Hierápolis /ˌhəræpəlɪs/ (grego antigo: Ἱεράπολις,lit. "Cidade santa") foi unha antiga cidade situada nun manancial de augas termais na Frixia clásica no suroeste de Anatolia. As súas ruínas están ao carón da moderna Pamukkale en Turquía e actualmente forman parte dun museo arqueolóxico designado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Modelo:Xeografía físicaHierápolis
(el) Ιεράπολις Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
EpónimoHiera (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deHierápolis-Pamukkale (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaHierápolis-Pamukkale (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaPamukkale, Turquía (en) Traducir e Denizli, Turquía (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónFrixia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 37°55′30″N 29°07′33″L / 37.925, 29.1258
Características
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data1988 (12ª Sesión)

Páxina webpamukkale.gov.tr… Editar o valor en Wikidata

As fontes termais utilízanse como spa desde o século II a.C, moitos clientes retiráronse ou morreron alí. A gran necrópole está chea de sarcófagos, o máis famoso o de Marcus Aurelius Ammianos, ten un relevo que representa o primeiro exemplo coñecido dunha manivela e un mecanismo de biela.

Parte do sitio arqueolóxico de Hierápolis

Os grandes baños construíronse con grandes bloques de pedra sen usar cemento e consistían en varias seccións pechadas ou abertas unidas entre elas. Hai nichos profundos na sección interior, [Cómpre clarificar] incluíndo os baños, a biblioteca e gymnasium.

Xeografía

editar

Hierápolis está situada no val do río Büyük Menderes (o Meandro clásico) adxacente ás modernas cidades turcas de Pamukkale e Denizli. Atópase na rexión interna turca do Exeo, que ten un clima tépedo durante a maior parte do ano.

Historia

editar
 
Tumbas dunha das necrópoles. Atópanse rodeadas de cal. A mesma que forma as estruturas de Pamukkale.

Antiga Hierápolis

editar

Só sábense algúns feitos históricos sobre a orixe da cidade. Non se atoparon rastros da presenza de hititas ou persas. Os frixios construíron un templo, probablemente na primeira metade do século VII a.C. Este templo, usado orixinalmente polos cidadáns da veciña cidade de Laodicea, máis tarde formaría o centro de Hierápolis.

 
Moeda de Eumenes II

Hierápolis fundouse como un balneario termal no inicio do século II a.C. no ámbito do Imperio Seléucida. Antíoco o Grande enviou 2.000 familias xudías a Lidia e Frixia desde Babilonia e Mesopotamia, máis tarde uníronse outras máis de Xudea. A congregación xudía creceu en Hierápolis e estimada en ata 50.000 habitantes no ano 62.[1]

A cidade expandiuse co botín da Batalla de Magnesia no 190 a.C onde Antíoco o Grande foi derrotado polo aliado de Roma Eumenes II, rei de Pérgamo. Tralo Tratado de Apamea que acabou coa guerra siria, Eumenes anexou gran parte de Asia Menor, incluíndo Hierápolis.

Hierapolis converteuse nun centro de curación onde os antigos médicos usaron as fontes termais como tratamento para os seus pacientes. A cidade comezou a a acuñar moedas de bronce no século II a.C. Estas moedas danlle o nome Hieropolis. Aínda non está claro se este nome se refería ao templo orixinal ( ἱερόν, "hieron") ou na honra a Hiera, a esposa de Télefo, fillo de Hércules e a princesa Misia Auge, o suposto fundador da Dinastía atálida de Pérgamo. Este nome converteuse en Hierápolis ("cidade santa"),[2] segundo o xeógrafo bizantino Stephanus debido á súa gran cantidade de templos.[Cómpre referencia]

Hierapolis romana

editar

No 133 a.C, cando morreu Attalus III, legou o seu reino a Roma. Hierápolis pasou a formar parte da provincia romana de Asia romana. No ano 17, durante o mandato do emperador Tiberio, un terremoto destruíu a cidade.

A través da influencia do apóstolo cristián Paulo, construíuse aquí unha igrexa mentres estaba en Éfeso.[3] O apóstolo cristián Filipe pasou os últimos anos da súa vida aquí.[4] Crese que o Martyrium da cidade construíuse sobre o lugar onde Filipe foi crucificado no ano 80. Tamén se dixo que as súas fillas actuaron como profetisas na rexión.[5][6]

No ano 60, durante o mandato de Nerón, un terremoto aínda máis grave deixou a cidade completamente en ruínas. Posteriormente, a cidade foi reconstruída no estilo romano con apoio financeiro imperial. Foi durante este período que a cidade acadou a súa forma actual. O teatro construíuse no 129 para unha visita do emperador Adriano. Renovouse baixo Septimius Severus (193-211). Cando Caracalla visitou a cidade en 215, concedeulle o moi cobizado título de "neocoros" sobre el, que outorgaba á cidade certos privilexios e o dereito a un santuario. Esta foi a idade de ouro de Hierápolis. Miles de persoas beneficiáronse das propiedades medicinais das fontes termais. Iniciáronse novos proxectos de construción: dous baños romanos, un ximnasio, varios templos, unha rúa principal cunha columnata e unha fonte nas augas termais. Hierápolis converteuse nunha das cidades máis prominentes do Imperio Romano nos campos das artes, a filosofía e o comercio. A cidade creceu ata 100.000 habitantes e fíxose rica. Durante a súa campaña contra o Sasánida Shapur II no 370, o emperador Valente fixo a última visita imperial á cidade.

Durante o século IV, os cristiáns encheron a Praza de Plutón (o plutonio) con pedras, o que suxire que o cristianismo converteuse na relixión dominante e comezou a desprazar outras relixións na zona. Orixinalmente, unha capital de Frixia Pacatiana,[7] o emperador bizantino Xustiniano elevou ao bispo de Hierápolis ao rango de metropolitano no 531. Os baños romanos transformáronse nunha basílica cristiá. Durante o período bizantino, a cidade continuou florecendo e tamén permaneceu como un centro importante para o cristianismo.

Hierápolis medieval

editar

A principios do século VII, a cidade foi devastada primeiro polos exércitos persas e despois por outro terremoto, do que tardou moito en recuperarse.

No século XII, a área quedou baixo o control dos selxúcidas do sultanato de Konya antes de caer en mans dos cruzados de Frederico Barbarroxa e os seus aliados bizantinos en 1190. Aproximadamente trinta anos máis tarde, a cidade foi abandonada antes de que os selxúcidas construíran un castelo no século XIII. O novo asentamento foi abandonado a finais do século XIV. En 1354, o gran terremoto de Tracia derrubou os restos da antiga cidade. As ruínas foron lentamente cubertas cunha espesa capa de calcaria.

Escavacións modernas

editar

Hierápolis escavouse primeiramente polo arqueólogo alemán Carl Humann durante xuño e xullo de 1887. As súas notas da escavación foron publicadas no seu libro de 1889 Altertümer von Hierapolis.[8] As súas escavacións foron bastante xerais e incluíron varios orificios de perforación. Gañarían fama polo seu posterior descubrimento do Altar de Pérgamo, que reconstruíuse no Museo de Pérgamo de Berlín.

Despois de que as grandes formacións de pedra calcaria branca das augas termais volvéranse famosas no século XX, converteuse nunha atracción turística chamada "Castelo de algodón" (Pamukkale). A cidade antiga foi redescuberta polos viaxeiros, pero tamén destruída parcialmente polos novos hoteis que se construíron alí. Estes edificios derrubáronse nos últimos anos. Non obstante, mantívose unha piscina de auga quente dun hotel e (por un prezo) é posible nadar entre os antigos restos de pedra.

As escavacións comezaron en serio en 1957 cando os científicos italianos, dirixidos por Paolo Verzone, comezaron a traballar no sitio. Estes estudos continuaron en 2008 cando se iniciou a restauración do sitio.[Cómpre referencia] As columnas ao longo da rúa principal preto da porta de Domiciano levantáronse de novo. Tamén desenterráronse varias casas do período bizantino, incluíndo unha casa con patio do século XI. Moitas estatuas e frisos foron expoliados para museos de Londres, Berlín e Roma.Modelo:When En 1970,[Cómpre referencia] construíuse o Museo Arqueolóxico de Hierapolis no lugar dos antigos baños romanos.

Estruturas significativas

editar
 
Porta de Domiciano

A cidade helenística construíuse nunha cuadrícula con rúas paralelas ou perpendiculares á vía principal. Esta rúa principal corría de norte a sur preto dun cantil coas terrazas de travertino. Tiña aproximadamente 1500 m. de longo e 13´5 m. de ancho e estaba bordeado por ambos lados por unha arcada. Nos dous extremos da rúa principal había unha porta monumental flanqueada por torres cadradas construídas con bloques de pedra maciza. As rúas laterais tiñan preto de 3 m. de ancho. Outra porta, a Porta de Domiciano, estaba preto da porta norte da cidade. Este arco triunfal flanqueado por torres circulares está formado por tres arcos e construíuno o procónsul Julius Frontinus (84-86).[9]

A cidade reconstruíuse repetidamente despois dos grandes terremotos e mellorou antes de varias visitas imperiais aos mananciais medicinais. Ademais, Septimio Severo fixo construír unha serie de novos edificios en Hierápolis como agradecemento ao seu secretario Antipater, un nativo de Hierápolis que tamén tutelou aos dous fillos do emperador.

Rúa principal e as súas portas

editar

Porta Frontinus

editar
 
Porta Frontinus

Esta é a entrada monumental da cidade romana e leva á gran platea, de 14 metros de ancho, que atravesa todo o poboado, saíndo por unha porta do outro lado, para conectarse coa estrada que vai a Laodicea en Lykos e logo a Colossae. Paga a pena admirar a estrutura ben conservada con tres aberturas, en bloques de travertino coidadosamente cadrados, con elegantes arcos decorados cunha simple cornixa, flanqueada por dúas torres redondas que recordan as portas helenísticas da cidade como a da cidade Panfiliana de Perge, preto de Antalya.

Porta Bizantina do norte

editar

A porta norte forma parte dun sistema de fortificación construído en Hierápolis en tempos de Teodosio (finais do século IV) e é a súa entrada monumental, combinada cunha porta simétrica ao sur da cidade. Construída con material reutilizado da demolición do Ágora, está flanqueada por dúas torres cadradas, como noutras cidades próximas como Blaundus. Catro grandes soportes de mármore con cabezas de leóns, de pantera e dunha Gorgona atopáronse colapsados ​​fronte á porta. Son moi expresivos e, aínda que pertencían a edificios antigos, evidentemente foron reutilizados como elementos apotrópaicos nos dous lados da porta para evitar a influencia do mal.

Teatro

editar
 
O Teatro en 2020

O Teatro construíuse probablemente baixo o reinado de Adriano despois do terremoto de 60 d. C.[10] A fachada ten 91 m. de longo, cuxa lonxitude total permanece en pé. Na cávea hai 50 filas de asentos divididas en 7 partes por 8 escaleiras intermedias. O diazoma, que dividiu a cavea en dous, estaba atravesado por dous pasaxes abovedados (os vomitorios). Existe un palco Imperial no medio da cávea e un muro de 1´83 m. de altura que rodea á orquestra.

Durante o reinado de Septimius Severus a comezos do século III, as antigas scaenae frons (fachada do escenario) foron substituídas por unha nova e máis monumental, organizada en tres pisos e flanqueada por dous impoñentes edificios de entrada lateral. Os relevos escultóricos, que exhibían temas mitolóxicos, situáronse nos diferentes pisos, mentres que as inscricións dedicatorias corrían ao longo das entablaturas. A transformación destacou debido ao tamaño das estruturas, á alta calidade da man de obra e aos materiais empregados.[11]

Tamén se reconstruíu o auditorio, substituíndo os antigos asentos de pedra calcaria por outros de mármore e realizando un alto podio na orquestra para adaptar o edificio á organización de Venatios e escolas de gladiadores.

Un terremoto en Hierápolis no século VII causou o colapso de todo o edificio así como o abandono definitivo da cidade. Desde o século XVIII, as impactantes ruínas do monumento convertéronse nun tema recorrente nas descricións e gravados dos viaxeiros europeos.

Septimius Severus está retratado nun relevo xunto coa súa esposa Xulia Domna, os seus dous fillos Caracalla e Publio Septimio Xeta e o deus Xúpiter. No 352, a orquestra transformouse probablemente nun escenario para espectáculos acuáticos, que se puxeron de moda. O escenario, que ten 3´7 m. de alto, tiña 5 portas e 6 nichos. Fronte a estes había 10 columnas de mármore, decoradas con segmentos rectilíneos e curvos alternos. A parede detrás da escena foi decorada con tres filas de columnas unha detrás da outra. As columnas da primeira fila non teñen rañuras e colocáronse sobre bases octogonais.

O auditorio consistía en asentos apilados cunha capacidade de 15.000 espectadores e estaba dividido en dous polo corredor principal. Contaba cun palco imperial. A parte inferior orixinalmente tiña vinte filas e a parte superior vinte e cinco, pero só trinta filas sobreviviron por completo. O auditorio está segmentado en nove corredores por medio de oito pasadizos verticais con pasos. O proscenio consistía en dous pisos con nichos ornamentados aos lados. O equipo arqueolóxico italiano descubriu varias estatuas, relevos (incluíndo as representacións de Apolo, Dionisio e Diana), e elementos decorativos que pódense ver no museo local.

O teatro foi obxecto de restauracións importantes entre 2004 e 2014.[12]

Templo de Apolo

editar

Eirixiuse un templo para Apolo Lairbenos, o deus principal da cidade durante o período helenístico tardío.[13] Este Apolo estaba vinculado ao antigo deus sol de Anatolia, Lairbenos, e ao deus dos oráculos Kareios. O sitio tamén incluía templos ou santuarios para Cibeles, Artemisa, Plutón e Poseidón. Agora só quedan os cimentos do templo helenístico. O templo estaba dentro dun períbolo (15 x 20 m.) en estilo dórico.

As estruturas do templo son posteriores, aínda que a presenza de dous capiteis xónicos no Museo (ver baixo o Museo), así como dun capitel Corinto do século I d.C. e outros fragmentos arquitectónicos levaron aos arqueólogos a supoñer a existencia dun templo anterior no sitio.[Cómpre referencia]

O templo, que ten unha escaleira de mármore, atópase dentro dunha área sagrada, de aproximadamente 70 m. de lonxitude. Estaba rodeado por un muro de cerramento (temenos). A parte traseira do templo construíuse contra o outeiro, o períbolo estaba rodeado nos lados restantes sur, oeste e norte, por un pórtico de mármore que foi parcialmente escavado. Este pórtico ten pilastras con semicolumnas dóricas estriadas que soportan capiteis que están decorados a continuación cunha fila de astrágalos e contas.

O novo templo reconstruíuse no século III á maneira romana, reciclando os bloques de pedra do templo máis antigo. A reconstrución tiña unha área máis pequena e agora só quedan restos do chan de mármore.[Cómpre referencia]

O templo de Apolo foi deliberadamente construído sobre unha falla.[14] Esta falla foi chamada Plutonion. Era o centro relixioso máis antigo da comunidade nativa, o lugar onde Apolo se reuniu con Cibeles. Dicíase que só o sacerdote da Gran Nai podía entrar na cova sen ser dominado polos nocivos gases subterráneos. Os templos dedicados a Apolo construíanse a miúdo en sitios xeoloxicamente activos, incluíndo o seu templo máis famoso en Delfos.[15]

Cando a fe cristiá logrou a primacía oficial no século IV, este templo sufriu unha serie de profanacións. Parte do períbolo tamén foi desmantelado para dar cabida a un gran Nympheum.[Cómpre referencia]

Ploutonion

editar
Artigo principal: Ploutonion en Hierapolis.

Xunto a este templo e dentro da área sagrada atópase o santuario local máis antigo, a Porta de Plutón, ploutonion (grego antigo: Πλουτωνειον) ou plutonio, o santuario para o deus grego Plutón. Este plutonion foi descrito por varios escritores antigos, incluíndo a Estrabón, Dión Casio e Damascio. É unha pequena cova o suficientemente grande como para que unha persoa penetre a través dunha entrada vedada, máis aló da cal baixan as escaleiras e de onde xorde un asfixiante gas de dióxido de carbono causado pola actividade xeolóxica subterránea. Detrás da cámara cuberta de 3 m² hai unha profunda fenda na rocha, a través da cal pasa auga quente que flue mentres libera un cheirento gas.[16]

Durante os primeiros anos da cidade, os sacerdotes castrados de Cibeles descendían ao plutonio, arrastrándose polo chan ata as bolas de osíxeno ou sostendo o alento. O dióxido de carbono é máis pesado que o aire e polo tanto tende a colocar-se en ocos. Os sacerdotes facíano para demostrar que eran milagrosamente inmunes ao gas e gozaban de protección divina.[17]

Unha área pechada de 2000 m² situábase diante da entrada. Cuberta por unha espesa capa de gas asfixiante, que mataba a calquera que se atrevese a entrar nel. Os sacerdotes vendían paxaros e outros animais aos visitantes, para que puidesen probar o mortal que era esta área pechada. Os visitantes podían (por unha cantidade de cartos) facer preguntas ao oráculo de Plutón. Isto proporcionaba unha considerable fonte de ingresos para o templo. A entrada ao plutonio foi amurallada durante a época cristián.[18][19][20][21] e descubriuse recentemente.[22]

 
O Nymphaeum

Nymphaeum

editar

O Nymphaeum está situado dentro da área sagrada fronte ao templo de Apolo. Data do século II d.C. Era un santuario das ninfas, unha fonte monumental que repartía auga ás casas da cidade a través dunha enxeñosa rede de canos. O Nymphaeum foi reparado no século V durante a era bizantina. Construíuse un muro de contención con elementos do períbolo do templo de Apolo. Ao facelo, os primeiros cristiáns cortaron a vista do templo pagán. A porta bizantina construíuse no século VI. Agora só queda o muro traseiro e os dous muros laterais. Os muros e os nichos dos muros estaban decorados con estatuas. O equipo arqueolóxico italiano escavou dúas estatuas de sacerdotisas, que agora exhíbense no museo local.

O Nymphaeum ten un plano en forma de U e atópase na continuación da estrada principal con columnas. O pavimento de pedra, as columnas e outros restos arquitectónicos marcan unha gran parte da estrada columnada que atravesaba a cidade en dirección norte-sur. Tiña estatuas e tendas ao seu redor, debaixo das cales pasaban as canles. A estrada tiña unha base cuberta de bloques de pedra, agora baixo a piscina administrada privadamene. Existen dúas portas enormes que se construíron a finais do século I d.C. e quedaron fóra das murallas da cidade.

Necrópole

editar

Máis aló dos muros e prados da cidade, seguindo a estrada principal e pasando polos baños exteriores ("thermae extra muros"), unha gran necrópole esténdese por máis de 2 km. a ambos os dous lados do vello camiño a Phrygian Tripolis e Sardis. A outra vai cara ao sur desde Laodikya ata Closae. A necrópole esténdese desde o norte ata as seccións leste e sur da cidade antiga. A maioría das tumbas foron escavadas. Esta necrópole é unha das mellores conservadas en Turquía. A maioría das 1.200 tumbas construíronse con variedades locais de pedra calcaria, aínda que tamén se usou o mármore.[Cómpre referencia]

A maioría das tumbas datan do período helénico tardío, pero tamén hai un número considerable dos períodos romanos e cristiáns temperáns. As persoas que recibiron tratamento médico en Hierápolis nos tempos antigos e os nativos da cidade sepultaron aos seus mortos en tumbas de varios tipos de acordo coas súas tradicións e status socioeconómico.

 
Necrópole

As tumbas e os monumentos funerarios poden dividirse en catro tipos:

  1. Fosas simples para xente do común
  2. Sarcophagi, algúns levantados sobre unha subestrutura e outros baleirados da rocha. Moitos están cubertos cun tellado a dúas augas. A maioría está construída en mármore e está decorada con relevos e epitafios que amosan os nomes e profesións do falecido e exaltando os seus bos actos. Estes epitafios revelaron moito sobre a poboación. A maioría, con todo, foron saqueados ao longo dos anos.
  3. Tumuli circulares, ás veces difícil de discernir. Estes montículos teñen un estreito corredor que conduce a unha cámara abovedada dentro.
  4. Tumbas familiares máis grandes, ás veces monumentais e semellantes a pequenos templos.

Necrópole Norte

editar
 
Esquema dun Serradoiro romano movido por auga, representado no sarcófago de Marco Aurelio Ammianos na necrópole norte. O muíño do século III é a primeira máquina coñecida en incorporar un mecanismo de manivela e biela.[23]

Os monumentos están situados na área grande, xunto con moitos hórreos travertinos, inscritos cos sufixos de Soros escritos en grego (algúns máis de 2.000 anos) en xeral nas epígrafes dos áhidos. [Cómpre referencia]

Hai moitos monumentos de sepultura arquitectónica en Hierápolis e mostran diferentes técnicas arquitectónicas. As tumbas máis antigas son do período helenístico (s. I e II a. C. aC) e son túmulos túmulos, situados no lado leste do estreito. A pedra está cortada debidamente limitada ao cilindro de tambor que une a parte superior da cámara sepulcral. A sala grave é accesible desde os dramos do corredor. [Cómpre clarificar]

Estas tumbas pertencían a familias ricas. As tumbas das familias pobres foron talladas na rocha e son simples. No lado norte da cidade, as tumbas feitas como 2 e 3, [Cómpre clarificar] están xeralmente rodeadas de muros e teñen xardíns decorados con flores e árbores (especialmente cipreses). Os monumentos graves que están completamente feitos de travertino mostran diferentes tipos; como ahids simples e tumbas caseiras que teñen dous ou máis áhidos. No sarcófago que sostén a lahid, hai unha inscrición escrita en grego ("bomas", "altar"). "Bomas" foi usado como símbolo que subliña que coa conexión dun corpo morto dunha persoa en posición alta, o seu recordo será exaltado. Estes monumentos teñen as mesmas funcións con heroína. (Os monumentos feitos para celebrar son para os heroes e persoas importantes que se cre que se fan deuses despois de morrer.) [Cómpre referencia]

Serradoiro
editar

Un relevo no Sarcófago de Marco Aurelio Ammianos, un muiñeiro local, mostra a máquina máis antiga coñecida en incorporar un mecanismo de manivela e biela.[23] No frontón móstrase unha roda hidráulica alimentada por unha canle de auga que acciona mediante un redutor de velocidade dúas serras de bastidor que cortan bloques rectangulares por medio de biela (ver diagrama). A inscrición que se acompaña está en grego.[24]

En xuño de 2014 o sarcófago gardouse no Museo de Hierápolis e non se mostra.[Cómpre referencia]

Necrópole sur

editar

No lado dereito, pódense ver signos fascinantes do terremoto. A grande área de travertino está completamente demolida. O rectángulo e as tumbas sagradas, que poden ser máis simples e máis antigas que as outras necrópoles, atrae a atención. Mentres cavaban, expertos no Museo Denizli, atoparon unha tumba con longas inscricións. Preto, atopáronse bloques de mármore epigráficos que datan do Período Helenístico Primitivo. No lado norte da zona, as obras de escavación están a desenvolverse.

No camiño de Laodikeia e Colossae hai outra tumba relacionada coa Necrópole. É a tumba de Tiberio Cladius Talamos, cuxo nome escribíuse no longo epígrafe, e chama a atención debido á semellanza da súa fachada cun fogar.

Martyrium

editar

O Martirio de San Filipe atópase no cume do monte fóra da parte nordés das murallas. Data do século VI. Dise que Filipe foi enterrado no centro do edificio e, aínda que a súa tumba se descubriu recentemente, a localización exacta aínda non se verificou.[25] O Martyrium queimouse ao final do século V ou VI. Testemuñado polas marcas de lume nas columnas. Fálase que Filipe foi martirizado en Hierápolis crucificado cabeza abaixo.[26] ou colgado cabeza abaixo polos nocellos dunha árbore.

 
Martyrium

Considérase que o Martirio se nomeou así polo apóstolo cristián Filipe pero xa desde os primeiros tempos houbo algunha disputa sobre a identidade real de "Filipe de Hierapolis".[27] Pois segundo outras fontes tratase de Filipe o Evanxelista o dos Feitos.[28]

O Martyrium tiña un deseño especial, probablemente executado polo arquitecto dun emperador bizantino. Ten unha estrutura octogonal central cun diámetro de 20 m. baixo unha cúpula de madeira cuberta con chumbo. Está rodeado por oito salas rectangulares, cada un accesible a través de tres arcos. Catro foron usados como entradas á igrexa, as outras catro como capelas. O espazo entre as oito salas estaba cheo de capelas heptagonais cun ábsida triangular. A cúpula situada sobre o ábsida estaba decorada con mosaicos. Toda a estrutura estaba rodeada por unha arcada con columnas de mármore. Todas as paredes estaban cubertas de paneis de mármore.

En 2011, anunciouse que a sepultura de Filipe fora descuberta a 40 m. do Martyrium.[29]Modelo:Update inline

Piscina antiga

editar

Especialmente na era do Imperio Romano, Hierápolis e o seu sitio eran un centro de saúde. Naqueles anos, miles de persoas acostumaban chegar aos baños, dos que hai máis de 15, e atopaban a súa curación nestes baños. A actual piscina antiga viuse formouna o terremoto ocorrido no século VII d.C. O pórtico de mármore con arranxo xónico caeu no manancial durante ese terremoto.

Piscina de Cleopatra

editar

A auga na piscina termal é de 36º-57 °C, o valor de pH é de 5,8 e o valor de radon é 1480 pCi/l. A auga termal contén bicarbonato, sulfato e dióxido de carbono, así como a combinación de ferro e radiación. A auga neste manancial é axeitada tanto para baños como para bebela, o valor metálico é de 2430 MG / litro.

Os baños

editar

Outro conxunto de baños construíuse fóra da porta norte a comezos do século III d.C. Este edificio converteuse nunha igrexa na época cristiá (século V). É evidente que o edificio tiña estucado, teitos abovedados e que os corredores estaban decorados con lousas de mármore.

  1. Padfield.com. "Jewish Congregation in Hierapolis".
  2. Kevin M. Miller (xullo de 1985). "Apollo Lairbenos". Numen 32 (1): 46–70. JSTOR 3269962. doi:10.1163/156852785X00157. 
  3. Colossians 4:13.
  4. Papias. Early Christian Writings Arquivado 2015-09-24 en Wayback Machine..
  5. "NPNF2-01. Eusebius Pamphilius: Church History, Life of Constantine, Oration in Praise of Constantine - Christian Classics Ethereal Library". www.ccel.org. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2018. Consultado o 4 de maio de 2018. 
  6. "NPNF2-01. Eusebius Pamphilius: Church History, Life of Constantine, Oration in Praise of Constantine - Christian Classics Ethereal Library". www.ccel.org. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2017. Consultado o 4 de maio de 2018. 
  7. RAMSAY, Cities and Bishoprics of Phrygia (Oxford, 1895–1897)
  8. Humann, Carl; Cichorius, Conrad; Judeich, Walther; Winter, Franz (1898). Altertümer von Hierapolis. Berlin: Jahrbuch des kaiserlich deutschen Archäologischen Instituts. 
  9. Pamukkale. "Gates - Pamukkale Turkey. Pamukkale, Hierapolis information, pictures, attractions.". www.pamukkale.net. Consultado o 4 demaio de 2018. 
  10. "Hierapolis Theatre History". www.whitman.edu. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2018. Consultado o 4 de maio de 2018. 
  11. Filippo Masino, Giorgio Sobrà, La frontescena severiana del Teatro di Hierapolis di Frigia. Architettura decorazione e maestranze, in Sebastiano Ramallo, Nicole Röring (eds.) La scaenae frons en la arquitectura teatral romana, Cartagena 2010.
  12. Masino F., Projects for presentation and use of the theatre in Hierapolis, in Masino F., Mighetto P., Sobrà G. (eds.) Restoration and management of ancient theatres in Turkey, 2012, 163–182.
  13. Asia Minor Coins.com. "Coins of Hierapolis Arquivado 03 de marzo de 2006 en Wayback Machine.".
  14. Sergio Negria and Giovanni Leucc (novembro de 2006). "Geophysical investigation of the Temple of Apollo (Hierapolis, Turkey)". Journal of Archaeological Science 33 (11): 1505–1513. doi:10.1016/j.jas.2006.02.003. 
  15. Hale, John R.; Zeilinga de Boer, Jelle; P. Chanton, Jeffrey & Spiller, Henry A. (agosto 2003). "Questioning the Delphic Oracle". Scientific American (en inglés) 289 (2). Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2018. Consultado o 20 de abril de 2019. (require subscrición (?)). 
  16. "The Princeton Encyclopedia of Classical Sites, HABITANCUM (Risingham) Northumberland, England, HIERAPOLIS (Pamukkale) Turkey". www.perseus.tufts.edu. Consultado o 4 de maio de 2018. 
  17. Plinio o Vello. Naturalis Historia, Book II, Ch. 95.
  18. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 2007-09-28. , from "Anatolia - A World Heritage", T.C. Ministry of Culture, P. 142ff.,
  19. [1], "Turkey Travel Guide", from Istanbul Hotels website
  20. [2], "Turkey Travel Guide", from Istanbul Hotels website
  21. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2007. Consultado o 2007-09-28. , from Peten Tours (website reference no longer available)
  22. "'Gate to Hell' found in Turkey". foxnews.com. 1 de abril de 2013. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2015. Consultado o 4 de maio de 2018. 
  23. 23,0 23,1 Ritti, Grewe & Kessener 2007, p. 161
  24. Ritti, Grewe & Kessener 2007, pp. 139–141
  25. "Tomb of St. Philip the Apostle Discovered in Turkey". Foxnews. 2011-07-27. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2011. Consultado o 2011-07-27. 
  26. "Acts of Philip". Oxford: Clarendon Press. 1924. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2007. Consultado o 2007-09-29. 
  27. "Philip the Evangelist". Christian Classics Ethereal Library. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2007-09-29. 
  28. Acts 6:1–7; 21:8–9.
  29. "RebelMouse vs. WordPress VIP". discovery.com. 10 de maio de2017. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 4 de maio de 2018. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar