Fitzcarraldo

filme de 1982 dirixido por Werner Herzog

Fitzcarraldo é un filme alemán de 1982 escrito e dirixido por Werner Herzog e protagonizado por Klaus Kinski. Conta a historia dun señor do caucho, un irlandés coñecido no Perú como Fitzcarraldo, que está determinado a transportar un barco de vapor sobre un outeiro para acceder a un rico territorio do caucho na conca do Amazonas. O filme baseáse nos feitos reais do peruano Carlos Fitzcarrald e a súa fazaña de transportar un barco de vapor desmontado sobre o istmo de Fitzcarrald.

Fitzcarraldo
Ficha técnica
Título orixinalFitzcarraldo
DirectorWerner Herzog
ProdutorWerner Herzog
Lucki Stipetić
GuiónWerner Herzog
IntérpretesKlaus Kinski
Claudia Cardinale
José Lewgoy
MúsicaPopol Vuh
FotografíaThomas Mauch
MontaxeBeate Mainka-Jellinghaus
EstudioWerner Herzog Filmproduktion
Pro-ject Filmproduktion
Filmverlag der Autoren
DistribuidoraFilmverlag der Autoren
Estrea5 de marzo de 1982
Duración157 minutos
OrixeRepública Federal de Alemaña República Federal Alemá
XéneroDrama e aventuras
Orzamento14 millóns de marcos[1]

O filme tivo unha produción complicada. Herzog obrigou ó seu equipo a transportar manualmente o barco de vapor de 320 toneladas por un outeiro, o que provocou tres feridos. O protagonista orixinal do filme, Jason Robards enfermou na metade da rodaxe polo que Herzog contou con Kinski, con quen previamente tivera un enfrontamento violento durante a produción de Aguirre, der Zorn Gottes. A súa segunda colaboración non foi mellor e un dos extras mesmo se ofreceu a matar a Kinski.

Foi escollido como candidato de Alemaña do Oeste para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 55ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[2]

PersonaxesEditar

NotasEditar

  1. Rumler, Fritz (24 de agosto de 1981). Der Spiegel, ed. ""Eine Welt, in der Schiffe über Berge fliegen"" (35/1981). Consultado o 9 de outubro de 2016. 
  2. Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar