A lingua pijao (tamén coñecida como piajao ou pinao) é unha lingua indíxena americana sen clasificar que foi falada polo pobo pijao até a década de 1950, momento no que se extinguiu. Era falada nas vilas de Orrega, Coyaima (Koyai, Tupe) e Natagaima, no val do río Magdalena.

Pijao
Outros nomes:piajao ou pinao
Falado en: Colombia
Rexións: Tolima
Extinción: década de 1950
Familia: Sen clasificar
 Pijao
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: pij
Mapa
Status

O pijao está clasificado como extinto polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

En 1943, recolleuse unha pequena lista de vocabulario, composto de 30 palabras e expresións, que son as únicas que se coñecen da lingua. Algunhas das palabras que semellan ser caribes semellan ser préstamos, e os topónimos do territorio pijao tamén son caribes.

Vocabulario editar

Sociedade
Galego Pijao
muller nuhúgi
home oréma
man ñáma
arco homéro
beber sumén
canoa čaguála
casa nasés
vermello orái
Animais
Galego Pijao
can kahírre
crocodilo alamán
xaguar yaguáde
cobra toléma
Natureza
Galego Pijao
árbore amé
auga tána
estrela hoté
lúa núna
sol huíl
mandioca golúpa
tabaco ténu
pedra tápe
Anatomía
Galego Pijao
dente tínki
ollo lún
orella oléma
pegil

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.