Abrir o menú principal

Juana Teresa Juega López, nada en Laxe o 8 de abril de 1885 e finada en Melide o 3 de decembro de 1979, foi unha poeta galega en lingua galega e lingua castelá.

Juana Teresa Juega López
Juana Teresa Juega López.jpg
Nacemento8 de abril de 1885
 Laxe
Falecemento3 de decembro de 1979
 Melide
SoterradoCemiterio do Castelo
NacionalidadeEspaña
Relixióncatólica
Ocupaciónpoeta
PaiRamón Juega Charlín
CónxuxeEmilio Pereiro Quiroga
FillosEmilio, Luis, Teresa e Carlos
Xénerospoesía
OrganizaciónAcción Católica e CEDA
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Filla do médico Ramón Juega Charlín, dos cinco aos trece anos de idade viviu en Tacuarembó, Uruguai, de onde procedía súa nai. De volta a Galicia a familia instalouse na Coruña onde o seu pai rexentaba un balneario. Juana publicou versos (algúns en galego) a partir de 1904 en El Eco de Galicia e en El Compostelano.

A poeta tiña preparado un libro de poemas con prólogo de Leopoldo Pedreira Taibo e dedicatoria-presentación de José María Riguera Montero, titulado Alma que llora, cousa que non era do agrado do seu noivo, José Morales Vilar, militar. En marzo de 1908 o tenente disparou varias veces contra ela,[1] feríndoa gravemente, e a continuación suicidouse. O libro nunca chegou a publicarse.

Dous anos despois Juana casou con Emilio Pereiro Quiroga, avogado de Melide, co que tivo catro fillos, residindo sucesivamente en Caldas de Reis, Arzúa, Palas de Rei, Melide e Santiago de Compostela. Durante a guerra civil española Juana, membro de Acción Católica e activista a prol da CEDA,[2] colaborou en manifestacións e actos a favor do franquismo.[3]

O seu poema "A morte" aparece na antoloxía de Uxío Carré Aldao de 1911[4] e o seu sobriño-neto, José-Maria Monterroso Devesa, fixo unha recompilación da súa obra, de máis de setenta composicións, oito delas en galego, que se publicou no ano 2000[3] no Boletín do Centro de Estudos Melidenses. Museo da Terra de Melide nº 13.

NotasEditar

  1. "Tragedia amorosa" El Diario de Pontevedra 7/3/1908 (en castelán).
  2. Amor, Amara (1990). "J. Teresa Juega: poeta esquecido". Festa da Palabra Silenciada n.º 7, pp. 113-116. ISSN 1139-4854.
  3. 3,0 3,1 Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. p. 224-225. ISBN 978-84-8341-146-9. 
  4. Carré (1911). Literatura gallega con extensos apéndices bibliográficos y una gran antología de 300 trabajos escogidos en prosa y verso de la mayor parte de los escritores regionales gallegos, p. 281-282.

Véxase taménEditar