Wolfgang Petersen
Wolfgang Petersen, nado en Emden o 14 de marzo de 1941 e finado en Brentwood (Os Ánxeles) o 12 de agosto de 2022, foi un director e guionista alemán.
Traxectoria
editarPetersen debutou no cinema en 1974 co suspense psicolóxico Einer von uns beiden, protagonizada por Jürgen Prochnow. O seguinte filme, Die Konsequenz (1977), adaptación da novela autobiográfica de Alexander Ziegler. No seu momento o filme, sobre o amor homosexual, foi considerado radical no seu país.
En 1982 estreouse o filme bélico O submarino, que narra as experiencias da tripulación dun submarino alemán durante a Batalla do Atlántico. O filme recibiu moi boas críticas e foi candidato a seis premios Oscar, incluíndo os de mellor director e mellor guión adaptado para o propio Petersen.
Tras The NeverEnding Story (1984), primeiro filme en inglés, mais rodado en Alemaña, dirixiu xa en Hollywood Enemy Mine (1985), que non foi un éxito. Volveu triunfar en 1993 con In the Line of Fire, con Clint Eastwood.
Dirixiu ademais filmes de acción como Air Force One e A tormenta perfecta.
Filmografía
editarAno | Filme | Director | Produtor | Guionista |
---|---|---|---|---|
1974 | Einer von uns beiden | Si | ||
1977 | Die Konsequenz | Si | Si | |
1978 | Schwarz und weiß wie Tage und Nächte | Si | ||
1981 | O submarino | Si | Si | |
1984 | The NeverEnding Story | Si | Si | |
1985 | Enemy Mine | Si | ||
1991 | Shattered | Si | Si | Si |
1993 | In the Line of Fire | Si | ||
1995 | Estalido | Si | Si | |
1997 | Air Force One | Si | Si | |
2000 | A tormenta perfecta | Si | ||
2004 | Troia | Si | Si | |
2006 | Poseidon | Si | Si | |
2016 | Vier gegen die Bank | Si | Si |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial
- Wolfgang Petersen na IMDb (en inglés).