Lingua tinigua

lingua indíxena seriamente en perigo que se fala en Colombia

A lingua tinigua (ou tiniguas) é unha lingua indíxena seriamente en perigo que se fala en Colombia. No ano 2000, o tinigua só tiña dous falantes nativos, ámbolos dous varóns, no departamento de Meta, entre os ríos Guayabero e Yari. En 2013, o número reduciuse a só un.[3] O tinigua pertence á pequena familia lingüística tinigua-pamigua xunto coa exinta lingua pamigua.

Tinigua
Outros nomes:Tiniguas
Falado en: Colombia
Rexións: Meta
Total de falantes: 1 (2013)[1]
Familia: Tinigua-pamigua
 Tinigua
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: tit
Mapa
Status

O tinigua está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

Notas editar

  1. "A lingua tinigua en Ethnologue". Consultado o 17 de abril de 2021. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Tobal, Juan Pablo (21 de febreiro de 2013). "El último Tinígua" (en castelán). La Voz. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar