Prionailurus planiceps

(Redirección desde «Gato de cabeza plana»)

O gato de cabeza plana, Prionailurus planiceps, é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, pertencente ao xénero Prionailurus,[5][6] propio do Sueste Asiático (Brunei, Burma, Indonesia (Sumatra), Malaisia, Singapur e Tailandia).[5]

Prionailurus planiceps
Gato de cabeza plana

Rango fósil: mioceno tardío - actualidade[1]

Gato de cabeza plana (Prionailurus planiceps)
Estado de conservación
En perigo
En perigo[2]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Tribo: Felini
Xénero: Prionailurus
Especie: P. iriomotensis
Nome binomial
Prionailurus planiceps
(Vigors & Horsfield, 1827)
Posíbel Área de distribución orixinal de Prionailurus planiceps. As zonas amarelas indican unha alta probabilidade; as zonas azuis, unha baixa probabilidade. Os triángulos representan avistamentos históricos.[3][4]
Posíbel Área de distribución orixinal de Prionailurus planiceps.
As zonas amarelas indican unha alta probabilidade; as zonas azuis, unha baixa probabilidade. Os triángulos representan avistamentos históricos.[3][4]

Posíbel Área de distribución orixinal de Prionailurus planiceps.
As zonas amarelas indican unha alta probabilidade; as zonas azuis, unha baixa probabilidade. Os triángulos representan avistamentos históricos.[3][4]
Sinonimia
Véxase o texto

A especie críase extinta a mediados dos anos 1980, pero foi redescuberta nos anos 1990, e hoxe sobrevive nalgúns lugares das selvas tropicais da península de Malaca e en Sumatra.

Taonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1827 polo zoólogo irlandés Nicholas Aylward Vigors e o naturalista estadounidense Thomas Horsfield, nun traballo publicado en Zool. J., 3: 449,[5] a partir dun exemplar capturado en Sumatra..[3]

Historia taxonómica editar

Inicialmente a especie foi situada, por Vigors e Horsfield, dentro do xénero Felis, como Felis planiceps.[5]

En 1951, John Ellerman e Terence Morrison-Scott agruparon Felis planiceps con Felis viverrina (o gato pescador), distribuído no baixo Siam, os Estados malaios, Sumatra e Borneo, e rexistrado tamén na rexión de Patani (sur de Tailandia e norte de Malaisia).[7]

En 1961, a especie foi incluída no xénero Prionailurus polo biólogo alemán Weigel, que comparou o patrón da pel dos felinos salvaxes e domésticos.[8]

Finalmente, en 1997, investigadores do National Cancer Institute confirmaron esta clasificación taxonómica despois do seu estudo filoxenético.[9]

Etimoloxía editar

Para a etimoloxía do xénero, véxae Prionailurus.

O epíteto específico, planiceps, está formado pola unión dos elementos do latín científico plani-, tirado do adxectivo do latín clásico planus, -a, -um, 'plano', e -ceps, derivado deste elemento do latín antigo, da mesma raíz que caput, -is, 'cabeza'. Literalmente: 'de cabeza plana'.

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, e polo epónimo Felis planiceps, dado por Vigors e Horsfield, a especie tamén coñeceuse polo sinónimo:[10]

  • Ictailurus planiceps.

Nome vulgar editar

Na maioría dos idiomas modernos a especie coñécese como gato de cabeza plana, coas adaptacións correspondentes de cada idioma.

Características editar

 
Cranio de P. planiceps.

A característica máis salientábel é a súa cabeza plana, que se distingue de inmediato pola depresión extrema do cranio. A cabeza é máis alongada e cilíndrica que a do gato doméstico. A forma cilíndrica, e a contracción lateral da cabeza, contrastan cunha lonxitude infrecuente dos dentes; os dentes caninos son case tan longos como nun carnívoro dúas veces máis grande. A distancia entre os ollos e as orellas é comparativamente grande. O seu corpo é delgado, e as extremidades son delicadas e alongadas.[3]

 
Plionailurus planiceps, na Tangkulap Forest Reserve, Malaisia.

A pelaxe, grosa, é de cor parda avermellada na parte superior da cabeza, parda mís escura no tronco, e branca con pencas escuras nas partes inferioes. A cara é máis clara que o tronco, e o fociño e o mento son brancos. Dúas franxas abrancazadas, prominentes, discorren a ambos os lados do nariz, entre os ollos. As orellas son arredondadas. Os ollos están infrecuentemente moi adiantados e moi xuntos, en comparación con outros gatos, o que favorece a visión estereoscópica deste felino.
Os dentes están adaptados para agarrar presas esvaradizas, e as mandíbulas son relativamente poderosas. Estas características axudan ao gato de cabeza plana a atrapar e reter presas acuáticas, estando tan ben adaptado para isto como o gato pescador. As patas son bastante curtas. As garras son retráctiles, pero as fundas de cobertura teñen un tamaño tan reducido que dous terzos das garras quedan sobresaíntes.[11]

Os premolares anteriores son máis grandes e máis afiados que os doutros gatos. As membranas interdixitais dos seus pés axudan a este gato a ter unha mellor tracción en ambientes lamacentos e con auga, e son incluso máis pronunciadas que as do gato pescador.[12]

Dimensións editar

A lonxitude de cabeza e tronco oscila entre os 41 e os 50 cm, aos que hai que engadir unha curta cola de 13 a 15 cm.[11] O seu peso varía entre 1,5 e 2,5 kg.[13]

Distribución e hábitat editar

A distribución dos gatos de cabeza plana está restrinxida aos bosques tropicais das terras baixas do extremo sur de Tailandia, a península Malaia, Sabah, Sarawak, Brunei, Kalimantan e Sumatra. Encóntranse principalmente en hábitats de auga doce preto das zonas costeiras e baixas. Máis do 70 % dos rexistros foron recollidos a menos de 3 km de distancia da auga.[14] Ocupan tanto os bosques primarios como os secundarios (ou alterados polo home).[15]

Gatos de cabeza plana foron rexistrados na Pasoh Forest Reserve (Reserva Forestal de Pasoh) da península Malaia en 2013.[16] Como a Reserva Forestal de Pasoh non contén grandes ríos ou lagos e xeralmente está cuberta por bosques de dipterocarpáceas, esta detección subministra unha nova evidencia do alcance potencial de hábitats da especie. A reserva clasificouse como de baixa probabilidade de ocorrencia nun modo de distribución da especie previamente publicado.[14] A paisaxe circundante de Pasoh está dominada por plantacións de palmeiras produtoras de aceite de palma que se estableceron desde a década de 1970. A detección, que se produciu a 1,5 km das plantacións, suxire que o gato de cabeza plana é máis tolerante ante os cambios no seu contorno que o que se asumía anteriormente.[16]

Ecoloxía e comportamento editar

Os gatos de cabeza plana son presuntamente solitarios e probabelmente manteñen o seu territorio defendido por marcas de olor. En catividade, as femias e os machos esparexen a urina camiñando cara a adiante nunha posición agachada, deixando unha pista no chan.[17] Relacións históricas anecdóticas informan que son nocturnos, pero unha femia cativa adulta observouse que era crepuscular, e máis activa entre as 8 da mañá e as 11 e media da noite, e entre as 6 da tarde e as 10 da noite.[11]

O contido estomacal dun espécime adulto capturado na marxe dun río malasio era só de peixes. Observáronse lavando a comida, estilo mapache. Os peixes vivos son cazados facilmente, somerxendo o gato totalmente a cabeza na auga, e os peixes normalmente son transportados polo menos a 2 m de distancia, o que suxire unha estratexia de alimentación para evitar que as presas acuáticas fuxan de novo á auga. Os espécímes cativos mostran un maior interese nas posíbeis presas na auga que na terra seca, o que suxire unha forte preferencia pola caza fluvial no seu hábitat natural.[18] As súas especializacións morfolóxicas suxiren que a súa dieta está composta principalmente de peixes, pero rexistráronse casos de capturas de sapos, e crese que comen tamén crustáceos.[11] Tamén capturan ratas e polos.[12]

As vocalizacións dunha cría de gato de cabeza plana semellaban as dun gatiño doméstico. O repertorio vocal dos adultos non foi analizado por completo, pero rosman (ou, mellor, ronronean, como propón o Servizo de Normalización Lingüística da USC)[19] e emiten outras vocalizacións de curto alcance.[20]

O seu período de xestación dura uns 56 días. Das tres camadas rexistradas en cativerio, unha estaba formada por dous gatiños, as outras dúas eran uníparas. Dous individuos en catividade viviron 14 anos.[11][12]

Ameazas editar

A prinbcipal ameaza do gato de cabeza plana é a destrución e degradación das zonas húmidas e os bosques.[12] As causas desta destrución inclúen os asentamentos humanos, a transformación forestal en plantacións, a drenaxe para a agricultura e a excesiva caza, a corta de madeira e pesca. Ademais, o desprazamento dos mangleirais litorais durante a última década foi rápido na Asia tropical. O esgotamento das poboacións de pesca, debidas á pesca excesiva, é frecuente en moitos ámbitos húmidos asiáticos e é probábel que sexa unha ameaza significativa. A expansión das plantacións de aceite de palma actualmente vese como a ameaza máis urxente.[2]

Tamén está ameazado polas trampas e os velenos.[11] Os gatos de cabeza plana son capturados con trampas instaladas para protexer as aves domésticas.[12]

Aínda que os gatos de cabeza plana non son presas para os cazadores furtivos no sueste asiático, a caza furtiva de especies colaterais en pequenas trampas pode supoñer unha ameaza adicional para a especie. En paisaxes fragmentadas, os atropelos por vehículos a motor e a competencia directa cos gatos domésticos poden representar ameazas máis graves.[16]

Conservación e status editar

Prionailurus planiceps está inclúído no Apéndice I de CITES. A especie está totalmente protexida pola lexislación nacional en toda a súa área de dispersión, e a súa caza e o seu comercio prohibidos en Indonesia, Malaisia e Tailandia.[2]

Debido a que habita nas zonas húmidas que están sendo, como quedou dito, destruídas e convertidas en cultivos, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, cualifica o status da especie, desde 2008, como EN (en perigo crítico), na súa Lista vermella de especies ameazadas.[2]

Notas editar

  1. W. E. Johnson; E. Eizirik; J. Pecon-Slattery; W. J. Murphy; A. Antunes; E. Teeling & S. J. O'Brien (2006): "The Late Miocene radiation of modern Felidae: A genetic assessment". Science 311: 73-77.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Wilting, A., Brodie, J., Cheyne, S., Hearn, A., Lynam, A., Mathai, J., McCarthy, J., Meijaard, E., Mohamed, A., Ross, J., Sunarto, S. & Traeholt, C. 2015. Izawa, M. & Doi, T. (2015):Flat-headed Cat Prionailurus planiceps na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 7 de decembro de 2018.
  3. 3,0 3,1 3,2 Vigors, N. A. & Horsfield, T. (1827). Description of two Species of the genus Felis, in the collection of the Zoological Society. The Zoological Journal. Vol. III: 449–450.
  4. Wilting, Andreas; Hearn, Andrew J.; Mohamed, Azlan; et. al. (2010). "Modelling the Species Distribution of Flat-Headed Cats (Prionailurus planiceps), an Endangered South-East Asian Small Felid" (pdf). PLOS ONE 5 (3). doi:10.1371/journal.pone.0009612. Consultado o 7 de decembro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Prionailurus planiceps en MSW.
  6. Prionailurus planiceps (Vigors and Horsfield, 1827) no ITIS.
  7. Ellerman, J. R.; Morrison-Scott, T. C. S. (1966). Checklist of Palaearctic and Indian mammals 1758 to 1946 (Second ed.). London: British Museum of Natural History. 
  8. Weigel, I. (1961). "Das Fellmuster der wildlebenden Katzenarten und der Hauskatze in Vergleichender und Stammesgeschicher Hinsicht". Säugetierkundliche Mitteilungen (9): 1–120. 
  9. Johnson, W. E.; O'Brien, S. J. (1997). "Phylogenetic reconstruction of the felidae using 16S rRNA and NADH-5 mitochondrial genes". Journal of Molecular Evolution 44: S98–116. PMID 9071018. doi:10.1007/PL00000060. 
  10. Prionailurus planiceps no NCBI.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 Sunquist, M.; Sunquist, F. (2002). Wild Cats of the World. The University of Chicago Press. pp. 233–236. ISBN 0-2267-7999-8. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 Nowell, K.; Jackson, P. (1996). "Flat-headed Cat. Prionailurus planiceps". Wild Cats: status survey and conservation action plan. Gland, Switzerland: IUCN/SSC Cat Specialist Group. 
  13. Francis, C. (2008). A Photographic Guide to Mammals of South-east Asia including Thailand, Malaysia, Singapore, Myanmar, Laos, Cambodia, Vietnam, Java, Sumatra, Bali and Borneo. London: New Holland Publishers. ISBN 978-0-6911-3551-9. 
  14. 14,0 14,1 Wilting, A.; Cord, A.; Hearn, A. J.; Hesse, D.; Mohamed A., Traeholdt; C., Cheyne; S. M., Sunarto; S., Jayasilan; M., Ross; J., Shapiro; A. C., Sebastian; A., Dech; S., Breitenmoser; C., Sanderson; J., Duckworth; J. W.; Hofer, H. (2010). "Modelling the Species Distribution of Flat-Headed Cats (Prionailurus planiceps), an Endangered South-East Asian Small Felid". PLoS ONE 5 (3): e9612. PMC 2840020. PMID 20305809. doi:10.1371/journal.pone.0009612. 
  15. Payne, J.; Françis, C. M.; Phillipps, K. (1998). A Field Guide to the Mammals of Borneo. Sabah Society. 3ª reimpresión. ISBN 9-6799-9471-6. 
  16. 16,0 16,1 16,2 Wadey, J.; Fletcher, C.; Campos-Arceiz (2014). "First Photographic Evidence of Flat-Headed Cats (Prionailurus planiceps) in Pasoh Forest Reserve, Peninsular Malaysia". Tropical Conservation Science 7 (2): 174. 
  17. Leyhausen, P. (1979): Cat behaviour. The predatory and social behaviour of domestic and wild cats. New York: Garland STPM Press. ISBN 0-8240-7017-8.
  18. Muul, I.; Lim, B. L. (1970). "Ecological and morphological observations of Felis planiceps". Journal of Mammalogy 51 (4): 806–808. JSTOR 1378310. doi:10.2307/1378310. 
  19. Os gatos galegos rosman de contentos?
  20. Peters, G. (1981). "Das Schnurren der Katzen". Säugetierkundliche Mitteilungen (29): 30–37. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar