Lola rennt

filme de 1998 dirixido por Tom Tykwer

Lola rennt é un filme alemán de 1998 escrito e dirixido por Tom Tykwer. Está protagonizado por Franka Potente no papel de Lola e Moritz Bleibtreu como Manni. Conta a historia dunha muller que necesita obter 100 000 marcos alemáns en vinte minutos para salvar a vida do seu mozo.

Lola rennt
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalLola rennt
DirectorTom Tykwer
ProdutorStefan Arndt
GuiónTom Tykwer
Intérpretes
Música
FotografíaFrank Griebe
MontaxeMathilde Bonnefoy
Estudio
  • X-Filme Creative Pool
  • WDR
  • Arte
DistribuidoraProkino Filmverleih
Estrea20 de agosto de 1998
Duración80 minutos[1]
OrixeAlemaña Alemaña
XéneroSuspense
Orzamento1,75 millóns de dólares[2]
Recadación22,9 millóns de dólares[2]
Na rede
http://www.miramax.com/movie/run-lola-run
IMDB: tt0130827 Filmaffinity: 531259 Allocine: 10295 Rottentomatoes: m/run_lola_run Mojo: runlolarun Allmovie: v173489 TCM: 443845 Metacritic: movie/run-lola-run TV.com: movies/run-lola-run-2 Netlix: 22498178Editar o valor em Wikidata

Lola rennt estreouse no Festival Internacional de Cinema de Venecia, onde competiu polo León de Ouro.[3] O filme foi escollido como candidato de Alemaña para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 71ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[4][5]

Sinopse editar

O filme comeza con Lola contestando unha chamada telefónica do seu mozo, Manni. El é un criminal de pouca categoría e perdeu nun tren 100 000 marcos que pertencen ao seu xefe. Manni ten que entregar os cartos ao seu xefe antes de que transcorran vinte minutos. Teme que o maten se descobre a perda e decide roubar un supermercado próxima. Lola prégalle que a espere e dille que ela conseguirá o diñeiro dalgún xeito. Como lle roubaron a moto, terá que correr.

O filme divídese en tres "carreiras". Cada unha comeza do mesmo xeito: tras tirar o teléfono, Lola sae correndo do apartamento mentres a súa nai lle pide que merque xampú. Cada carreira desenvólvese dunha forma diferente con distintos resultados.

Personaxes editar

Notas editar

  1. British Board of Film Classification, ed. (21 de xuño de 1999). "Run Lola Run (15)". Consultado o 8 de novembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 The Numbers (ed.). "Run Lola Run". Consultado o 24 de xuño de 2015. 
  3. "55th Venice Film Festival 1998 - FilmAffinity". FilmAffinity. Consultado o 28 de outubro de 2017. 
  4. Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, ed. (19 de novembro de 1998). "45 Countries Submit Films for Oscar Consideration". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 1999. Consultado o 20 de outubro de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar