Baluchistán, Paquistán
provincia de Paquistán
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Baluchistán.
Baluchistán[1] é unha das catro provincias que compoñen Paquistán. Esta provincia abrangue parte do Baluchistán histórico (hoxe repartido entre Paquistán, Irán e Afganistán). A provincia de Baluchistán ten acceso ó Mar Arábigo.
É a provincia de maior tamaño de Paquistán. Porén, debido ó seu terreo montañoso e escaseza de auga, é a menos poboada (arredor de 7 880 000 habitantes) e a de menor densidade de poboación (22,70 hab./km²).
A capital da provincia é a cidade de Quetta, situada nun val preto da fronteira con Afganistán.
Notas Editar
- ↑ Definición de baluchi no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |