Filmes de Alemaña propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

artigo de listas da Wikimedia

Alemaña presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende a creación do premio en 1956. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Volker Schlöndorff, director de O tambor de folla de lata (1979), o primeiro filme alemán en recibir o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa.

Cada ano, a Academia convida a países a presentar os seus mellores filmes para competir de acordo cunhas estritas regras, sendo aceptado soamente un filme por cada país.[3] Porén, debido a que o status de Alemaña dividiu o país ó longo da segunda metade do século XX, a República Federal Alemá (Occidental) e a República Democrática Alemá (Oriental) competiron de xeito separado na categoría de mellor filme en lingua non inglesa até o ano 1990. Con oito nomeamentos e unha vitoria,[5] a Alemaña Occidental tivo moito máis éxito cá Oriental, que só conseguiu un nomeamento en 1976 por Jakob der Lügner, un filme que o Festival Internacional de Cinema de Moscova rexeitou proxectar.[6] Alemaña Occidental recibiu catro nomeamentos consecutivos durante os primeiros anos de existencia do premio. Tivo peor acollida na década de 1960, xa que ningunha das súas propostas saíu nomeada. A chegada do novo cinema alemán conduciu a unha mellora da reputación do cinema alemán no estranxeiro. Como resultado disto, a Alemaña Occidental recibiu varios nomeamentos durante a década de 1970, conseguindo a vitoria no filme de 1979 O tambor de folla de lata.[7]

A Alemaña Occidental e a Oriental foron formalmente reunificadas o 3 de outubro de 1990.[8] A 63ª edición dos Óscar, celebrada o 25 de marzo de 1991,[9] foi a primeira vez que Alemaña puido participar como un único país. A Alemaña reunificada tivo éxito na categoría do Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, conseguindo dous galardóns e oito nomeamentos en menos de dúas décadas.[5] Os dous filmes alemáns que recibiron o premio dende a reunificación foron Das Leben der Anderen (2006) de Florian Henckel von Donnersmarck e Nirgendwo in Afrika (2001) de Caroline Link. Ámbolos dous son os únicos directores alemáns que tiveron máis dun filme nomeado nesta categoría. Varios outros filmes alemáns recibiron premios da Academia noutras categorías diferentes á do mellor filme internacional.[a]

Propostas editar

De acordo coas regras da Academia, a selección das propostas oficiais de cada país debe ser realizada por "unha organización, xurado ou comité que debe incluír artistas e/ou creadores no eido do cinema".[3] No caso alemán, o comité de selección e procedemento están xestionados por German Films Service + Marketing GmbH, con sede en Múnic, coñecido como Export-Union of German Cinema até o ano 2004.[10] Os produtores e distribuidores de filmes poden enviar a German Films un filme para a súa consideración, que verifica a integridade da solicitude e o cumprimento das normas da Academia.[b] German Films non está representado no comité e céntrase soamente nos aspectos organizacionais.[11] Malia que a Alemaña Oriental adoitaba enviar propostas con moderación, Alemaña Occidental e a Alemaña reunificada participan regularmente, enviando propostas á Academia cada ano agás dende 1962 a 1964 e en 1991. A negativa do comité de selección a presentar un filme en 1991 foi moi controvertida.[c] A escolla de Das weiße Band – Eine deutsche Kindergeschichte en 2009 tamén causou certa controversia.[d]

Alemaña Occidental editar

Ano[e]
(Cerimonia)
Título Director Resultado
1956
(29ª)
Der Hauptmann von Köpenick KautnerHelmut Käutner
Nomeado
1957
(30ª)
Nachts, wenn der Teufel kam Siodmak, RobertRobert Siodmak
Nomeado
1958
(31ª)
Helden Wirth, Franz PeterFranz Peter Wirth
Nomeado
1959
(32ª)
Die Brücke Wicki, BernhardBernhard Wicki
Nomeado
1960
(33ª)
Faust Gorski, PeterPeter Gorski Non nomeado
1966
(39ª)
Der junge Törless SchlondorffVolker Schlöndorff Non nomeado
1967
(40ª)
Tätowierung Schaaf, JohannesJohannes Schaaf Non nomeado
1968
(41ª)
Die Artisten in der Zirkuskuppel: ratlos Kluge, AlexanderAlexander Kluge Non nomeado
1969
(42ª)
Jagdszenen aus Niederbayern Fleischmann, PeterPeter Fleischmann Non nomeado
1970
(43ª)
o.k. Verhoeven, MichaelMichael Verhoeven Non nomeado
1971
(44ª)
Das Schloß Noelte, RudolfRudolf Noelte Non nomeado
1972
(45ª)
Trotta Schaaf, JohannesJohannes Schaaf Non nomeado
1973
(46ª)
Der Fußgänger Schell, MaximilianMaximilian Schell
Nomeado
1974
(47ª)
Einer von uns beiden Petersen, WolfgangWolfgang Petersen Non nomeado
1975
(48ª)
Jeder für sich und Gott gegen alle Herzog, WernerWerner Herzog Non nomeado
1976
(49ª)
Ansichten eines Clowns Vojtech JasnyVojtěch Jasný Non nomeado
1977
(50ª)
Der amerikanische Freund Wenders, WimWim Wenders Non nomeado
1978
(51ª)
Die gläserne Zelle GeissendorferHans W. Geißendörfer
Nomeado
1979
(52ª)
O tambor de folla de lata SchlondorffVolker Schlöndorff Premio da Academia
1980
(53ª)
Fabian Gremm, WolfWolf Gremm Non nomeado
1981
(54ª)
Lili Marleen Fassbinder, Rainer WernerRainer Werner Fassbinder Non nomeado
1982
(55ª)
Fitzcarraldo Herzog, WernerWerner Herzog Non nomeado
1983
(56ª)
Die flambierte Frau AckerenRobert van Ackeren Non nomeado
1984
(57ª)
Morgen in Alabama KuckelmannNorbert Kückelmann Non nomeado
1985
(58ª)
Bittere Ernte Holland, AgnieszkaAgnieszka Holland
Nomeado
1986
(59ª)
Männer… DorrieDoris Dörrie Non nomeado
1987
(60ª)
Der Himmel über Berlin Wenders, WimWim Wenders Non nomeado
1988
(61ª)
Yasemin Bohm, HarkHark Bohm Non nomeado
1989
(62ª)
Das Spinnennetz Wicki, BernhardBernhard Wicki Non nomeado

Alemaña Oriental editar

Ano[e]
(Cerimonia)
Título Director Resultado
1973
(46ª)
Der Dritte GuntherEgon Günther Non nomeado
1976
(49ª)
Jakob der Lügner Beyer, FrankFrank Beyer
Nomeado
1977
(50ª)
Mama, ich lebe Wolf, KonradKonrad Wolf Non nomeado
1980
(53ª)
Die Verlobte Reisch, GünterGünter Reisch e RuckerGünther Rücker Non nomeado
1983
(56ª)
Der Aufenthalt Beyer, FrankFrank Beyer Non nomeado

Alemaña editar

Ano[e]
(Cerimonia)
Título Director Resultado
1990
(63ª)
Das schreckliche Mädchen Verhoeven, MichaelMichael Verhoeven
Nomeado
1992
(65ª)
Schtonk! Dietl, HelmutHelmut Dietl
Nomeado
1993
(66ª)
Justiz GeissendorferHans W. Geißendörfer Non nomeado
1994
(67ª)
Das Versprechen TrottaMargarethe von Trotta Non nomeado
1995
(68ª)
Schlafes Bruder Vilsmaier, JosephJoseph Vilsmaier Non nomeado
1996
(69ª)
Der Totmacher Karmakar, RomualdRomuald Karmakar Non nomeado
1997
(70ª)
Jenseits der Stille Link, CarolineCaroline Link
Nomeado
1998
(71ª)
Lola rennt Tykwer, TomTom Tykwer Non nomeado
1999
(72ª)
Aimée & Jaguar FarberbockMax Färberböck Non nomeado
2000
(73ª)
Die Unberührbare Roehler, OskarOskar Roehler Non nomeado
2001
(74ª)
Das Experiment Hirschbiegel, OliverOliver Hirschbiegel Non nomeado
2002
(75ª)
Nirgendwo in Afrika Link, CarolineCaroline Link Premio da Academia
2003
(76ª)
Good Bye, Lenin! Becker, WolfgangWolfgang Becker Non nomeado
2004
(77ª)
Der Untergang Hirschbiegel, OliverOliver Hirschbiegel
Nomeado
2005
(78ª)
Sophie Scholl – Die letzten Tage Rothemund, MarcMarc Rothemund
Nomeado
2006
(79ª)
Das Leben der Anderen DonnersmarckFlorian Henckel von Donnersmarck Premio da Academia
2007
(80ª)
Auf der anderen Seite AkinFatih Akın Non nomeado
2008
(81ª)
Der Baader Meinhof Komplex Edel, UliUli Edel
Nomeado
2009
(82ª)
Das weiße Band[12] Haneke, MichaelMichael Haneke
Nomeado
2010
(83ª)
Die Fremde[13] Aladag, FeoFeo Aladag Non nomeado[14]
2011
(84ª)
Pina[15] Wenders, WimWim Wenders
Lista curta de xaneiro[16]
2012
(85ª)
Barbara[17] Christian Petzold Non nomeado
2013
(86ª)
Zwei Leben[18] Georg Maas
Lista curta de xaneiro[19]
2014
(87ª)
Die geliebten Schwestern[20] Dominik Graf Non nomeado
2015
(88ª)
Im Labyrinth des Schweigens[21] Giulio Ricciarelli
Lista curta de decembro[22]
2016
(89ª)
Toni Erdmann[23] Maren Ade
Nomeado[24]
2017
(90ª)
Aus dem Nichts[25] Fatih Akin
Lista curta de decembro[26]
2018
(91ª)
Werk ohne Autor[27] Florian Henckel von Donnersmarck
Nomeado[28]
2019
(92ª)
Systemsprenger[29] Nora Fingscheidt Non nomeado
2020
(93ª)
Und morgen die ganze Welt[30] Julia von Heinz Non nomeado
2021
(94ª)
O home perfecto[31] Maria Schrader
Lista curta de decembro[32]
2022
(95ª)
Sen novidade na fronte[33] Edward Berger Premio da Academia

Notas editar

a^: Varios filmes alemáns foron nomeadas ou gañaron premios da Academia en categorías distintas á de mellor filme internacional. Aínda que nunca foi presentada por Alemaña Occidental para competir na categoría de mellor filme internacional, o filme Das Boot de Wolfgang Petersen foi nomeado a outros seis premios, xa que foi estreado comercialmente no condado dos Ánxeles.[7] Nove filmes alemáns foron nomeadas nas categorías de documental, mais só Serengeti darf nicht sterben (1959) de Bernhard Grzimek conseguiu gañar o Óscar ó mellor documental. Os outros oito documentais nomeados foron: Kahl (1961) de Haro Senft, Chariots of the Gods (1970) de Harald Reinl, The Silent Revolution (1972) de Edouard de Laurot, Battle of Berlin (1973) de Franz Baake, The Yellow Star – The Persecution of the Jews in Europe 1933–45 (1980) de Dieter Hildebrandt, Marlene (1984) de Maximilian Schell, Buena Vista Social Club (1999) de Wim Wenders e The Story of the Weeping Camel (2004) de Byambasuren Davaa e Luigi Falorni.[34]
Cinco curtametraxes alemás non documentais tamén gañaron premios da Academia. O Óscar á mellor curtametraxe animada foi gañado por Christoph Lauenstein e Wolfgang Lauenstein por Balance en 1989, e por Tyron Montgomery e Thomas Stellmach por Quest en 1996. Outros dous filmes alemáns foron nomeados pero non gañaron o Premio da Academia á curtametraxe de animación: The Periwig-Maker (2000) por Steffen Schäffler e Das Rad (2002) por Chris Stenner, Arvid Uibel e Heidi Wittlinger. O Óscar á mellor curtametraxe de acción en vivo foi gañado por Pepe Danquart con Schwarzfahrer en 1993, por Florian Gallenberger con Quiero ser (I want to be...) en 2000 e por Jochen Alexander Freydank con Spielzeugland en 2008. Gregor's Greatest Invention de Johannes Kiefer foi nomeado para o Ósca á curtametraxe de acción en vivo en 2001, mais perdeu.[35]
b^: O comité que escolle as propostas de Alemaña á Academia está composto polas seguintes nove asociacións:[11]
c^: En 1991, o comité de selección emitiu un informe oficial segundo o cal ningún filme alemán posuía a calidade suficiente para ser candidato.[36] Aínda que o filme de Agnieszka Holland Hitlerjunge Salomon fora un éxito de crítica (recibindo premios das sociedades de críticos de Nova York e Boston, o National Board of Review Award e Globo de Ouro) e nese momento era o segundo filme en lingua alemá con máis público nos Estados Unidos (despois de Das Boot), non foi seleccionado. Isto foi amplamente criticado e levou a varios cineastas alemáns destacados a escribir unha carta aberta denunciando o rexeitamento do comité a propoñer Hitlerjunge Salomon.[37] Afirmouse que o comité non escolleu o filme polo seu tema delicado (a historia dun xudeu que escapa á persecución nazi facéndose pasar por ario). Dise que os membros do comité describiron non oficialmente o filme como "lixo" e "unha vergoña". Tamén se dubidou de se cumpriría as regras da Academia porque foi rodado en Polonia e só financiado en parte por Alemaña.[36] Aínda que o filme non foi enviado, estreouse no condado dos Ánxeles, ao que o facía elixible noutras categorías. Foi candidato ao Óscar ó mellor guión adaptado, aínda que non gañou.[38]
d^: En 2009 o comité de selección escolleu Das weiße Band como proposta alemá. Isto causou certa controversia sobre as regras da Academia, que aceptaría o filme como proposta tanto de Alemaña como de Austria. Martin Schweighofer, director da Austrian Film Commission, expresou que non estaba contento coa decisión: "A incomodidade chega polas regras vagas da Academia. Nas consideracións esenciais, o filme é austríaco". Informouse de que o distribuidor estadounidense, Sony Pictures Classics, fixo presión a Alemaña para que o propuxese en lugar de Austria por razóns tácticas, xa que o cinema austríaco fora candidato dúas veces consecutivas, con Die Fälscher (2007) e Revanche (2008).[39]
e1 2 3 : Cada ano está vinculado a un artigo sobre ese ano en particular na historia do cinema.
  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]

Referencias editar

  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. 5,0 5,1 Academy Award Statistics, ed. (marzo de 2009). "Foreign Language Film Facts". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2007. Consultado o 15 de febreiro de 2008. 
  6. Baron, Lawrence (2005). Projecting the Holocaust Into the Present: The Changing Focus of Contemporary Holocaust Cinema. Lanham, MD: Rowman & Littlefield. p. 155. ISBN 978-0-7425-4333-1. OCLC 60245614. 
  7. 7,0 7,1 Pflaum, Hans Günther. German Films, ed. "On the history of the German candidates for the Academy Award for Best Foreign Language Film". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2009. Consultado o 27 de agosto de 2008. 
  8. Steinbruckner, Bruno F (agosto de 1995). Solsten, Eric, ed. "Germany. Opening of the Berlin Wall and Unification". 
  9. "Oscar Legacy: Academy Awards Ceremonies from 1990–1999". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2009. Consultado o 9 de maio de 2009. 
  10. German Films Service + Marketing GmbH (ed.). "About Us". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2007. Consultado o 30 de agosto de 2008. 
  11. 11,0 11,1 German Films (ed.). "German Films & The Academy Award for Best Foreign Language Film" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de maio de 2009. Consultado o 9 de maio de 2009. 
  12. German Films, ed. (26 de agosto de 2009). "THE WHITE RIBBON (DAS WEISSE BAND) representing Germany in the race for the OSCAR". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2010. Consultado o 28 de agosto de 2009. 
  13. hollywoodreporter (ed.). "'When We Leave' is German Oscar submission". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2010. Consultado o 2 de outubro de 2010. 
  14. oscars.org (ed.). "9 Foreign Language Films Continue to Oscar Race". Consultado o 19 de xaneiro de 2011. 
  15. bild.de (ed.). "Pina für Deutschland ins Oscar-Rennen". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2012. Consultado o 8 de setembro de 2011. 
  16. "9 Foreign Language Films Vie for Oscar". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2012. Consultado o 19 de xaneiro de 2012. 
  17. Screendaily (ed.). "Germany's Oscar entry is Christian Petzold's Barbara". Consultado o 31 de agosto de 2012. 
  18. Deadline (ed.). "'Two Lives' To Rep Germany In Foreign-Language Oscar Race". Consultado o 27 de agosto de 2013. 
  19. Oscars (ed.). "9 Foreign Language Films Advance in Oscar Race". Consultado o 20 de decembro de 2013. 
  20. Variety (ed.). "OSCARS: Germany Selects Dominik Graf's 'Beloved Sisters' as Academy Award Entry". Consultado o 27 de agosto de 2014. 
  21. Roxborough, Scott (27 de agosto de 2015). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Germany Picks 'Labryinth of Lies' for Foreign Language Category". Consultado o 27 de agosto de 2015. 
  22. Oscars, ed. (17 de decembro de 2015). "9 Foreign Language Films Advance In Oscar Race". Consultado o 18 de decembro de 2015. 
  23. Roxborough, Scott (25 de agosto de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Germany Selects 'Toni Erdmann' for Foreign-Language Category". Consultado o 25 de agosto de 2016. 
  24. BBC News, ed. (24 de xaneiro de 2017). "Oscars 2017: The full nominations". Consultado o 24 de xaneiro de 2017. 
  25. Mitchell, Robert (24 de agosto de 2017). Variety, ed. "Fatih Akin's 'In the Fade' Selected as German Oscar Entry". Consultado o 24 de agosto de 2017. 
  26. Pond, Steve (14 de decembro de 2017). The Wrap, ed. "Oscars Foreign Language Shortlist Includes 'The Square,' 'A Fantastic Woman'". Consultado o 14 de decembro de 2017. 
  27. Mitchell, Robert (30 de agosto de 2018). Variety, ed. "Oscars: Germany Selects 'Never Look Away' as Foreign Language Entry". Consultado o 30 de agosto de 2018. 
  28. BBC News (ed.). "Oscars 2019: The nominees in full". Consultado o 22 de xaneiro de 2019. 
  29. Variety (ed.). "Oscars: Germany Selects ‘System Crasher’ for International Feature Film Award". Consultado o 21 de agosto de 2019. 
  30. "Oscars 2021: And Tomorrow the Entire World to Enter the Race for Germany". German Films. 28 de outubro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2020. Consultado o 28 de outubro de 2020. 
  31. Kaufmann, Nicole (15 de setembro de 2021). "Oscars 2022: "I'm Your Man" to enter the race for Germany". German Films. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2021. Consultado o 15 de setembro de 2021. 
  32. Davis, Clayton (21 de decembro de 2021). "Oscars Shortlists Include Beyoncé, ‘Spider-Man’ and Two Jonny Greenwood Scores as France’s ‘Titane’ Is Snubbed". Variety. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  33. Roxborough, Scott (2022-08-24). "Oscars: Germany Picks 'All Quiet on the Western Front' for 2023 Race". The Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 2022-08-24. 
  34. "Documentaries (feature-length and short)". German Films. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2007. Consultado o 2008-08-30. 
  35. "Short Film Academy Awards". German Films. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2007. Consultado o 2008-08-30. 
  36. 36,0 36,1 Weinraub, Bernard (14 de xaneiro de 1992). "The Talk of Hollywood; Europa Surfaces In Oscar Angling". The New York Times. Consultado o 2008-08-29. 
  37. Weinraub, Bernard (28 de xaneiro de 1992). "German Film Makers Express Support for Europa". The New York Times. Consultado o 2008-08-31. 
  38. "Europa Europa (1991) - Awards". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2011. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  39. "Haneke greift für Deutschland nach Gold" (en alemán). Der Standard. 2009-08-28. Consultado o 2009-09-04.