Pamukkale ("castelo de algodón", en turco) é un conxunto de piscinas termais de orixe calcaria que co pasar dos séculos formaron concas xigantescas de auga que descenden en fervenza dun outeiro, situado preto de Denizli, en Turquía. A formación de Pamukkale débese aos mananciais de augas termais que provocan o derramamento de carbonato de calcio, que despois solidifica como mármore travertino. Foi declarado Patrimonio da Humanidade da UNESCO xuntamente con Hierápolis en 1988.

Hierapolis-Pamukkale
Fontes termais en Pamukkale
Pamukkale en Turquía
Pamukkale
Pamukkale
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísTurquía Turquía
Localización37°55′23″N 29°07′26″L / 37.92306, -29.12389
TipoMixto
CriteriosIII, IV, VII
Inscrición1988 (12ª Sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador485

A antiga cidade grecorromana de Hierapolis construíuse no alto do "castelo" branco que en total ten 2700 m de longp, 600 m. de largo e 160 m de altura. Pódese ver a gran distancia, desde os outeiros da cidade de Denizli, no lado oposto do val, a 20 km.

Coñecida como Pamukkale (Castelo de Algodón) ou a antiga Hierápolis (Cidade Santa), esta área acolle doentes nas súas fontes termais desde a antigüidade clásica. O nome turco refírese á superficie calcaria branca e brillante, formada durante milenios por mananciais ricos en calcio. Pingando lentamente pola aba da inmensa montaña, as augas ricas en minerais forman escuma e acumúlase nos socalcos, derramando cascadas de estalactitas en piscinas leitosas debaixo. A lenda sostén que as formacións son algodón (o cultivo principal da área) solidificado que os xigantes deixaron de secar.[Cómpre referencia]

O turismo é e foi unha importante industria na área durante miles de anos, debido á atracción das piscinas termais. Recentemente a mediados do século XX, construíronse hoteis sobre as ruínas de Hierápolis, causando un dano considerable.[Cómpre referencia] Construíuse unha estrada desde o val sobre os socalcos, e permitiron que as motos subiran e baixaran as pendentes. Cando a zona foi declarada Patrimonio da Humanidade, os hoteis foron derribados, a estrada eliminada e substituída por piscinas artificiais.[Cómpre referencia]

Eclipsados pola marabilla natural, as ben conservadas ruínas romanas e o museo de Pamukkale foron notablemente subestimados e non publicitados. Os folletos turísticos dos últimos 20 anos presentan principalmente fotos de persoas bañandose nas piscinas de calcio. Agás dunha pequena senda que sobe pola aba da montaña, o paso polos socalcos está actualmente prohibido, xa que sufriron a erosión e a contaminación da auga polos pés dos turistas.

Vista panorámica dos socalcos de travertino en Pamukkale

Vista panorámica dos socalcos de travertino en Pamukkale


Galería editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar