
Status

Crese que a lingua de sinais xurdiu a finais do século XIX ou comezos do XX. Os estudos sociolóxicos suxeriron que as persoas xordas na illa son consideradas como inferiores en canto a habilidade mental; as persoas oíntes non falan con eles sobre ideas complexas e mantéñennas nunha posición social marxinal. Se cadra esta é a razón pola cal a lingua de sinais de Providencia é máis sinxela en comparanza con outras linguas de sinais. Outra posibilidade do estado da lingua é que poucas persoas xordas se comunican de maneira directa, o que significa que case todos os sinais está mediados pola poboación oínte.[3]

Notas editar

  1. Hammarström, Harald; Forke, Robert; Haspelmath, Martin; Bank, Sebastian, eds. (2020). "Providencia Sign Language". Glottolog 4.3. 
  2. Lattig MC, Gelvez N, Plaza SL, Tamayo G, Uribe JI, Salvatierra I, Bernal JE, Tamayo ML (2008). "Deafness on the island of Providencia - Colombia: different etiology, different genetic counseling.". Genetic Counseling 19 (4): 403–12. PMID 19239084. 
  3. Meir, Irit; Sandler, Wendy; Padden, Carol; Aronoff, Mark (2010). "Chapter 18: Emerging sign languages" (PDF). En Marschark, Marc; Spencer, Patricia Elizabeth. Oxford Handbook of Deaf Studies, Language, and Education. vol. 2. Nova York: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-539003-2. OCLC 779907637. Consultado o 2016-11-05. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Woodward, James. Attitudes toward deaf people on Providence Island, Journal article in: Sign Language Studies 7:18 (1978), pp. 49–68
  • Woodward, James. Sign languages — Providence Island, in Gallaudet encyclopedia of deaf people and deafness. Nova York: McGraw-Hill, 1987., vol.3, pp. 103–104.
  • Washabaugh, William; Woodward,James; DeSantis, Susan (1978): "Providence Island Sign: A Context-Dependent Language". In: Anthropological Linguistics, vol. 20, 95-109.