Das Leben der Anderen

filme de 2006 dirixido por Florian Henckel von Donnersmarck

Das Leben der Anderen é un filme alemán estreado en 2006 escrito e dirixido por Florian Henckel von Donnersmarck e premiado co Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa.

Das Leben der Anderen
Ficha técnica
DirectorFlorian Henckel von Donnersmarck
ProdutorMax Wiedemann
Quirin Berg
GuiónFlorian Henckel von Donnersmarck
IntérpretesUlrich Mühe
Martina Gedeck
Sebastian Koch
Ulrich Tukur
MúsicaGabriel Yared
Stéphane Moucha
FotografíaHagen Bogdanski
MontaxePatricia Rommel
EstudioWiedemann & Berg
Bayerischer Rundfunk
Arte
Creado Film
Estrea23 de marzo de 2006
Duración137 minutes[1]
OrixeAlemaña Alemaña
XéneroDrama
Orzamento$2 millóns[2]
Recadación$77,3 millóns[2]
Na rede
http://www.thelivesofothers.com
IMDB: tt0405094 Filmaffinity: 381846 Allocine: 111643 Rottentomatoes: m/the_lives_of_others Mojo: livesofothers Allmovie: v350173 TCM: 647540 Metacritic: movie/the-lives-of-others TV.com: movies/the-lives-of-others Netlix: 70056425Editar o valor em Wikidata

Argumento editar

O filme narra a historia dun axente da Stasi, a policía política da República Democrática Alemá, Gerd Wiesler, que participa nun servizo de escoitas clandestinas do apartamento dunha parella da escena cultural de Berlín Oriental, o escritor Georg Dreyman e a actriz Christa-Maria Sieland. Máis tarde, vese envolto na vida da parella e ten un papel decisivo nos seus destinos.

Elenco editar

Recoñecementos editar

Das Leben der Anderen foi o terceiro filme alemán que recibiu o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa. Tamén foi candidato ao Globo de Ouro ao mellor filme estranxeiro.

En 2009 a revista estadounidense National Review considerouno o mellor filme dos últimos vinte e cinco anos.[3] Nunha enquisa da BBC de 2016, os críticos votárono como o 23.º mellor filme dende o ano 2000.[4]

Notas editar

  1. "DAS LEBEN DER ANDEREN - THE LIVES OF OTHERS". British Board of Film Classification. 27-11-2006. Consultado o 24-11-2012. 
  2. 2,0 2,1 "The Lives of Others (2007)". Box Office Mojo. Consultado o 7 de xullo de 2011. 
  3. Miller, John (23 de febreiro de 2009). "The Best Conservative Movies". National Review Online. Consultado o 19 de agosto de 2009. 
  4. "The 21st century's 100 greatest films". BBC. 23 de agosto de 2016. Consultado o 8 de novembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Paul Cooke (ed.): "The Lives of Others" and Contemporary German Film. A Companion. De Gruyter, Berlin/Boston 2013, ISBN 978-3-11-026810-2.

Ligazóns externas editar