Perge ou Perga foi unha cidade de Panfilia a uns 10 quilómetros da costa e a 5 km ao oeste do río Kaistros (hoxe Aksu). Baixo os hititas chamábase Parha e o río chamábase Kastaraya.

Perge
Perge city overview.jpg
Vista de Perge
Perga en Turquía
Perga
Perga
Localización en Turquía
RexiónPanfilia
Coordenadas36°57′41″N 30°51′14″L / 36.96139, -30.85389Coordenadas: 36°57′41″N 30°51′14″L / 36.96139, -30.85389
TipoCidade
Historia
MaterialPedra
Fundado1209 a.C.
PeríodosIdade Escura a Idade Media
CulturasGregos, Roma, Bizantinos, Turcos
Asociado conApolonio
Notas do sitio
Escavación activa

HistoriaEditar

As primeiras noticias históricas sitúana dentro das rexións conquistadas polo reino de Tarhuntasa, creado por Hattusilis III para o seu sobriño Kurunta.

Posteriormente é mencionada por primeira vez por Escílax, que di que antigamente estaba preto da costa. Estrabón di que foi fundada polos aqueos despois da guerra de Troia, por colonizadores de Argos; a presenza de aqueos foi confirmada pola arqueoloxía. Descoñécese a súa sorte posterior xa que non queda constancia escrita, e non se sabe se foi parte de Frixia e Lidia, pero si que foi de Persia. O 333 a.C. a cidade, que aínda non tiña murallas, rendeuse a Alexandre o Grande sen loita; despois foi de Antígono e pasou ao Imperio Seléucida. O 188 a.C. o tratado de Apamea cedeuna a Roma, pero a cidade non o aceptou e unha gornición seléucida permaneceu alí ata a mediación romana o 186 a.C., en que pasou a Pérgamo por decisión dos romanos. O 133 a.C. declarouse independente. O 79 a.C. xa estaba baixo o dominio de Roma.

O ano 46 estivo na cidade Paulo de Tarso, e, durante o imperio, foi unha cidade importante. Tamén foi un centro cristián, especialmente a partir de Constantino I o Grande. Os séculos V e VI serían de disturbios e os cidadáns permaneceron detrás das murallas. No século VII foi atacada polos musulmáns varias veces e parte da poboación foise a Antalia e finalmente ficou despoboada.

Cidadáns famosos de Perge son o médico Asclepíades, o sofista Varo, e o matemático Apolonio.

Foi escavada a partir de 1946.


Véxase taménEditar

Outros artigosEditar