Lista de rexións hititas

artigo de listas da Wikimedia

Os territorios ocupados polos hititas pódense clasificar en diversas rexións históricas. Nesta listaxe inclúese, tamén os nomes das actuais rexións onde se atopaban. A maioría das rexións coñecémolas a través de escritos e referencias externas, doutras fontes principalmente mesopotámicas e exipcias.

Rexións hititas históricas

editar
 
Mapa de Próximo Oriente sobre o 1600 a.C.
 
Mapa do Imperio hitita na súa maior extensión baixo Suppiluliumas I (c.1350-1322) e Mursilis II (c.1321-1295). Moitos dos nomes de lugares foron tomados de fontes hititas polo que poden diferir dos nomes de fontes clásicas (ex. Lukka como Licia, Karkija como Caria).

Adaniya:[1] Cilicia, Anatolia.

Appawiya: Fronte a Lesbos, en Anatolia.

Dahara: Costa do Mar Negro, en Anatolia.

Haharwa: Anatolia central, ao norte de Hattusa.

Harhasuwanta: Panfilia, sur de Anatolia.

Hariyati: Frixia, Anatolia central.

Harputtawana: Licia, sur de Anatolia.

Kuwaliya:[2] Norte de Frixia, Anatolia.

Pala:[3] Costa do Mar Negro, Anatolia.

Parha: Licia norte, Anatolia.

Sehiriya: Sur de Anatolia.

Terra Alta Hitita:[4] Norte de Anatolia.

Terra Baixa Hitita: Sur de Anatolia.

Tishina: Norte de Anatolia.

Tummanna:[3] Costa do Mar Negro, Anatolia.

Ussa: Pitassa, Anatolia central.

Warsiyalla: Anatolia occidental.

Wasuwatta: Situación real ou aproximada descoñecida.

Zalpuwa:[5] no norte de Anatolia, á beira do Mar Negro.

  1. Bernabé & Álvarez-Pedrosa (2004), p. 268
  2. Bernabé & Álvarez-Pedrosa (2004), p. 218
  3. 3,0 3,1 Bernabé & Álvarez-Pedrosa (2004), p. 260
  4. Ohanian (2012), p. 614
  5. Bernabé & Álvarez-Pedrosa (2004), p. 81

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bernabé, Alberto; Álvarez-Pedrosa, Juan Antonio (2004). Historia y leyes de los hititas. Textos del reino medio y del reino nuevo. Colección: Akal Oriente (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 84-460-2253-2. 
  • Ohanian, Pascual C. (2012). Prehistoria de Los Armenios. Bos Aires: Pascual C. Ohanian. ISBN 978-987-27245-0-4.