Paquistán

país de Asia

Paquistán[1] (en urdú پاکستان), e oficialmente República Islámica de Paquistán (en urdú اسلامی جمہوریۂ پاكستان), é un estado de Asia Meridional. Cunha poboación de 180 millóns de habitantes, é o sexto país máis poboado do mundo. Ten unha área de 796.095 km2, o que o sitúa no número 36 en tamaño. Está localizado nunha rexión moi importante estratexicamente, cunha costa de 1046 km ó longo do Mar Arábigo e do Golfo de Omán no sur. Limita coa India polo leste, con Afganistán polo norte o polo oeste, con Irán polo suroeste e con China polo nordeste. Está separado de Taxiquistán polo territorio afgán do Corredor de Wakhan.

Modelo:Xeografía políticaPaquistán
پاکستان (ur)
پاکستان (pa)
پاڪستان (sd)
پاکستان (ps)
Pakistan (en)
پاکستان (mis)
پاکستان (brh)
Pákistán (brh)
پاکستان (mis)
پاکِستان (ks) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoQaumī Tarāna (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«Iman, Ittihad, Nazm (en) Traducir» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aIkhlas (en) Traducir, Punjab, Khyber Pakhtunkhwa (pt) Traducir, Caxemira Livre (pt) Traducir, Sind e Baluchistán Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 30°N 71°L / 30, 71Coordenadas: 30°N 71°L / 30, 71
CapitalIslamabad Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación223.773.700 (2021) Editar o valor em Wikidata (253,74 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
Lingua urdú (língua nacional (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie881.913 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoK2 (8.610) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoMar Arábigo (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación14 de agosto de 1947 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública federal
República parlamentaria Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataArif Alvi (pt) Traducir (2018–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGovernment of Pakistan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataShehbaz Sharif (pt) Traducir (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento do Paquistão (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal348.262.544.719 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaRupia do Paquistão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+5 (pt) Traducir
Asia/Karachi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Dominio de primeiro nivel.pk Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+92 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia1122 (en) Traducir, 15 (en) Traducir e 16 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código de paísPK Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webpakistan.gov.pk Editar o valor em Wikidata

O territorio do moderno Paquistán foi o fogar de varias culturas antigas, incluíndo a neolítica Mehrgarh e a civilización do val do Indo da Idade de Bronce. O territorio tivo varios reinos gobernados por pobos de diferentes crenzas e culturas, como hindús, persas, indogregos, islámicos, turco-mongois, afgáns e sikh. A área foi dominada por varios imperios e dinastías, como o Imperio Maurya da India, o Imperio Aqueménida persa, Alexandre o Grande, o Califato Omeia árabe, o Imperio Mongol, o Imperio mogol, e Imperio Durrani, o Imperio Sikh e o Imperio Británico. Como resultado do Movemento de Paquistán liderado por Muhammad Ali Jinnah e da loita da India pola independencia, Paquistán acadou a independencia en 1947 como unha nación das rexións da India con maioría musulmá. Inicialmente un dominio, Paquistán adoptou unha nova constitución en 1956, converténdose nunha República Islámica. A guerra civil de 1971 deveu na secesión do leste do país nun novo país, Bangladesh.

Paquistán é unha república parlamentaria federal que consta de catro provincias e catro territorios federais. É un país étnica e lingüisticamente diverso, que tamén posúe unha gran diversidade na súa xeografía e fauna. É unha potencia media e rexional,[2][3] e posúe a sétima maior forza armada do mundo, así como armas nucleares, sendo a única nación do mundo musulmán, e a segunda de Asia Meridional, con esa clase de armas. A súa historia despois da independencia está caracterizada por períodos de goberno militar, inestabilidade política e conflitos coa veciña India. O país enfróntase a problemas como a sobrepoboación, o terrorismo, a pobreza, o analfabetismo e a corrupción. É un membro fundador da Organización da Conferencia Islámica e é membro das Nacións Unidas, da Commonwealth de Nacións, dos Próximos once, da SAARC e da OCE.

Etimoloxía editar

O nome Pakistan significa literalmente "Terra dos puros" en urdú e persa. Foi acuñado en 1933 como un acrónimo (Pakstan) ideado por Choudhry Rahmat Ali, un activista do Movemento de Paquistán.[4] Está formado a partir das iniciais das rexións do país: Punjab, Afgania, Kashmir (Caxemira en galego), o Sind e o Baluchistán.[5][6][7] A letra i foi incorporada para facer máis doada a pronunciación e dotar do seu significado ó nome.[8]

Historia editar

Artigo principal: Historia de Paquistán.

A historia de Paquistán, que no período que precede a fundación da nación en 1947, é compartida por Afganistán, India e Irán, pódese datar ata os comezos da vida humana no sur de Asia.

 
Efixie de pedra dun rei sacerdote, atopada en Mohenjo-daro e exposta no Museo nacional de Paquistán, en Karachi.

A rexión actual de Paquistán serviu como terra fértil para algunhas das máis importantes civilizacións do sur de Asia e como porta de entrada do subcontinente a Oriente medio e Asia Central. Paquistán é fogar dalgúns dos máis importantes sitios arqueolóxicos, incluíndo os restos máis antigos de homínidos do Paleolítico no sur de Asia, localizados no val do río Soan. Localizada na primeira ruta de migración costeira do homo sapiens ó saír de África, a rexión foi habitada dende moi cedo por humanos modernos.

Os seguintes séculos viron á rexión absorber moitas influencias doutras culturas, cuxas representacións pódense atopar no lugar de Taksila, representando o período budista, o sitio greco-budista de Takht-i-Bahi, os monumentos islámicos-sindhi de Thatta, pertencentes ó século XIV, e os monumentos mogois construídos no século XVII no forte Lahore. Dende o s. XVIII, a rexión foi dominada pola Compañía Británica das Indias Orientais, dando como resultado 90 anos de continuo dominio británico, e rematando coa creación de Paquistán en 1947, a través dos esforzos, do poeta nacional Allama Iqbal e o fundador do país, Muhammad Ali Jinnah. Dende entón, experimentou gobernos democráticos e militares, dando como resultado períodos dun importante crecemento económico e militar e tamén outros de inestabilidade; deste último o máis significativo foi o que resultou na secesión, en 1971, do leste de Paquistán, que se convertería en Bangladesh.

Goberno e política editar

Paquistán declarouse oficialmente unha nación federal, e en outubro de 1999 o xeneral Pervez Musharraf derrocou ao goberno civil, liderado por Nawaz Sharif, e asumiu o poder executivo. As eleccións do goberno local levaronse a cabo no 2000. Musharraf declarouse presidente en 2001. Elixiuse un novo parlamento en 2002, e nomeouse a Zafarullah Khan Jamali, fiel seguidor de Musharraf: primeiro ministro. Despois de máis dun ano de preitos políticos na lexislatura bicameral, Musharraf presentou un compromiso con algúns dos seus opoñentes parlamentarios, e outorgou aos seus seguidores dous terzos da maioría de votos requirida para modificar a constitución en decembro de 2003. As reformas constitucionais aprobaron algúns dos decretos de Musharraf e, de maneira retroactiva, legitimizaron a súa presidencia, co que o liberaron do requisito de ser electo para ocupar o seu cargo.

Os intermitentes períodos democráticos en Paquistán obedecen a unha longa historia de ditaduras militares, incluídas a do xeneral Ayub Khan, na década de 1960, a do xeneral Muhammad Zia-ul-Haq, nos anos 1980, e a do xeneral Pervez Musharraf, a partir de 1999.

Tras gañar as eleccións do 6 de outubro de 2007, Pervez Musharraf prometera renunciar ao seu cargo de xefe do exército e levar a cabo un goberno civil. Ante isto, a ex primeira ministra Benazir Bhutto volveu ao país tras varios anos de exilio, coa esperanza dun retorno paulatino á democracia. Con todo, o 3 de novembro produciuse un autogolpe de Estado, botando por terra as promesas de apertura e iniciando unha nova ditadura militar con Musharraf á cabeza. O 27 de decembro dese mesmo ano a ex primeira ministra Benazir Bhutto é asasinada nun atentado.

O 18 de agosto de 2008, Pervez Musharraf dimitiu para evitar a destitución por parte da Asemblea Nacional que se ía a votar ao día seguinte polos partidos que sostiñan ao goberno. Substituíulle de maneira interina Muhammad Mian Soomro, presidente do Senado, tal como ten previsto a constitución ata a elección dun novo presidente. Nas eleccións presidenciais do 6 de setembro foi elixido presidente Asif Ali Zardari.[9]

División administrativa editar

O Paquistán está organizado administrativamente en 4 provincias, 3 territorios federais e un estado autónomo.

  • Provincias:
  • Territorios:
  • Estado autónomo:


Bandeira Entidade Nome en
Urdú
Capital Área Poboación Linguas Oficiais
  Baluchistán بلوچستان Queta 347.190 km² 10.247.362 (2008) baluchi, urdú
  Provincia da Fronteira do Noroeste شمال مغربی سرحدی صوبہ Pexauar (Peshawar) 74.521 km² 20.215.000 (2008) Paxto, urdú
Panxab پنجاب Lahore 205.344 km² 81.845.433 (2008) panxabés , urdú
  Sind سندھ Carachi (Karachi) 140.914 km² 46.378.000 (2008) sindés, urdú
  Islamabad وفاقی دارالحکومت Islamabad 1.165,5 km² 955.629 (2008) inglés, urdú
  Áreas tribais وفاقی قبائلی علاقہ جات Pexauar 27.220 km² 6.500.000 (2008) Paxto, urdú
  Caxemira Libre آزاد کشمیر Muzafarabad (Muzaffarabad) 13.297 km² 4.567.982 (2008) caxemirés, urdú
  Territorios do Norte شمالی علاقہ جات Guilguit (Gilgit) 72.496 km² 1.800.000 (2008) inglés, urdú

Evolución da división administrativa de Paquistán editar

División Actual Antiga divisón administrativa
Baluchistán
  • Provincia dos Comisionados Xefes de Baluchistán
  • Unión de Estados de Baluchistán
  • Enclave de Guadar/Gwadar
Provincia da Fronteira do Noroeste
  • Antiga provincia da Fronteira do Noroeste
  • Estados de Amb, Chitral, Dir e Swat
Provincia do Panxab
  • Antiga provincia do Panxab Occidental
  • Estado de Bahaualpur/Bahawalpur
Provincia de Sind
  • Antiga provincia de Sind
  • Estado de Cairpur/Khairpur
  • Antigo Territorio da Capital Federal
Territorio da Capital de Islamabad
  • 906 km² da antiga provincia do Panxab Occidental
Áreas do Norte (ou Áreas Setentrionais)
  • Axencia para o Guilguit / Gilgit
Áreas Tribais
  • 7 distritos da NWFP e 6 zonas fronteirizas
Caxemira Libre
  • 8 distritos do antigo Territorio do Norte

Xeografía editar

 
Mapa de Paquistán.
Artigo principal: Xeografía de Paquistán.

Paquistán está situado no sur do continente asiático e linda ao noroeste con Afganistán, ao nordés coa China, ao leste coa India, ao oeste con Irán e ao sur co océano Índico. O seu principal río é o Indo, o cal flúe por Punjab até desembocar no mar Arábigo. Contra o norte e o occidente do territorio localízase unha rexión montañosa, na cal están algúns dos cumes máis altos do mundo. O sueste paquistaní, especialmente cara á fronteira coa India, é unha rexión desértica.

Economía editar

Artigo principal: Economía de Paquistán.

Demografía editar

 
Evolución da demografía entre 1961 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en millóns de habitantes.

Relixión editar

 
A mesquita nacional de Paquistán, Mesquita Faisal, construída en 1986 polo arquitecto turco Vedat Dalokay por conta do rei saudita Faisal bin Abdul-Aziz.

Paquistán é o segundo país islámico por poboación[10] e o segundo con máis poboación xiíta no mundo[11]. Arredor do 97% dos paquistanís son musulmáns, a maioría sunnitas, estimándose os xiítas entre o 5 e o 20%[12][13]. Un 2,3% son ahmaditas[14], que oficialmente non son considerados musulmáns desde a emenda constitucional de 1974.[15]. Hai tamén varias comunidades coranistas, que só aceptan o Corán rexeitando a Hadîth (tradición)[16][17]. A violencia sectaria entre denominacións musulmás aumentou nos últimos anos, con 400 mortos entre os xiítas só en 2012 pero tamén chamados á fin desa violencia e apelando á unidade entre xiítas e sunnitas contra ela[18][19]. Os ahmaditas son particularmente perseguidos, en especial desde a emenda constitucional de 1974 e mesmo en 1984 prohibíuselles denominar os seus templos como mesquitas[20]. En 2012 un 12% dos musulmáns paquistanís considerábanse só musulmáns, sen pertencer a ningunha denominación particular.[21]

O islam sincretizou nalgún grao as crenzas preislámicas, resultando nunha relixión con algunhas tradicións diferentes ás do mundo árabe[22]. O sufismo, unha tradición mística islámica ten unha longa historia no país e é moi popular, con dous santuarios de místicos sufís con longa tradición, os de Alí Hajweri en Lahore (ca. XII)[23] e Shahbaz Qalander en Sehwan.

Tras o islam, as outras dúas grande relixións son o hinduísmo e o cristianismo con arredor de 2.800.000 de fieis cada unha en 2005.[24]. Tamén hai seguidores da Fe Bahá'í, uns 30.000, do sikhismo, budismo e zoroastrianismo, con arredor de 20.000 seguidores cada unha[12] e uns poucos xainistas. A maioría dos cristiáns son descendentes de conversos das castas baixas hinduístas punxabís durante a época colonial británica. Fóra do Punxab, os cristiáns só teñen presenza nos centros urbanos. Unha excepción é a comunidade católica de Karachi, que ten a súa orixe en emigrantes procedentes de Goa e mais en támiles establecidos na cidade na primeira metade do século XX.

Cultura e sociedade editar

Artigo principal: Cultura de Paquistán.
 
Camión artístico de Paquistán, un elemento único da cultura do país.

A sociedade paquistaní é moi xerárquica, con grande importancia das etiquetas culturais locais e os valores tradicionais islámicos que gobernan a vida persoal e política. A unidade familiar básica é a familia extensa,[25] malia que hai unha tendencia cara ás familias nucleares por razóns socioeconómicas.[26] O traxe tradicional tanto para homes como para mulleres é o Shalwar Kameez; os pantalóns e as camisolas son populares tamén entre os homes.[Cómpre referencia] A clase media medrou ata os 35 millóns de habitantes, e a clase alta e media alta acadou os 17 millóns nas últimas décadas.[27] As festas de Paquistán, como o Eid ul-Fitr, Eid al-Adha e o Ramadán son relixiosas na súa orixe.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para paquistaní.
  2. Barry Buzan (2004). Polity, ed. The United States and the great powers: world politics in the twenty-first century. pp. 71, 99. ISBN 978-0-7456-3374-9. Consultado o 27 de decembro de 2011. 
  3. Hussein Solomon. "South African Foreign Policy and Middle Power Leadership". Archived from the original on 24 de xuño de 2002. Consultado o 27 de decembro de 2011. 
  4. Choudhary Rahmat Ali (28 de xaneiro de 1933). Columbia University, ed. "Now or never: Are we to live or perish for ever?". Consultado o 4 de decembro de 2007. 
  5. Choudhary Rahmat Ali (28 de xaneiro de 1933). "Now or Never. Are we to live or perish forever?". 
  6. S.M. Ikram (1 de xaneiro de 1995). Atlantic Publishers & Dist, ed. Indian Muslims and partition of India. pp. 177–. ISBN 978-81-7156-374-6. Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  7. Rahmat Ali. The Pakistan National Movement, ed. "Rahmat Ali ::Now or Never". p. 2. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2011. Consultado o 14 de abril de 2011. 
  8. Roderic H. Davidson (1960). "Where is the Middle East?". Foreign Affairs 38 (4). pp. 665–675. doi:10.2307/20029452. 
  9. El viudo de Bhutto gana las elecciones en Pakistán, El País, 6 de septiembre de 2008.
  10. Robert U. Ayres (1998). James & James publishers, ed. Turning Point: The End of the Growth Paradigm. p. 63. ISBN 1-85383-439-4. 
  11. Tracy Miller, ed. (outubro de 2009). "Mapping the Global Muslim Population: A Report on the Size and Distribution of the World's Muslim Population". Pew Research Center. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2010. Consultado o 9 de xuño de 2010. 
  12. 12,0 12,1 United States Department of State, ed. (2008). "Pakistan — International Religious Freedom Report 2008". Consultado o 28 de agosto de 2010. 
  13. Central Intelligence Agency, ed. (2010). "Field Listing :: Religions". The World Factbook. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o 24 de agosto de 2010. 
  14. faqs.org (ed.). "Ahmadis of Pakistan". Consultado o 24 de xullo de 2010. 
  15. US State Department (ed.). "International Religious Freedom Report 2008: Pakistan". Consultado o 24 de xuño de 2010. 
  16. South Asian Free Media Association (ed.). "South Asian Media Net". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2011. Consultado o 31 de outubro de 2010. 
  17. BBC, ed. (24 de febreiro de 2009). "Can Sufi Islam counter the Taleban?". Consultado o 20 de maio de 2010. 
  18. AFP, ed. (19 de febreiro 2013). "2012 bloodiest year for Shias in Pakistan". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2013. Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  19. The Times of India, ed. (17 de xaneiro de 2013). "Bomb kills four at Pakistan Shiite funeral: police". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2013. Consultado o 17 de xameiro de 2013. 
  20. New Approaches to the Analysis of Jihadism: Online and Offline – Page 38, Rüdiger Lohlker – 2012
  21. Chapter 1: Religious Affiliation consultado o 4 de setembro de 2013
  22. Ishtiaq Ahmed (12 de agosto de 1999). "South Asia". En Ingvar Svanberg, David Westerlund. Islam Outside the Arab World. Routledge. pp. 201–222. ISBN 978-0700711246. 
  23. Amer Morgahi (2011). "An emerging European Islam: The case of the Minhaj ul Quran in the Netherlands". En Martin van Bruinessen, Stefano Allievi. Producing Islamic Knowledge: Transmission and Dissemination in Western Europe. Routledge. p. 47. ISBN 978-0415355926. Consultado o 30 de xullo de 2013. 
  24. Library of Congress, ed. (2005). "Country Profile: Pakistan" (PDF). pp. 2, 3, 6, 8. Consultado o 28 de decembro de 2011. 
  25. "Pakistan- Language, Religion, Culture, Customs and Etiquette". Kwint Essential. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2009. Consultado o 17 de marzo de 2009. 
  26. Anwar Alam (2008). "Factors and Consequences of Nuclearization of Family at Hayatabad Phase-II, Peshawar" (PDF). Sarhad J. Agric. (Department of Sociology and Anthropology, University of Peshawar) 24 (3). Consultado o 21 de abril de 2012. 
  27. Irfan Husain (17 de abril de 2010). "The rise of Mehran man". Dawn. Pakistan News. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2010. Consultado o 25 de xullo de 2010. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ahmed, Akbar (1997). Jinnah, Pakistan and Islamic Identity: The Search for Saladin. Routledge. ISBN 978-0-415-14966-2
  • Cohen, Stephen Philip (2006). The Idea of Pakistan. Brookings Institution Press ISBN 978-0-8157-1503-0
  • Lieven, Anatol (2012). Pakistan: A Hard Country. PublicAffairs. ISBN 978-1-61039-145-0
  • Malik, Hafeez (2006). The Encyclopedia of Pakistan. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-597735-6
  • Malik, Iftikhar (2005). Culture and Customs of Pakistan (Culture and Customs of Asia). Greenwood. ISBN 978-0-313-33126-8
  • McCartney, Matthew (2011). Pakistan – The Political Economy of Growth, Stagnation and the State, 1951–2009 Routledge. ISBN 978-0-415-57747-2
  • Raja, Masood Ashraf (2010) [1857–1947]. Constructing Pakistan: Foundational Texts and the Rise of Muslim National Identity. Oxford. ISBN 978-0-19-547811-2
  • Spear, Percival (2007). India, Pakistan and the West. Read Books Publishers. ISBN 1-4067-1215-9

Ligazóns externas editar