Abrir o menú principal

O tambor de folla de lata

Filme de 1979 dirixido por Volker Schlöndorff

O tambol de folla de lata (en alemán: Die Blechtrommel) é un filme de 1979, producido por Alemaña, Francia, Polonia e Iugoslavia. Foi dirixido polo alemán Volker Schlöndorff, cun guión adaptado do libro homónimo de Günter Grass. O filme gañou o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa e a Palma de Ouro no Festival de Cannes.

O tambor de folla de lata
Ficha técnica
Título orixinalDie Blechtrommel
DirectorVolker Schlöndorff
ProdutorFranz Seitz
Anatole Dauman
GuiónVolker Schlöndorff
Jean-Claude Carrière
Franz Seitz
Baseado enDie Blechtrommel, de Günter Grass
IntérpretesDavid Bennent
Mario Adorf
Angela Winkler
MúsicaMaurice Jarre
FotografíaIgor Luther
MontaxeSuzanne Baron
EstudioJadran Film
Estrea3 de maio de 1979
Duración142 minutos
OrixeAlemaña Alemaña
Flag of France.svg Francia
Polonia Polonia
Iugoslavia Iugoslavia
Recadación2 millóns de dólares[1]

Foi emitido na TVG o 2 de novembro de 2001.[2]

ArgumentoEditar

Oskar Matzerath naceu na cidade alemá de Danzig na década de 1920. Cando cumpre tres anos recibe de regalo un tambor. Desconforme co feito de que a súa nai é infiel cun primo, decide parar de crecer tirándose escaleira abaixo. Paralelamente, chega a ascensión do nazismo no país e a disputa que se iniciará por Danzig.

ElencoEditar

NotasEditar

  1. Roger Corman & Jim Jerome, How I Made a Hundred Movies in Hollywood and Never Lost a Dime, Muller, 1990 p 191
  2. Programación