Escílax de Carianda
Escílax de Carianda (en latín Scylax, en grego Σκύλαξ ) foi un viaxeiro de Carianda en Caria, a quen Darío I o Grande enviou nunha viaxe de descubrimento ao Indo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VI a. C. ![]() Caryanda, Turquía (en) ![]() ![]() |
Morte | século V a. C. ![]() |
Residencia | Caryanda (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | explorador, escritor, biógrafo, historiador, Navegante ![]() |
Empregador | Darío I ![]() |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarSaíu de Caspatiros cara ao leste ata chegar ao Indo e despois ao mar, seguindo o seu curso; despois pasou cara ao océano Índico e cara ao Mar Vermello rodeando a Península Arábiga, desde onde se dirixiu de novo a Caria. A súa viaxe durou trinta meses[1].
Estrabón di que Escílax era un escritor antigo e menciona algúns dos seus textos. Atribúeselle un Período da Terra e un Periplo das costas máis aló das Columnas de Hércules, dos que se conservan algúns fragmentos[2]. Unha obra chamada Periplo de Pseudo-Escílax (ou Περίπλους τῆς θαλάσσης οἰκουμένης Εὐρώπης καὶ Ἀσίας καὶ Λιβύης), escrita arredor do século IV que describe varios países de Europa, Asia e África leva o seu nome, ao parecer como homenaxe ou porque o autor aproveitou algunhas das notas de Escílax[3].