Suppiluliumas I
Suppiluliumas I foi rei dos hititas entre o 1358 a.C. e o 1323 a.C.). Acadou fama de gran guerreiro e home de estado, desafiando con éxito o daquela dominante Imperio Exipcio polo control das terras de entre o Mediterráneo e o río Éufrates.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1375 a. C. |
Morte | c. 1335 a. C. (39/40 anos) Hattusa, Turquía |
Causa da morte | peste |
Rei | |
Datos persoais | |
Relixión | Relixión hitita |
Actividade | |
Ocupación | monarca, monarca |
Outro | |
Título | Rei |
Cónxuxe | Malnigal Henti |
Fillos | Muwatti () Telepinu () Malnigal Zannanza () Mursilis II () Piyasilis I de Karkemish () Malnigal Arnuwandas II () Malnigal |
Pais | Tudhaliyas II e Daduhepa |
Irmáns | Tudhaliyas III Zita |
Traxectoria
editarSuppiluliumas comezou a súa carreira como conselleiro e xeneral de Tudhaliyas III, daquela con base en Samuha. En calidade de tal venceu os inimigos dos hititas en Hayasa e os kaskas. Ambos inimigos estaban daquela unidos ao redor de xefes carismáticos; destes Karanni fundou algo semellante a unha corte real en Hayasa, e Piyapili estivo a piques de facelo entre os Kaska. Suppiluliumas e Tudhaliyas derrotaron estes intentos, de xeito que de novo a corte hitita se puido volver a establecer en Hattusa.
Nalgún momento, Suppiluliumas depuxo e probabelmente asasinou o seu señor. Algúns sacerdotes despois trasladaron isto ao fillo, sucesor e biógrafo de Suppiluliumas: Mursilis II, tratando isto como un crime permanente de toda a dinastía.
Suppiluliumas casou cunha irmá de Hukkana, rei de Hayasa, e a súa filla Muwatti casouna con Maskhuiluwa de Mira, un estado de Arzawa. Retomou territorio de Arzawa ata Hapalla. A súa vitoria máis permanente foi contra o reino de Mitanni, ao que reduciu a un estado vasalo baixo o goberno do seu xenro Shattiwazza. Foi ademais un mestre consumado na construción de amplas estruturas de pedra decoradas con relevos. Foi no seu reinado cando se desenvolveron conceptos acerca da natureza sagrada dos reis.
Suppiluliumas aproveitouse do tumultuoso reinado do faraón Akhenaton, e tomou o control de territorios exipcios en Siria, incitando a varios vasalos dos exipcios a rebelárense.
O seu éxito deu folgos á viúva do rei exipcio Nibhuruyira (identificado usualmente con Akhenaton ou Tutankhamon) a escribirlle unha carta, pedíndolle que lle enviase a un dos seus fillos como marido e gobernar Exipto, xa que ela non tiña herdeiro e non quería casar cun plebeo. Suppiluliumas despachou un embaixador a Exipto para investigar; este relatou que a situación era como se lle describira e o rei decidiu aproveitar esta oportunidade; desgraciadamente, o príncipe Zannanza morreu no camiño, e a alianza por casamento nunca chegou a se consumar.
Suppiluliumas estaba furioso por este xiro dos acontecementos e lanzou os seus exércitos contra os estados vasalos de Exipto en Canaán e a Siria setentrional, capturando moitos territorios.
Desgraciadamente, moitos dos prisioneiros exipcios portaban unha enfermidade que arrasou o corazón do reino hitita e levou á morte tanto ao propio Suppiluliumas I como ao seu sucesor, Arnuwandas II.
Os Anais de Suppiluliumas, compilados despois da súa morte polo seu fillo Mursilis II, é unha importante fonte de primeira man para o século –XIV. Unha da cartas de Suppiluliumas, dirixida a Akhenaton, conservouse no arquivo de Akhenaton (EA 41). Expresa a súa esperanza de que as boas relacións existentes entre Exipto e Hatti baixo o pai de Akhenaton poidan continuar no reinado do novo rei Akhenaton.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Reino de Suppiluliumas I[Ligazón morta] (en inglés)
- Traducións d’Os feitos de Suppiluliumas[Ligazón morta] (en inglés)
Hititas | ||
---|---|---|
Segue a: Tudhaliyas III |
Suppiluliumas I | Precede a: Arnuwandas II |
- |