Estereoscopia
A estereoscopia é calquera técnica capaz de recoller información visual tridimensional ou crear a ilusión de profundidade nunha imaxe. Esa ilusión de profundidade nunha fotografía, filme ou outra imaxe bidimensional créase presentando unha imaxe lixeiramente diferente para cada ollo, e é o cerebro quen se encarga de fundir esas imaxes, como acontece na forma habitual na que os humanos recollen a realidade. Moitas pantallas 3D utilizan este método para transmitiren imaxes, a súa invención débese a Charles Wheatstone en 1838.
Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |