Filmes propostos ó mellor filme internacional na 79ª edición dos Óscar
Esta é unha lista dos filmes propostos na 79ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.[1] A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956.[2] O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa.[3] O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.[3]
A Academia convidou 83 países a enviar filmes a competición,[4][5] recibíndose sesenta e tres propostas, das que se aceptaron sesenta e unha, o maior número ata ese momento.[6] Lituania presentou un filme por primeira vez.
Nesta edición cambiáronse dúas regras.[7] A primeira foi instituír un proceso en dous pasos para escoller os filmes candidatos para permitir que os membos da Academia en Nova York puidesen participar.[8] Un comité inicial seleccionaría nove filmes para formar unha lista curta en xaneiro que entón sería revisada por un comité composto de dez membros do comité inicial, dez membros dos Ánxeles e dez de Nova York para escoller os cinco candidatos finais.[9] O segundo cambio foi suprimir a regra que requiría que os filmes estivesen nunha lingua do país que o propuxo.[10] Isto fíxose como resposta ao rexeitamento dos filmes propostos por Italia e Austria para a 78ª edición dos Óscar, Private e Caché respectivamente, por non estar filmados en linguas dos respectivos países.[9][11] Isto permitiu aceptar propostas como a canadense Water, que só contén diálogos en hindi.[11] Tras revelar a lista curta de candidatos, os cinco candidatos (Alemaña, Alxeria, o Canadá, Dinamarca e México) anunciáronse o 23 de xaneiro de 2007. O filme alemán Das Leben der Anderen de Florian Henckel von Donnersmarck gañou o premio.[12]
Propostas
editarDescualificacións
editarAs propostas de Finlandia e Luxemburgo foron rexeitadas antes do proceso de revisión. O filme finlandés foi retirado da competición polo seu director Aki Kaurismäki[13] e o luxemburgués porque se considerou que a presenza creativa do país na realización do filme non cumpría os requirimentos.[14]
Notas
editar- ↑ En abril de 2019 o nome da categoría cambiouse a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada: Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ "History of the Academy Awards - Page 2". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 23 de xuño de 2008.
- ↑ 3,0 3,1 "Special Rules for the Best Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 2008-03-14. Consultado o 2008-06-20.
- ↑ "83 Countries Invited to Submit Foreign Language Films for 2006 Oscar". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 2008-04-26. Consultado o 2008-06-21.
- ↑ "83 countries compete for foreign language Oscar". The Guardian. 2006-07-12. Arquivado dende o orixinal o 2013-04-20. Consultado o 2008-06-21.
- ↑ Sneider, Jeff (2006-10-19). "Oscar race counts 61 countries". Variety. Consultado o 2008-06-21.
- ↑ "79th Oscar Rules Approved by Academy". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. 2006-06-30. Arquivado dende o orixinal o 2008-02-20. Consultado o 2008-06-21.
- ↑ "Rules Change for Foreign-Language Oscar". Fox News. 2006-07-02. Consultado o 2008-06-21.
- ↑ 9,0 9,1 "Rules Change for Foreign-Language Oscar". San Francisco Chronicle. 2006-07-01. Arquivado dende o orixinal o 2020-04-04. Consultado o 2008-06-21.
- ↑ Welkos, Robert (2006-07-03). "Foreign film rules altered". Los Angeles Times. Consultado o 2008-06-21.
- ↑ 11,0 11,1 Pais, Arthur (2006-09-22). "Water is Canada's Oscar entry". Rediff.com. Consultado o 2008-06-21.
- ↑ Paris, Barry (2007-03-01). "'The Lives of Others'". Pittsburgh Post-Gazette. Consultado o 2008-06-24.
- ↑ Selkokari, Antti (2006-10-18). "Kaurismaki turns off 'Lights' on Oscar bid". Variety. Consultado o 2008-06-21.
- ↑ Goodfellow, Melanie (2006-11-08). "Lux out of 'Name' game". Variety. Consultado o 2008-06-21.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cine |