Tudhaliyas II
Tudhaliyas II (Tamén Tudhaliyas III) foi un rei dos hititas (Reino Novo) -1430–-1400.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIV a. C. |
Morte | 1355 a. C. |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Cónxuxe | Satanduhepa |
Fillos | Tudhaliyas III, Suppiluliumas I |
Pais | Arnuwandas I e Ašmu-nikal |
Traxectoria
editarO Imperio hitita sufriu severas perdas de territorio durante o reinado de Tudhaliyas, chegando mesmo a ser queimada a capital. Pero, baixo a capaz guía do fillo de Tudhaliyas, o futuro Suppiluliumas I, os hititas empezaron a se recuperar mentres Tudhaliyas estaba aínda no trono.
A numeración correcta dos xefes hititas que levaron o nome de Tudhaliyas é problemática. Houbo un personaxe da época hatti chamado Tudhaliyas que quizais gobernase con rei. Outras reconstrucións insiren un Tudhaliyas directamente despois de Muwatallis I, pero anterior ao máis famoso líder que pasa por ter fundado o Imperio. O Tudhaliyas do que tratamos neste artigo aparecerá xeralmente como "o segundo" ou "o terceiro".
Ligazóns externas
editarHititas | ||
---|---|---|
Segue a: Arnuwandas I |
Tudhaliyas II | Precede a: Hattusilis II |
- |