Die Fälscher
Die Fälscher é un filme austro-xermano de 2007 escrito e dirixido por Stefan Ruzowitzky. Está baseado na operación Bernhard, un plan secreto da Alemaña nazi durante a segunda guerra mundial para destabilizar o Reino Unido. O filme céntrase nun falsificador xudeu, Salomon "Sally" Sorowitsch, quen é obrigado a axudar na operación no Campo de concentración de Sachsenhausen.
Die Fälscher | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Die Fälscher |
Director | Stefan Ruzowitzky |
Produtor | Josef Aichholzer Nina Bohlmann Babette Schröder |
Guión | Stefan Ruzowitzky |
Baseado en | Die Fälscher de Adolf Burger |
Intérpretes | Karl Markovics August Diehl Devid Striesow |
Música | Marius Ruhland |
Fotografía | Benedict Neuenfels |
Montaxe | Britta Nahler |
Estudio | Aichholzer Film Magnolia Filmproduktion Babelsberg Studio |
Distribuidora | Filmladen (Austria) Universum Film (Alemaña) |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 98 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Bélico e drama |
Orzamento | 6 250 000 dólares[1] |
Recadación | 20 199 663[1] |
Na rede | |
http://www.sonyclassics.com/thecounterfeiters/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O filme leva á pantalla a vida de Salomon Smolianov, a partir das memorias de Adolf Burger, un tipógrafo xudeu eslovaco que foi encarcerado en 1942 por crear certificados de bautismo para que os xudeus puidesen evitar a deportación, e posteriormente foi internado en Sachsenhausen para traballar na operación Bernhard.[2] Ruzowitsky consultou con Burger ó longo de cada proceso de guionización e produción. O filme gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 80ª edición dos premios.
PersonaxesEditar
- Karl Markovics como Salomon Sorowitsch (Salomon Smolianov)
- August Diehl como Burger (Adolf Burger)
- Devid Striesow como Sturmbannführer Herzog (Bernhard Krüger)
- Veit Stübner como Atze
- Sebastian Urzendowsky como Karloff/Kolya
- August Zirner como Dr Klinger
- Martin Brambach como Hauptscharführer Holst
- Andreas Schmidt como Zilinski
- Tilo Prückner como Hahn
- Lenn Kudrjawizki como Loszek
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Die Fälscher".
- ↑ Aish.com, ed. (24 de maio de 2008). "The Counterfeiters Tell Their Tale". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2018. Consultado o 7 de xullo de 2014.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Die Fälscher |
Outros artigosEditar
- Filmes de Austria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 80ª edición dos Óscar
- Salomon Smolianov
Ligazóns externasEditar
- Die Fälscher na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)