O períbolo[1] (en grego antigo γύρω βόλος, períbolos, e en latín tardío peribolu) é a área libre que se atopa entre un edificio e o valado que o circunda. Na antigüidade clásica, o períbolo estaba arborizado e podía conter imaxes e estatuas. Formaba parte do terreo sagrado, e polo tanto pertencía ó deus do templo, sendo os seus valados un divisor entre o espazo sacro e o terreo profano de fóra.

Planta do Templo de Afaia, en Exina, no que se poden ver os valados circundantes do períbolo.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para períbolo.